VII Época - 55

DANZADE! DANZADE MALDITOS!

Estar ao pé do canón, se apartamos a fachenda, revelase cada vez máis custoso pois require dunha cantidade e capacidade de traballo enorme, ademais do oportuno acerto. A fartura de información, as xogadas da patronal, as traizóns das corporacións sindicais ou o encadeamento da acción sindical, entre outras moitas voltas, producen un mareo que atorda a capacidade de distinguir, asemellando a loita sindical á habilidade dos derviches por manterse en pé. Non se trata da insubstancial tendencia vangardista de alcanzar o trance ou de conectar co noso ser interior, trátase de algo moito mais profano, trátase de tomar conciencia, eso si, en primeiro lugar, e despois aprender a por o punto de mira.

A primeira danza derviche, permitídeme a profanación, na que nos fixamos hoxe é a da sección sindical en TelePerformance, acostumada, á forza no seu sector do telemarketin, a saber apuntar entre todos os danzantes que a rodean. O 11 de decembro as compas de TelePerformance na Coruña informaron as traballadoras de que a empresa tiña que pasar polo aro e negociar o Protocolo de Desconexión Dixital e non aplicar o que ela queira. Se o nome do protocolo xa nos pode marear, as compas de CGT en TelePerformance non se turbaron. Se miramos ben e apartamos o intranscendente non é tan complicado “Nuestra intención es garantizar que se respete nuestro tiempo libre, sin molestarnos con llamadas o correos electrónicos a deshoras o mientras estamos fuera de la jornada laboral, en situación de baja IT, vacaciones o excedencia” lese na nota informativa que fixeron chegar tamén a La Campana. Algo tan sinxelo, a negativa á invasión da vida, aínda que se use a guerra protocolarizada, tivo que ser batallada pola CGT. Segundo di a nota informativa, o mesmo 11 de decembro, a empresa viuse obrigada a acudir a unha mediación “ya que hasta ahora no estaban cumpliendo la ley al no tener ya un Protocolo de Desconexión Digital y, despues de denuncias a inspección y recibir un requerimiento del juzgado, TelePerformance procedió a crear uno de manera unilateral, sin consulta ni negociación con la RLPT, que recordemos, representa a todas las personas trabajadoras y sus derechos”. Da un pouco igual que sexa conciencia ou puntería pero sempre está ben dar voltas a idea que finalmente transmite a nota “TelePerformance se ha visto obligada… quedando claro una vez más que no pueden hacer lo que quieran.”

A segunda danza segue dando voltas, como fixemos no nº49 nestas páxinas, ao I convenio colectivo de Iryo. Iryo é un consorcio de grandes empresas xurdido tras a liberación do sector ferroviario que explota a alta velocidade nas liñas máis rendibles. Todo un agasallo para o enriquecemento privado. Naquel nº 49 do 14 de outubro deste 2024, informabamos que tras reunirse coa dirección da empresa na Comisión Negociadora do I convenio Colectivo de Iryo, o máis importante para CGT foi trasladar unha vez máis o agravio ao colectivo de Asistentes, moi feminizado, con respecto ao resto de colectivos da empresa Iryo. A pesar desta feminización da explotación laboral, as corporacións sindicais bailan no sentido das agullas do reloxo que marca a empresa -ao contrario do xiro ritual, sempre a esquerda, dos derviches- na negociación do plan de igualdade ata o punto de que o pasado 27 de novembro de 2023, a instancias de CCOO, constitúen entre Iryo, UGT, SEMAF y CCOO a Comisión Negociadora do Plan de igualdade, da que se exclúe a CGT, dous días antes do inminente éxito da CGT nas eleccións do centro de traballo en Barcelona onde conseguiu o 100% da representación. Nun comunicado do SFF-CGT do 4 de decembro anuncian o fin do baile “La Audiencia Nacional ha condenado a Iryo por vulnerar la libertad sindical del SFF-CGT y de su afiliación. Lo vergonzoso es que ha condenado por las mismas conductas a los sindicatos CCOO, UGT y SEMAF” por ter excluido a CGT da negociación do plan de igualdade. Ao igual que as compas de Teleperformance, a pesar da guerra planificada, enfocan a mirada a unha realidade, desprezable aínda que sinxela, repetida unha e outra vez “Los sindicatos mayoritarios utilizan sus conexiones con el poder para lograr acuerdos que mantengan su posición privilegiada”. O comunicado remataba anunciando a continuidade no sentido correcto, á esquerda, da danza sindical “Para el SFF-CGT, todos los ámbitos de negociación (un convenio o un plan de igualdad) son igual de importantes para luchar por nuestros derechos. Por eso, por las dietas para las asistentes y por la compensación de la nocturnidad, el SFF-CGT hemos convocado (pese a quien pese) huelgas en Iryo los días 23, 24, 25, 30 y 31 de diciembre y 1 de enero”. Xa, nun dos últimos comunicados, o do 2 de decembro amosan conciencia “Nadie nos va a regalar nada, los derechos se conquistan. La capacidad para negociar la dan todas las personas trabajadoras que se movilizan para conseguir sus objetivos. Las direcciones de las empresas llegado a este momento intentarán confundir y actuar contra la huelga, así como sus adláteres y mensajeros (disfrazados de clase trabajadora) difundiendo miedo a cambio de ¿qué?”.

Aos que non lles quitan o bailao -a experiencia e un grao- son aos compas da CGT en Navantia Ferrol. Inmersos na negociación do seu convenio colectivo, dende La Campana seguimos dende cerca a danza que prodúcese ao seu arredor e comprobamos como, incluso a prensa do réxime non podía ocultar á CGT, que sen ser maioritaria no comité de empresa si que acadou o apoio da maioría das asembleas dos traballadores coas súas propostas de loita combativa polo convenio. Así foron noticiables, por exemplo, “Operarios de Navantia Ferrol aprueban en referéndum, en contra del comité, paralizar los trabajos en aceros de fragatas” que titulaba Galicia press, ou dun xeito máis danzante “Los trabajadores de Navantia Ferrol deciden paralizar parte de los trabajos de las fragatas F-110” la Coz de Galicia. Os dous folletíns, sen darlle voz á CGT e si ao presidente do comité que estaba en contra desa “medida de presión”, xiraban coa noticia arredor dos argumentos do “resto de los sindicatos con presencia en el comité – CC.OO., MAS, CIG y UGT-, eran contrarios a esta decisión”, couceaba La Coz. Se a CGT estivo amparada en todo o proceso polos traballadores, agora cun presunto preacordo sobre a mesa e a maioría da representación sindical a favor dese preacordo a CGT volve a chamar á soberanía asemblearia dos traballadores. Nesta semana, recibiamos unha nota de prensa da propia sección sindical da CGT, reproducida en moitos xornais, onde denunciaban que o comité intercentros asinara un cheque en branco coa empresa xa que “o intercentros non enviou o texto do convenio ós traballador@s”, é máis, desenmascaran a danza “o intercentros e a empresa danse de prazo ata o día 18 para redactar definitivamente o texto do convenio, pero á vez pretenden que os traballador@s decidamos se o convenio se asina ou non o día 17”. Con moita diplomacia, quizais aprendida de tanta danza, a CGT cualifica esta manobra como “unha vergonza e unha total falta de respecto ós traballador@s” esixindo “a difusión do texto EXACTO, DEFINITIVO E COMPLETO do convenio ANTES do inicio do proceso conducente á toma dunha decisión sobre se asinar ou non. E ademais esa difusión ten que facerse coa suficiente antelación, para que os traballador@s poidan lelo e analizalo en profundidade”. Como nos dous casos anteriores a claridade na visión combate o atordamento, “A maioría sindical alega que houbo avances no convenio. Se houbo avances ou non, está por ver (ou mellor dito, está por ler). E en calquera caso, se os houbo ou non os houbo terían que dicilo os traballador@s. Polo de pronto, o preacordo só foi asinado por 7 dos 13 membros do intercentros (o 53,8%). Os 6 membros non asinantes pertencen a 3 sindicatos distintos, incluídos 1 de CCOO e outro de UGT. Pero á maioría sindical faltoulle tempo para compracer á empresa. Máis cedo que tarde, se acabará sabendo por que deron permiso”. Como consecuencia de estar ao pe do canón, o sábado a ultima hora, apenas dous días antes, a empresa, que non os sindicatos, publicou un documento borrador das modificacións referidas no “preacordo”. A CGT cualificou ese texto de “farragoso e non moi doado de entender”. Para facilitar a información, o debate e a toma dunha decisión informada e consciente, a CGT publicou un cadro comparativo coa Plataforma Reivindicativa aprobada no seu momento pola plantilla. Nese cadro comparativo, a CGT fai unha valoración negativa do “preacordo” e chama a votar “non” o martes 17, a non resinarse e a loitar polos dereitos. Posiblemente, cando esteas lendo isto xa se coñecerá o resultado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *