VII Época - 91

MALDITO NADAL, TRABALLO EN CORREOS!

A sección sindical da CGT-Correos de Pon-tevedra convoca unha concentración en Vigo o martes, 23, na Praza de Compostela, diante da Oficina Principal provincial as 18:00h. “Mentres a cidade brilla, a nosa precarización segue as escuras” contrastan as compas de Correos. Por unha banda o saturnal desenfreo consumista viciado polo goberno municipal coas luces navideñas como placebo e por outro a explotación laboral das que entregan e cargan coas mercadorías consumidas polo desenfreo colectivo.

A Alameda viguesa da Praza de Compostela está tomada polo nadal con distinta cachivachería e postos adicados ao desaforamento consumista, sendo o centro da, cada ano máis insoportable, masificación. No medio desta estúpida alienación, as compas de Correos, xunto con todas aquelas que nos solidaricemos acudindo a apoialas na concentración, denunciarán o deterioro do servizo postal.

No panfleto que se repartirá ás viandantes que recorran o escenario navideño, mentres se  realiza a concentración, chamarase a súa atención sobre o empeoramento das condicións laborais no servizo público postal español. “Chegou outro ano a campaña de Nadal en Correos e, coma sempre, a marca da casa: explotación” comeza con contundencia o panfleto, e continúa “Non se contrata, aumenta a cantidade de paquetería e diminúe o persoal. A meirande presión recae sobre a plantilla, priorizándose a paquetería e servizos de empresas privadas, coma seguros de AXA, en perxuízo de notificacións, certificados e cartas ordinarias”.

            O caos a todos os niveis é palpable, “Os Centros de Clasificación, as oficinas de Atención ao Cliente e as Unidades de Reparto están colapsadas”, resalta o panfleto que fai fincapé no seminal problema da falla de persoal e da  falla de contratacións, “A non contratación convértese en norma da empresa, diminúen as contratacións para aumentar os bonus da dirección”. Convértese, así, este período da campaña de Nadal en insoportabilidade laboral e descontrol organizativo chapuceado a base de horas extras, “Néganse os permisos, licencias e conciliacións, alegando falta de persoal, pero non contratan. As vacantes son numerosas e abúsase das horas extras”.

Todo esta desorde non é inocua, como vimos insistindo, “Este cóctel explosivo provoca que a plantilla estea extenuada e pon en perigo a saúde e a integridade das persoas, con un número elevado de traballadores e traballadoras de baixa”, insiste o panfleto elaborado pola sección sindical que recórdanos que correos é un servizo público, “Correos maltrata ao cadro de persoal e todo isto repercute negativamente no servizo que prestamos á cidadanía. Correos é un servizo público, non pode funcionar como unha empresa privada onde o que realmente contan son os beneficios”.

Salvando as distancias, que son moitas, a nostalxia navideña lévame a lembrar a “intervención” no nadal de 1968, en Londres, obra de KING MOB. O nome de KING MOB, o “rei da chusma”, foi sacado das Gordons Riots, as revoltas que en 1781 desembocaron nunha gran festa popular por todo Londres. Ao berro de “Non a escravitude” queimáronse as casas dos políticos, socializáronse as destilerías, esnaquizáronse os símbolos da opresión, e queimáronse as cárceres despois de poñer en liberdade as persoas, por suposto pobres, que as ocupaban. Sobre as paredes da prisión de Newgate podíase ler unha pintada que afirmaba que os feitos foran agasallo “da súa maxestade o Rei da chusma”. KING MOB foron unha especie de banda de rúa con análise. “Era a hora de deixar a revolución da arte e pasar á arte da revolución”, afirmaban. No Nadal de 1968 un membro de KING MOB disfrazado de Papa Noel estaba á porta de Selfridges, uns concorridos grandes almacenes, repartindo agasallos. Eran agasallos bos, roubados. Xunto cos agasallos reparten un horrible panfleto no que din que este ano non merecedes o nadal e incita a queimar as luces e os adornos de Nadal para despois bailar arredor do lume. A fume de carozo, a seguridade do centro comercial increpa a Papa Noel, o espectáculo é horrible, algunhas crianzas incluso choran. Pero o mellor está por chegar: as curiosas caras das crianzas que observan como o seu Papa Noel é detido bruscamente por varios policías…

 

As distancias son tales que aquela inocencia infantil do 1968, trasladouse aos traballadores de correos que aínda confían nas corporacións sindicais e a dirección.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *