VII Época - 111

A FLOTILLA ASALTADA E SECUESTRADA

Topámonos con Edi, Duarte Ferrín, nada máis chegar, este domingo, á mani da APDR contra a celulosa ENCE en Pontevedra. Puntual, e aparentemente enteiro e con bo trato, acudiu á cita como todos os anos. Foi recibindo apertas de unhas e outros, de algún xeito todas que o coñecemos queriamos recoñecerlle a nosa gratitude e solidariedade por ter participado na flotilla. “Fai tan só mes e medio que saín da Galiza e paréceme que estiven fora meses e meses”, coméntanos, quizais un pouco pola morriña e o seu amor á terra, pero sobre todo, penso, pola intensidade da viaxe e pola monotonía de cruzar o Mediterráneo nun veleiro. De todos xeitos, a Flotilla Sumud Global lonxe de ser a protagonista pretende ser unha ferramenta, un altofalante, reavivando unha recente onda de accións directas de solidariedade para volver a situar a Gaza e a Palestina no centro da atención mundial, co convencemento de que somos a xente, a sociedade civil, quen temos que actuar, para parar o xenocidio que continúa impune e silenciado polos gobernos.

                        E ségueno intentando co comboio por terra, o Global Sumud Land Convoy, un comboio humanitario terrestre con destino á Franxa de Gaza, que continúa a pesar dos bloqueos. O comboio partiu da cidade de Zawiya (oeste de Trípoli) o 15 de maio. Reúne máis de 350 cidadáns de preto de 30 países, entre os cales Turquía, Alxeria, Tunisia, Marrocos, Mauritania, Indonesia, China, Estados Unidos, Alemaña, España, Italia e Reino Unido. Dende o 18 de maio de 2026, atópase bloqueado nos arredores da cidade de Sirte (Libia), nunha zona situada entre as áreas controladas polo leste e polo oeste do país.

 A FLOTILLA ASALTADA E SECUESTRADA

 “Que se decate o mundo: estannos violando con animais” frase gravada, riscando a pintura, nunha das liteiras dunha cela da prisión Kitzot no deserto de Néguev na que fomos ingresadas as persoas participantes da Flotilla. Segundo esta afirmación, estarían utilizando animais para as agresións sexuais ás palestinas e palestinos presos.

No secuestro da Flotilla polas tropas israelís, en augas internacionais, sufrimos todo tipo de malos tratos, malleiras xeneralizadas, moitas con resultado de fracturas de osos e danos orgánicos, disparos con balas de goma, agresións sexuais con obxectos punzantes, descargas eléctricas con pistolas teaser, algunhas en ollos, lanzamento de granadas aturdidoras, dislocación de articulacións, privación de sono, comida e auga, exposición ao frío e ao sol directo e todo tipo de humillacións. Mais o trato que recibimos non é nada comparado co que sofren os presos e presas palestinas, que son recluídos durante anos, moitas veces sen acusacións formais, e sen condena, onde as torturas, as veces ata a morte, e as agresións sexuais son o pan de cada día.

Mas por moito que nos asalten e secuestren, por moito que nos agridan nunca poderán calar a nosa voz, nin a nosa solidariedade, porque a razón a ten o pobo Palestino e tarde ou cedo farase xustiza.

Os corpos armados sionistas son covardes, sem-pre actuaron en grupo, coa cara tapada e armados ata os dentes fronte a persoas pacíficas e desarmadas. Forman parte dunha sociedade enferma, policial e militarizada, que nunca será libre, sempre terán que vivir con medo e rodeados de armas, porque as atrocidades que cometeron non se poden esquecer, nin polo pobo palestino nin por ninguén que teña un pouco de conciencia e sentimento de xustiza.

A Palestina ocupada terá que volver a pertencer ao pobo palestino, os israelitas deberán volver aos seus países de orixe e os que participaron en crimes de guerra deberán ser xulgados e condenados, só así se poderá facer xustiza a un pobo que xa leva 78 anos sofrendo ocupación do seu territorio, discriminacións e limpeza étnica por parte do estado sionista.

A infernal situación que sofre o pobo palestino, de morte e desolación, é só posíbel gracias ao apoio dos EEUU á Israel e a complicidade da UE, e países árabes. Non chega con dar suaves declaracións de condena. Hai que illar ao estado xenocida e romper completamente as relacións diplomáticas, comer-ciais e culturais.

Incríbel que a volta de sofrer todo tipo de agresións por parte das forzas armadas israelís, no aeroporto de Bilbo, sofremos unha violenta carga por parte da Ertzaintza, nunha actuación lamentábel, sen motivo, con asañamento e coa detención durante varias horas de catro compas de Euskal Herria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *