ALGUNHAS PISTAS SOBRE O MUNDO NO QUE VIVIMOS
A CGT-LKN Euskal Herria alerta sobre a ameaza do goberno vasco de transferir a atención sanitaria de asalariados e autónomos ás mutuas. Non é a primeira vez que escoitamos que un goberno obedece ao mandato da avaricia empresarial e promove o aumento dos beneficios empresariais a través da saúde dos traballadores mediante a privatización ás mutuas da atención primaria do asalariado. Á denuncia da CGT-LKN sumáronse outros sindicatos e finalmente a coordinadora de Plataformas Cidadás en Defensa da Sanidade Pública. A Coordinadora denunciou que este acordo entre o Goberno Vasco ou Navarro e as Mutuas laborais só servirá para acentuar o deterioro da Sanidade Pública. “Suporía deixar en mans destas a atención sanitaria da poboación traballadora, asalariada e autónoma, excluíndo a súa asistencia do Sistema Público de Saúde”, advertiron. Segundo denunciaron, o acordo afectará en primeiro lugar a traumatoloxía. Dende a coordinadora mostraron a súa preocupación ante a “gravísima ameaza de crear un dobre sistema sanitario”. É por iso que, a partir do 30 de maio, levarán a cabo unha serie de iniciativas para visualizar este “inaceptable intento de mercantilización e desmantelamento” da Sanidade Pública.
En contraste a secretaría das mulleres da FETAP-CGT sinala a nova regulación do permiso de lactación para o sector público, extensible a todo traballador. A nova regulación establecida polo Real Decreto-lei 2/2024, de 21 de maio, que afecta o permiso de lactación, que agora pode acumularse en xornadas completas, e o que é máis importante, non fai falta que veña recollido nos convenios colectivos, senón que é directamente aplicable, vindo a modificar o artigo 37.4 do Estatuto dos Traballadores. Elimínanse as limitacións que existían antes, onde o permiso de lactación podía gozarse nunha hora de ausencia ao día, que podía dividirse en dúas fraccións de media hora, ou nunha redución da xornada en media hora, e que podía acumularse en días completos, pero sempre previa previsión en convenio colectivo ou acordo coa empresa. Coa nova regulación establécense máis posibilidades de goce, incluída a acumulación de horas de ausencia en xornadas completas, sen necesidade de pacto previo ou establecemento do dereito nos acordos e convenios colectivos.
A mesma FETAP advirte que o sector público está acadando cotas de precariedade propias de outros sectores como a limpeza, o telemarketin ou o socio sanitario por nomear algúns dos que seguimos frecuentemente dende La Campana. Faise eco a FETAP da subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) para 2024 que sitúase en 1.134 euros mensuais distribuídos en 14 pagas, con o que acumula un incremento do 54% dende o ano 2018, cousa que “celebramos efusivamente”, confesa a FETAP. Esta celebración convertese en precariedade xa que o ritmo de perda de poder adquisitivo de máis dun 20% nos últimos 15 anos que sofren os traballadores da Función Pública, vai implicar que en pouco máis de un lustro o SMI apareza e sexa de aplicación para os niveis máis numerosos. A situación é tal que os grupos inferiores teñen un soldo base absolutamente indecente que supera de milagre o SMI a base de complementos e antigüidade, o que repercute de forma directa e salvaxe nas prestacións por desemprego, no caso dos empregados temporais, e nas pensións de xubilación, no caso dos fixos. Para a FETAP hai xeito de reverter esta situación mais “mentres as compañeiras e compañeiros elixan como representantes sindicais a entes que se financian en gran medida das arcas públicas, vía subvenciones e formación, está claro que estes non cumprirán coa súa función, nin vos defenderán de tropelías como esta”.
O gabinete socioeconómico confederal da CGT ven de lanzar dúas valoracións, por unha banda da Enquisa Financeira das Familias, EFF, e por outra da actualización das estadísticas do Observatorio de Marxes Empresariais, OME. A primeira, EFF, publicada polo Banco de España o 16 de maio, reflicte o deterioro da riqueza e a renda dunha parte significativa dos fogares españois, á vez que outra parte ve aumentar os seus ingresos e a súa riqueza. Esta polarización dos niveis de desigualdade segue sendo moi graves: o 1% máis rico concentra o 19,4% da riqueza total neta, mentres que o 50% máis pobre dos fogares posúe unicamente o 7,4% (e estes datos toman unicamente en consideración a riqueza “declarada” que posúen os fogares, deixando fóra toda a riqueza que teñen os máis ricos oculta en estruturas opacas e paraísos fiscais). Obsérvase con claridade como os sectores máis pobres viron a súa situación deteriorase, mentres que os máis ricos seguiron incrementando a súa riqueza. Respecto as estadísticas do segundo, o OME, mentres que o volume de vendas trimestral incrementouse nun 25,5% comparando o 1º trimestre de 2019 co 1º trimestre de 2024, os beneficios brutos fixérono nun 51,7%!! En cambio, a masa salarial tan só aumentou nun 28,6% nese mesmo período de comparación.
Se cos recentes datos da Enquisa Financeira das Familias apuntabanse ás enormes brechas na distribución da riqueza (patrimonio), as estatísticas do OME revelan como a balanza na distribución da renda (salarios e beneficios) segue enormemente desnivelada a favor do capital, nun contexto marcado pola perda de poder adquisitivo.
Fontes: Varias CGT