O INE PUBLICA A ENQUISA DE ESTRUTURA SALARIAL
O pasado 20 de Xuño publicouse o avance de resultados da Enquisa de Estrutura Salarial, que, aínda que con bastante demora, os datos son analizados ata o 2022, proporciona información sobre a evolución dos salarios. Esta estatística achega datos sobre o salario mediano, que, fronte ao salario medio, elevado polas altísimas remuneracións dos percentiles máis ricos, aproxímase máis á realidade vivida polos sectores máis amplos da clase traballadora.
Segundo os datos publicados, o salario mediano no Estado español foi en 2022 de 22.383 euros anuais, un 3,44% maior que o ano anterior. Con todo, se temos en conta a inflación, en euros reais de 2021 o salario en 2022 foi de 20.650€, o que supuxo unha perda de poder adquisitivo do -4,57%. No gráfico pódese apreciar a evolución do salario mediano real desde 2008
A Enquisa de Estrutura Salarial tamén permite analizar a distribución dos salarios dos traballadores e traballadoras respecto ao salario mínimo. En 2022 mantense a estrutura que se foi conformando na última década, e que deu un salto en 2018 coa subida do SMI: o 17% dos traballadores e traballadoras cobran menos do SMI (fronte ao 8% en 2008), e o 48% cobran entre 1 e 2 salarios mínimos (en 2008 eran o 34%).
Por último, os datos mostran as profundas diferenzas territoriais que se dan no Estado. Mentres que Cataluña, Madrid, Navarra e o País Vasco teñen salarios medianos por encima dos 24.000 euros anuais (este último por encima dos 28.000), comunidades como Murcia, Andalucía, Canarias e Estremadura non chegan aos 20.000 euros.
Fonte: Varias
