QUE ASINEN DUNHA VEZ!
Durante este luns 11 e o martes 12 secundarei, xunta a demais compas da CGT que traballamos no sector da limpeza, unha folga convocada pola CIG Servizos e a UGT que son parte da mesa negociadora do convenio da limpeza. Sen embargo nunha carta dirixida a todos os seus afiliados e delegados “CCOO HABITAT”, parte minoritaria nesa negociación, informaba tras unha asemblea onde “después de un arduo debate y prácticamente por unanimidad de los delegados/as y afiliados/as asistentes” decidiuse que “no participará de la convocatoria de dicha huelga”.
A carta, que está asinada por “CCOO HABITAT”, danos a razón cando tratamos a CCOO como unha corporación sindical. Carallo co nomeciño! Digno de ir serigrafiado no uniforme de traballo!
O convenio actual caducou no 2022, polo que levamos dende ese ano cobrando o mesmo. “El 23 de Abril de 2024 en la 16 reunión después de catorce meses negociando el convenio se rompieron las negociaciones con la patronal” pola parte da representación dos traballadores informa esa carta. Para CCOO HABITAT tras solicitar posteriormente a mediación do AGA, “después de 2 reuniones (17 de Junio y 15 de Julio) se confirmó que las negociaciones estaban rotas y que era imposible llegar a un acuerdo”.
Tras case dous anos sen convenio e confirmar que é imposible un acordo fai catro meses, CCOO HABITAT o acepta e propón “desarrollar alguna movilización en un centro de trabajo de un cliente importante para medir el apoyo que tenemos entre los trabajadores/as, previamente a la convocatoria de ninguna huelga”. Cliente importante?… Mimá!!! Medir apoio cunha concentración de delegados con horas? Xa se fixeron, aínda que poucas, en varias sedes de empresas de limpeza; contratistas vamos! Tras dous anos sen convenio, tras unha folga dun día e unhas cantas concentracións de delegados, para CCOO HABITAT aínda é o momento de medir o apoio entre os traballadores, como se fose algo externo ao xeito dun análise de viabilidade ou crecemento do beneficio, e non “el momento de convocar una huelga, entre otras muchas cosas porque al día siguiente de la huelga no nos vamos a sentar con nadie para resolver el Convenio de Limpieza”.
No que si estiveron de acordo tanto CIG Servizos, UGT como CCOO HABITAT foi en tentar simular o desastre da xestión da negociación do convenio presentando un conflito colectivo pola vía xudicial en aplicación do artigo 4 do convenio que establece que “Caso de non chegar a unha negociación despois de realizada a denuncia (do convenio), o texto do convenio quedará prorrogado, non así os conceptos salariais que aumentarán de acordo coa subida do IPC”. Pretenden así ampliar o prazo para reclamar individualmente esa subida do IPC, 3,1% PARA O 2023, pois para os tribunais os prazos para reclamar cantidades a unha empresa caducan ao ano dende o momento que debeu recibirse a cantidade. Apostan así a que ese prazo comece a partir do día en que o xuíz lles de a razón e non dar por perdido o aumento do IPC que tiña que ser recibido durante o 2023. Veremos o que o xuíz interpreta por “Caso de non chegar a unha negociación”. Tal e como instrucionan no comunicado conxunto de CIG Servizos e UGT chamando á folga “eso non significa que por gañalo ímolo cobrar ao momento, dado que teriades que reclamar individualmente para poder telo, iso pode tardar máis dun ano”.
Na carta á súa afiliación CCOO HABITAT saca peito e confesa que “plantearíamos una convocatoria de huelga si después de resolver en el juzgado el conflicto, las empresas se negasen a aplicar el convenio o se negasen a abonar a los trabajadores los atrasos”. De momento, as empresas están aplicando o convenio. O que me parece absurdo é convocar unha folga que supón unha perda económica para os traballadores cando eses traballadores xa teñen a certeza de que van recibir a cantidade pola que loitan xa que esa cantidade é o motivo de folga, en último caso reclamándoa ao xulgado. A verdade, sóame a movemento para axustar e abaratar os gastos de empresa.
Desconfío da eficacia de esta folga e penso que as empresas estarán encantadas de descontar dous días ao salario dos folguistas, pois a día de hoxe tras case dous anos de negociacións, o pulso empresarial non penso que estea ameazado con esta convocatoria. Tras dous anos de interminábeis negociacións sen romper a estratexia empresarial da agonía do convenio, as reivindicacións para o convenio son pouco significativas e non conseguen motivar a consciencia dos traballadores. Sen embargo, agardo que despois da folga, CIG Servizos, UGT como CCOO HABITAT asinen dunha vez o convenio e consumen o espectáculo da degradación do ser en parecer. Ademais, xa teñen asinado convenios peores.