VII Época - 37

26M: MANIFESTACIÓN CONTRA A PLANTA DE ALTRI EN PALAS DE REI

“Dende a Ulloa ata a ría. Terra aire e auga son vida. Altri non será”

As plataformas veciñais “Plataforma por unha Ulloa Viva”, “Plataforma Palas Viva”, “Arzúa Viva” y “Santiso Vivo” convocan en Palas de Rei unha manifestación contra o proxecto de Altri. A cita, baixo o lema de “Dende a Ulloa ata a ría. Terra aire e auga son vida, Altri non será”, será o 26 de maio ás 12.00 horas da mañá no polígono industrial.

CGT Pontevedra, co-firmante do manifesto de CGT Galicia de rexeitamento da macro-planta, anima a súa afiliación e simpatizantes a acudir á manifestación contra a pretensión do consorcio empresarial ALTRI de instalar en Palas de Rei unha planta de pasta de celulosa e fibra de madeira, pois de levarse a cabo semellante proxecto, causará un dano irreversible á actividade agropecuaria e forestal, ó medio ambiente e a saúde pública en todo Galicia.

Autobuses a Palas de Rei

As compañeiras e compañeiros interesados en asistir, poden anotarse para formar parte dos autobuses que, fretados pola APDR de Pontevedra, sairán ás 9,30h do Pavillón Municipal de Deportes da nosa cidade. Teléfono de CGT-Pontevedra para anotarse e reservar praza: 689495533 (Damián).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *