UN COMPA DOS MOVEMENTOS SOCIAIS NA MARCHA MUNDIAL A GAZA
Atopámonos na Marcha anual contra a Celulosa de ENCE na ría de Pontevedra, este ano contra as celulosas, unha a da ría de Pontevedra, e outra a que ALTRI quere construír na Ulloa. Alí contoume que marchaba ao Cairo, para unirse á Marcha a Rafah. No momento, noqueoume. Ten coidado!!! foi todo o que me saíu. Contoume que o vó estaba barato, moi alcanzable, e pediume que difundira a convocatoria para ver se alguén máis animábase. Ao rato, despois da mani, dinme conta, a Marcha a Rafah ía rondar pola miña cabeza deseguido. Por un lado aparecía un vínculo absorbente, tamén unha chamada que non podía atender e por outra banda unha sensación de non estar facendo o que debera facer, de priorizar os coidados e benestar dos meus, e o meu, mentres o xenocidio consumase sen pausa. Mentras falo e falamos, e estamos en mil grupos de servizos de mensaxaría, como telegram, onde pasamos máis tempo do que queremos, entre confusión, debates fora de lugar, egos incontrolables e insoportables e autoenganándonos, crendo que estamos militando cando en realidade so falamos e facemos publicacións nas redes insociais para conseguir uns banais me gusta ou as estúpidas iconas que agora dominan as emocións. E convocamos actos de protesta, con dificultades de coordinación ou coa confusión e a automarxinación propia dos movementos sociais actuais tentando intensificar a resposta social pero tropezando con aqueles que traballan para o control político. Certo que houbo algunhas convocatorias, como a Folga do 27 de setembro, que conseguiron incrementar a resposta social e lograron un pequeno xiro do goberno español, mais… sen embargo, a marcha a Rafah, a vontade… A vontade, a determinación que fai posible frear a inxustiza. A coraxe, a firmeza de plantarlle cara á barbarie ata darlle a man a Gaza… participar nunha marcha que leva todos os ollos ao camiño a Rafah, co desafío…
Tardei en ter novas de el, pero finalmente chegaron este sábado 14 de xuño, entre pausas, mentres estaba pendente dunha asemblea foi escribíndome:
Olá meu, acabo de recuperar o washapp, tenho tarjeta de aquí e outro tlf.
Chegamos o 11 ao Cairo. Na chegada ao aeroporto retiverom a umhas 10 pessoas, ás que asinarom a deportaçom, só 3 ou 4, ás deportarom. As otras as soltarom depois de 10 horas.
Essa noite entrou a madera no hotel onde estava a maioría da delegaçom do estado español e foi levada ao aeroporto e retida. Logo soltarom a case todo o mundo, agás os que tinham apelido árabe.
O 13 decidiuse saír cara Ismailiya em pequenos grupos. Houvo 2 controis onde parabam a quase todo o mundo. Alí obrigavam á gente a voltar ao Cairo. Umha gente volveu voluntariamente, outra figérom sentadas e ao final as levarom á força em buses da madera.
Um grupo de gente en distintos meios de transporte e de distintas formas libramos os dous controis. A mim e um compa de Madrid paráromnos ao chegar a Ismailiy e nos obligarom a voltar ao Cairo no taxi, polo que paramos o taxi a 200 m. da madera e seguimos andando. Alí fúmonos xuntando á gente que chegamos en dous grupos. O punto de encontro estava cheio de maderos. Á noite, a madera foi indo polos hoteis levándose compas para O Cairo. Um grupo de 14 colhimos umha furgo e seguimos até Port Saif. Aquí estamos coa moral muito alta…
Vamos ter umha assembleia agora e ver qué fazemos a nível global.
Domingo 15 de xuño:
Hoje siguen entrando maderos en hoteis e levando alguns compas ao aeroporto. Nom sabemos si hai deportacións. Polo demais todo tranquilo.
Inda discutindo estrategias.
Luns 16 de xuño:
A marcha oficialmente desactivada em Egito. Inda Nom saiu o comunicado oficial. Alternativas: ir a Túnez a unir-se à caravana terrestre, que está regresando desde Líbia, onde a parárom. E/ou ir a Bruselas. O ánimo geral está um pouco baixo. Egito elevou o nível de seguridade a nível 4 que tamém pode afetar à populaçom egípcia. De Port Said nos retirámos para Alexandria.
Dim que estam evacuando Al-Arish.
Na medida do posible, continuaremos con esta crónica directa da Marcha a Rafah a través de La Campana.
O obxectivo da Marcha Mundial a Gaza que iniciouse esta semana pasada era agruparse na cidade portuaria de al-Arish no Sinaí e comezar unha mobilización a pé cara á fronteira con Gaza, a Rafah, atravesando unha zona militar, para forzar, de maneira pacífica, o fin do asedio en Gaza mediante a apertura dun corredor humanitario.
