O AMORDAZAMENTO QUE HAI QUE COMBATER
A CGT do Ferrol denuncia e advirte a cidadanía desa cidade contra a pretensión do goberno municipal, do PP, de amordazar dereitos fundamentais concedidos pola constitución española e arrancados ao monopolio do estado e capitalismo tras séculos de loita obreira. “Desde el Sindicato CGT, hemos expuesto cinco consideraciones y otras tantas alegaciones, sobre el borrador de Ordenanza contra la contaminación acústica, no por el hecho de la protección contra la contaminación acústica, sino porque tal ordenanza interfiere en el contenido de la libertad sindical, el derecho de reunión, y la libertad de expresión, además de no estar de acuerdo con el cumplimiento por parte de dicho borrador de ordenanza de el principio de proporcionalidad en el régimen sancionador” explicannos os compas nunha nota de prensa.
Sobre a primeira cuestión, a liberdade sindical, a Ordenanza pretende atribuírse unilateralmente a potestade de autorizar, ou non, toda concentración, manifestación ou exteriorización dun conflito laboral no que se use megafonía. Potestade que nin lle corresponde nin na que ten nada que dicir, “exteriorizar los conflictos, en bajito, y que no se entere nadie, es, la mordaza del Partido Popular Ferrolano a las organizaciones de trabajadores, no lo consentiremos, que el PP nos amordace, ni cualquier otro partido político, que lo intente” aclaran dende a CGT en Ferrol.
A segunda das violacións, o dereito de reunión, “común a cualquier actividad colectiva, sea, de trabajadores, o de vecinos, por cualquier cuestión social que les afecte, si al ejercer el mencionado derecho, no pueden utilizar megafonía, quienes quieran transmitir cualquier información a un grupo de gente, se hace inviable, cuando el grupo sea mayor de 10 o 20 personas” advirten na nota de prensa.
A terceira arbitrariedade, a liberdade de expresión, prodúcese ao limitar o alcance da comunicación “limitan, la difusión de ideas que no les gusten al alcalde de turno, y a su partido político”.
Por se fose pouco, o réxime sancionador prevé multas de entre 60 e 300.000 euros, segundo sexan leves, hasta 5 decibelios, graves, entre 5 e 10, ou moi graves se superan os 10 decibelios de nivel diúrno, “elevando la voz, la mayoría de la gente, podríamos pasar de esos 10 decibelios de incremento, y ser multado con más de 12.001, y hasta 300.000 euros, cuestión que también contempla el borrador de ordenanza, en el punto 27.1m, gritar o dar voces o cánticos, tanto en horario diurno, como nocturno” aperciben dende o sindicato. Ademais queren instalar sonómetros permanentes, “con lo cual, además de vigilarnos visualmente, con cámaras, nos vigilarán, con sonómetros, de forma permanente”.
A pretensión do goberno de Ferrol de declarar un estado de excepción permanente de natureza represiva, caracterizado pola supresión de dereitos e liberdades é denunciada pola CGT “Una vez más, desde el Partido Popular, actúan como Portavoces de la Patronal, aprovechando una ordenanza contra la protección de la contaminación acústica, para poner una carísima mordaza a las organizaciones de trabajadores, y en general a cualquier grupo de vecinos que se reúnan para tratar cualquier cuestión de su interés, hacer deporte, o utilizar un vehículo, y hasta en horario diurno”.
Como concluímos nas pasadas xornadas libertarias previas ao 1 de maio que organizou o SUTSO CGT de Pontevedra, para que toda esta represión estéase dando é necesaria a complicidade do sistema xudicial, policial e político, ademais da colaboración da prensa do réxime. Hoxe en día, a represión chega ata a maldade de ser cómplice do xenocidio do pobo palestino. Na mañá do 14 de maio, en Compostela, dúas persoas recolleron sendas citacións xudiciais por delitos leves para celebrar o xuízo ao día seguinte, 15 de maio, día da Nakba. Ese mesmo día, ao mesmo tempo que Israel impoñía un castigo letal a Gaza especialmente intenso e cruel, ao mesmo tempo que a Rede Galega Pola Palestina, na que participa a CGT, convocaba manifestacións de conmemoración do día da Nakba en solidariedade co pobo e a resistencia palestina en toda Galicia. Estas dúas persoas foron denunciadas pola cadea de supermercados Carrefour criminalizando o chamado ao boicot, consecuencia do contrato que mantén esta cadea coa empresa israelí Electra Consumer Products e a súa subsidiaria Yenot Bitan. A toda presa, convocouse para ese mesmo día 15, unha concentración solidaria diante dos xulgados de Fontiñas da capital administrativa galega.
Ao sur, en Vigo, o pasado martes, 20 de maio, tivo lugar o xuízo contra 6 activistas que pegaron pegatas en produtos de orixe israelí e nos estantes do Carrefour do Centro Comercial Gran Vía de Vigo o pasado mes de novembro. Todos eles aceptaron os feitos coma unha acción de boicot pola complicidade deste hipermercado co xenocidio que está a cometer Israel en Palestina e declararon que estas campañas de sinalamento ao sionismo van continuar. Aínda que os danos provocados foron irrisorios para unha multinacional coma Carrefour, uns 171€, dos que se puideron recuperar a maioría dos produtos, polo que ao final quedaron nuns 26,50€, a fiscal solicitou multas para cada un dos denunciados entre 135 e 180€, ademais dunha indemnización de 171€ polo traballo do persoal en quitar as pegatas, que non se pagou en horas extra, senón que foi parte da xornada laboral habitual. Previamente á entrada das activistas ao xulgado, houbo unha concentración de apoio, con bandeiras palestinas, fotos das vítimas do masacre sionista e coreáronse consignas como “Israel asasina, Carrefour patrocina” ou “Onde están, non se ven, as sancións a Israel”.
Máis o Sur, no Campo de Gibraltar, o xuízo previsto para o luns 19 de maio contra sete traballadores de Acerinox, entre eles un compañeiro representante sindical de CGT, foi provisionalmente aprazado. A vista xudicial debía abordar a demanda interposta pola empresa tras a histórica folga desenvolvida na planta de Palmones durante 2024, un conflito que marcou un antes e un despois no panorama sindical do Campo de Gibraltar. A compañía reclama máis de 30 millóns de euros aos procesados polos supostos danos ocasionados durante o paro, argumentando que a folga foi convocada de forma ilegal. Unha cifra que os traballadores e a CGT, cualifican de “desproporcionada” e destinada a “amedrentar” a quen se opuxo aos acordos alcanzados entre a dirección e parte da representación sindical, dominada polo poder das corporacións sindicais.
A folga de Acerinox en 2024 foi impulsada polos denominados “non asinantes”, un grupo de traballadores que rexeitou o convenio colectivo aprobado en xullo tras semanas de negociacións. Esta negativa provocou unha ruptura entre corporacións sindicais e traballadores, dando lugar a un clima de tensión que se prolongou durante meses.
O xuízo espertou especial atención pola súa proximidade coas eleccións sindicais previstas na planta para o próximo 17 de xuño. Os compañeiros de CGT consideran que este procedemento xudicial busca sentar un precedente e castigar de forma exemplar o exercicio do dereito a folga. “Nos quieren silenciar por luchar”, denunciaron desde o sindicato, que tiña previsto concentrarse, contando co apoio de todo o cadro de persoal, este luns 19 de maio ante os xulgados de Algeciras, onde debía celebrarse a vista.
O conflito laboral alcanzou un dos seus puntos máis tensos en outubro, cando Acerinox despediu a un operario implicado na folga como unha represalia directa pola súa participación activa no paro. O traballador foi escoltado fóra da planta por persoal de seguridade, nun xesto que moitos cualificaron de humillante.
O xuízo do 19 de maio foi interpretado por boa parte do movemento sindical como unha ofensiva xudicial para disuadir futuras mobilizacións. As cifras reclamadas –ata 30 millóns de euros por parte de Acerinox– superan con fartura a capacidade económica destes traballadores e os seus sindicatos. “Quieren hacernos pagar por ejercer un derecho constitucional. Defender los derechos laborales no es un delito, es una obligación”, insisten desde CGT.
Pola súa banda, a empresa mantivo silencio institucional nos últimos meses, aínda que no seu día argumentou que a folga vulnerou a legalidade vixente e causou graves prexuízos económicos. Desde entón, o ambiente na planta de Palmones segue enrarecido, cun número crecente de empregados alertando sobre un “clima de persecución interna” cara a quen secundou o paro.
O xuízo aos coñecidos como “Los 7 de Acerinox” converteuse xa nun símbolo para numerosos colectivos laborais e sociais que ven neste caso un intento de aplicar un castigo exemplarizante. Sindicatos, asociacións de xuristas e organizacións de dereitos humanos seguen con atención o desenvolvemento do proceso, conscientes de que o fallo podería sentar un precedente relevante para o futuro do dereito a folga en España.
Se ben é certo que nada bo podemos agardar dun goberno, aínda que sexa municipal, ou dun xuízo, sobre todo cando se usan como ferramenta de represión, a clase obreira debe saber enfrontarse a estas situacións e exercer a presión suficiente para frealas. Nestes exemplos anteriores, como en tantos outros que vimos sinalando en La Campana, as prácticas e estratexias de loita solidaria son aplicadas de diversos xeitos e con distintos resultados. A CGT, no seu conxunto, atesoura e é depositaria dun coñecemento acumulado sobre a loita solidaria, posiblemente sen igual. A pesar da confusión reinante na sociedade e na clase obreira, a pesar do descreemento na loita social debido á flagrante mentira de corporacións sindicais, partidos políticos, moitas ONGs e demais variantes demócratas, progresistas, liberais ou capitalistas, a pesar do amordazamento, ese coñecemento hai que transmitilo e conservalo, e incluso defendelo das infiltracións. Cando o anarcosindicalismo se materializa, faise efectivo, funciona. A historia sindical, obreira e social danos a razón.