PONTEVEDRA 25N
Convocatoria pola Asemblea Aberta de Organización 25N
A Asemblea Aberta de Organización do 25N “Día Internacional contra as violencias machistas” de Pontevedra convoca a toda a cidadanía a saír as rúas un ano máis. Baixo o lema “Fronte ao fascismo, xustiza social e feminismo” marchamos este 25N dende a Praza Peregrina ás 19:30.
A Asemblea Aberta está integrada por colectivas (Colectivo Transfeminista F.U.L.A.N.A.S. e Colectivo Feminista de Pontevedra), organizacións e asociacións (Amnistía Internacional, Comando Mazá, Galiza Nova e Erguer), sindicatos (CGT e CIG), persoas independentes e finalmente partidos políticos (BNG) que sumáronse ao chamamento e que poñen a súa forza na acción e loita colectiva.
TODAS AS LOITAS ESTÁN UNIDAS,
TODAS AS MOBILIZACIÓNS CONECTADAS.
A violencia que exerce o sistema patriarcal capitalista afecta a todos os ámbitos da vida e golpea con máis forza ás que se atopan en situación de vulnerabilidade, ás migrantes, ás racializadas, ao colectivo LGTBIQ+, ás persoas con dependencia, ás mulleres esquecidas do rural e a todas as disidencias!
Fronte ao auxe do fascismo que ameaza os dereitos conquistados defendemos unha resposta colectiva, contundente e combativa que non permita nin un só paso atrás!
A orde de colocación das participantes será:
Na faixa de cabeceira da Asemblea estarán organizacións feministas, secretarías feministas e da muller dos sindicatos, áreas feministas dos partidos políticos e sociedade civil.
Pídese contención no uso de bandeiras e siglas a sindicatos e partidos políticos.
Dende ás 19:00 atoparase un punto de información na Praza Peregrina e levaranse a cabo actividades que se confirmarán nos próximos días e, ao remate da manifestación, tras o manifesto, tocará o grupo de pandereteiras “Xabón de Lagharta”.
Ademais, durante a lectura do manifesto, contarase con cadeiras para que as persoas que o precisen podan empregalas e con interpretación de lingua de signos.
Vivas, libres, diversas e combativas! Vémonos na rúa!
Asemblea Aberta de Organización 25N