VII Época - 40

O XITANO DO RING

XITANO DO RING

A conversa cun amigo que acaba de comezar a traballar no Secretariado Xitano fai que esta semana mude o rumbo habitual dos conflitos laborais e centre esta páxina nunha desas historias das que chaman poderosamente a miña atención. Unha historia que ocorre e mantense nos marxes e que forma parte da historia popular oculta, como se dun segredo se tratara. A historia de Rukeli “o xitano do ring”.

Cando se fala de xitanos se fala quizais do racismo máis arraigado no noso entorno. Antes de que o meu amigo me contara, e puxérame na pista, de Rukeli, introducinlle ao Informe Barañí. Un informe publicado no 2000 e do que se informou puntualmente naquela II época de La Campana.    O informe Barañí destapaba outra historia oculta e colectiva. A das mulleres xitanas encarceradas. As mulleres xitanas reclusas, en xeral, soportan unha tripla marxinación, derivada do feito de ser muller, ser xitana, pertencente a unha etnia desfavorecida e discriminada historicamente no noso país —e no resto de Europa— e, en gran parte dos casos, baseada na súa clase social; é dicir, por ser pobre. As mulleres xitanas viven nunha situación de vulnerabilidade social, constantemente reproducida e enraizada na pobreza e o racismo que sofren como grupo, explicaba o informe. A presenza das mulleres xitanas nos cárceres españois era daquela case vinte veces maior que a súa presenza na sociedade: a poboación xitana en España estímase que supoñía en torno ao 1.4% do total da poboación, mentres que entre a poboación recluída as mulleres xitanas representaban o 25% do total das mulleres presas. Unha presenza penal que é moi superior á doutros grupos étnicos tradicionalmente discriminados, como a poboación negra en EE.UU. ou os aboríxenes en Australia.

Esta situación segue igual, o defensor do pobo no seu informe anual de 2023 apuntou que catro de cada dez mulleres en prisión son xitanas.

Despois da miña achega á conversa foi cando contoume que a noite do 9 de xuño de 1933 houbo un enfrontamento polo campionato vacante de peso semipesado de Alemaña que congregou a unha pequena multitude na cervexaría Bock, un histórico establecemento de bebidas berlinés. Pelexaban Adolf Witt e Johann ‘Rukeli’ Trollmann. Witt era o favorito para gañar, particularmente entre os membros do poderoso Partido Nacionalsocialista. Herr Hitler admiraba o boxeo como un deporte nobre e, como tal, estaba decidido a que o ario Witt demostrase a súa superioridade racial gañando o título. Os fanáticos do boxeo que encheron a cervexaría bramaron e aclamaron, apoiando abrumadoramente ao xitano Rukeli mentres derrotaba claramente a Witt. Ao sexto asalto a pelexa foi abruptamente cancelada. O xurado declarou que o resultado foi “Sen decisión”, nin unha vitoria nin unha derrota para ningún dos dous. Rukeli quedou atónito. Os espectadores, burlándose e gritando, asolagaron o ring, lanzando cadeiras e puños ao tumulto. As autoridades do boxeo alemán, sometidas os imperativos nazis, negáronse a recompensar ao claro gañador pola súa raza. Pero para os fanáticos leais das pelexas, isto non era válido. As ameazas volvéronse tan pronunciadas que o xurado se viu obrigado a revogar a súa decisión. De mala gana, entregáronlle o cinto de campión a Rukeli. O canso Rukeli de cabelo escuro, coa cabeza inclinada cando finalmente entregáronlle o cinto. Atafegado pola frustración e o alivio, parouse no ring e chorou abertamente. Dise que esa noite a multitude coreou o seu nome.

Só unha semana despois do combate de 1933, a recentemente formada Asociación Alemá de Puxilismo, presidida polo rabioso nazi Georg Radamm, determinou que Rukeli tiña un estilo de boxeo “non alemán”. Desposuírono do seu título de peso semipesado. Unha vez que o mozo xitano mostrou o seu fulgurante talento e inspirou o afecto público masivo, as autoridades do boxeo do Terceiro Reich non podían tolerar a unha celebridade da súa clase.

O 27 de xullo, Rukeli enfrontaríase ao famoso loitador Gustav Eder. Consolidando o seu poder sobre o deporte, o novo réxime nacionalsocialista insistiu en que Rukeli tiña que loitar ao xeito adecuado alemá. Sabendo que tiña que perder no ring ou que lle quitarían a súa licenza fóra de el, a Rukeli non lle quedou máis remedio que capitular. Con todo, cando o mozo subiu ao ring, a súa aparencia sorprendeu a todos os presentes. O seu corpo estaba cuberto de xeito total cunha espesa fariña branca e o seu guecho de cabelo negro azulado tinguido de louro peróxido. Esta foi a súa aproximación, e burla, do “ideal” ario. Non está rexistrado como respondeu o seu opoñente ou a multitude pero dise que Rukeli permaneceu inmóbil no medio do cuadrilátero, sen esquivar nen un só golpe, ata que, no quinto asalto, se derrubou totalmente cuberto de sangue.

Por razóns que non están claras, foi arrestado ese verán e enviado a un campo de traballos forzados. Sería o primeiro dunha serie na que se atoparía. Gran parte da súa familia correu un destino similar. A principios de 1936, Rukeli foi un dos innumerables sinti e romaníes suxeitos a esterilización mediante unha vasectomía forzada. Un día de inverno de 1943, nun campo de concentración preto de Hamburgo coñecido como Wittenberge, Rukeli foi golpeado cunha pala ata morrer.  O corpo de Johann ‘Rukeli’ Trollmann foi tiroteado e lanzado a unha fosa común xunto cos demais cadáveres do campo de Wittenberge. Tiña 35 anos e era só un do medio millón de sintis e romaníes asasinados polos nazis.

Existen libros, peliculas, cancións e incluso teatro sobre Rukeli. Dario Fo relatou a súa historia na novela “O campión perdido”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *