UNHA ACCIÓN INCESANTE: A CGT COMO FERRAMENTA, A LOITA COMO MEDIO
Durante toda esta semana o radar destas páxinas de conflitos colectivos foi recompilando loitas. Algunhas con máis relevancia nos medios de prensa oficiais e outras con menos, pero todas de igual interese para as persoas que loitamos contra a inxustiza. O mar é longo e centrámonos nunhas cantas destas loitas.
O Sector Federal Ferroviario da CGT, SFF-CGT, nun comunicado, fala da manía que teñen as empresas de crear confusión nos traballadores con nóminas de difícil entendemento. Algo moi habitual, sobre todo nos sectores máis precarios e tamén feminizados como o da limpeza, coidados, telemarketin e outros. Sectores onde danse as condicións de precariedade máis xeneralizadas, contratación parcial, a non renovación dos convenios con negociacións que duran anos, explotación da discapacidade e por suposto prepotencia e abuso empresarial entre outros factores. Ven sendo habitual que custe traballo entender e comprobar unha nómina, sen embargo a obrigatoriedade de que exista claridade nas nóminas foi confirmada pola Audiencia Nacional como recordan dende a CGT de Adif ao departamento de recursos humanos. De momento, mentres avisan que van estar expectantes “esiximos que nas futuras nóminas habilítese un espazo onde consten: prezo valor hora, claves calculadas co valor hora, días concretos de abono de claves diarias, horarias ou horas extra, parámetros para cálculo de variables, e calquera outro valor que sexa necesario para calcular os importes aboados”, comparten no comunicado.
Pola súa parte, estase a negociar o I convenio colectivo de Iryo. Iryo é un consorcio de grandes empresas xurdido tras a liberación do sector ferroviario que explota a alta velocidade nas liñas máis rendibles. Todo un agasallo para enriquecemento privado. A pesar de que este consorcio se presentase como ético, dende o SFF-CGT amosan xa á súa hipocrisía nun comunicado chamado “ NIN UN DÍA MÁIS SEN UNHA RESPOSTA POSITIVA”. Tras reunirse coa dirección da empresa na Comisión Negociadora do I convenio Colectivo de Iryo, o máis importante foi trasladar unha vez máis o agravio ao colectivo de Asistentes con respecto ao resto de colectivos da empresa Iryo, que segue sendo o único que non recibe compensación en dietas cada vez que sae fóra da súa residencia. Para a Comisión Negociadora é prioritario resolver esta inxustiza antes de continuar co resto das reivindicacións do I Convenio Colectivo de Iryo. Do mesmo xeito tamén é prioritario a compensación das horas nocturnas reguladas por lei. A Dirección da empresa decidiu non dar resposta ata o día 29 de outubro. Para a representación sindical “é unha data límite pois o malestar que se respira no colectivo afectado non permite máis aprazamentos. Polo tanto, se non se dá unha solución satisfactoria toda a representación sindical xunto ás persoas traballadoras de Iryo estamos dispostos a actuar coa contundencia necesaria para que se resolva dunha vez por todas, esta bochornosa inxustiza” advirten no comunicado.
Mentras, as traballadoras da limpeza da nosa provincia, Pontevedra, seguen co salario conxelado dende 2022, polas interminábeis negociacións do convenio entre a patronal e as corporacións sindicais maioritarias no sector. Pese que a CGT non está na negociación seguímola de cerca. Sen ningunha esperanza pola nosa parte desexamos que esta situación non se prolongue máis e conclúase con outro mal convenio en vez de seguir co mal convenio caducado. Non temos esperanza porque non vemos as corporacións sindicais coa intención de loitar como fixeron os compas de SECOMSA en Tarragona ou sen ir máis lonxe en SERVEO, a empresa de limpeza dos equipamentos municipais de Sabadell. Tras diferentes mobilizacións, e unha folga, os traballadores da CGT volven mobilizarse para presionar ao Concello ata o punto de que abrirá expediente a empresa por incumprimento cos traballadores. Montse Gonzalez, a tenenta alcaldesa declarou que “As nóminas chegaron mal e cruzaron todas as liñas. É un cúmulo de despropósitos. As explicacións xa non nos valen e pedimos unha reunión urxente con Madrid e cos máximos responsables e abrimos expediente por estas sancións”. Ante esta situación, o comité de empresa insiste que se ten que rescindir o contrato con SERVEO, pola falta de pagamentos, pero tamén porque hai liquidacións sen cobrar desde o mes de marzo, teñen problemas cos uniformes de traballo e, mesmo, non se asinan os contratos que se terían que asinar.
A mesma empresa, SERVEO, é a concesionaria do servizo de limpeza no Teatro Nacional de Catalunya. As traballadoras, xunto o sindicato de limpezas da CGT, de Barcelona realizaron 3 días de folga en setembro. A loita é por unhas condicións dignas, como son poder ampliar a xornada laboral, a maioría fan xornadas parciais con salarios moi precarios e con cargas de traballo moi pesadas. Denuncian tamén os enchufismos na empresa e outras anomalías. Durante as protestas, dúas compañeiras, con certo grado de discapacidade, foron insultadas e agredidas polo marido da supervisora. As traballadoras culpan tanto a SERVEO como ao Teatro desta situación de abuso e precariedade que sofren.
Mantendo o radar en Barcelona, a sección sindical no CBB, bibliotecas de Barcelona, convocou folga o 7 de Outubro coincidindo co Encontro Internacional de Bibliotecas da IFLA. “Neste encontro do IFLA haberá, por unha banda, representantes políticos de renome (Ministro Ernest Urtasun, Rexedor Xavier Marcè…); e, da outra, profesionais do mundo bibliotecario. É unha ocasión inmellorable para facer visible que nas bibliotecas non todo é de cor de rosa e que as persoas que traballamos estamos queimadas porque cada vez imos a peor. Nos días de celebración da IFLA, a folga é especialmente poderosa” apunta nun comunicado a sección sindical da CGT. Entre as reivindicacións están a aplicación da mobilidade que ten moitas compañeiras atrapadas ao seu posto de traballo. Ademais, nalgúns casos, ten mesmo consecuencias a nivel de saúde laboral. Non se convoca mobilidade dende fai dous anos. Exíxese que se cumpran os compromisos adquiridos pola empresa no acordo de adhesión ao convenio do Concello no que respecta a que se execute unha Valoración de Postos de traballo do persoal e que se poña en marcha un proceso de avaliación de riscos psicosociais, que inclúa unha corrección das debilidades detectadas. Así mesmo, non van tolerar os reiterados incumprimentos do Convenio. E, por si fora pouco, “Non podemos soster un servizo de calidade sen a conciliación do persoal. Traballamos 6 e 7 días na semana, con algunha quenda de 11 horas seguidas, non temos dereito á flexibilidade nin ao teletraballo e o proxecto de reestruturación horaria non resolve o problema” denuncian nun dos comunicados emitidos.
Outra empresa OBIMACE concesionada para diversas tarefas na cidade de Ceuta provocou a denuncia dos traballadores de CGT nas propias instalacións da empresa o pasado 8 de Outubro. O das propias instalacións é un dicir, pois “estamos sen nada, sen caseta, sen nada, sen auga potable, sen auga de aseo, sen caixa de primeiros auxilios, sen servizo” relata textualmente un empregado de OBIMACE no polígono de Tarajal no que traballan limpandoo. Segundo CGT, está a cometerse un incumprimento do decreto 486/1997 que é o que regula as condicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo. “Os traballadores non teñen nin para lavarse as mans, non teñen onde cambiarse. Están na situación máis mísera á que se pode someter a un traballador e parece que é unha vinganza porque a Inspección de Traballo interviñese” tras a retirada pola empresa da única caseta que existía para a hixiene destes traballadores que, ademais, entenden a retirada da caseta como unha clara represión da empresa por ter acudido á Inspección de Traballo. Todo isto, ponse novamente en coñecemento da inspección de traballo solicitando a paralización da actividade nestas circunstancias, pero incomprensiblemente a Inspección atrasa actuacións ante os riscos graves e inminentes para a saúde dos empregados. O pasado 8 de outubro houbo mobilización que pensan continuar de non arranxarse a situación.
Outro sector que o noso radar sinala constantemente e o das grandes multinacionais de roupa sucia. Agora en Zaragoza, os traballadores de VJ Maintenance, encargados do mantemento de Plataforma Europa de Inditex, comezaron unha folga o pasado 2 de outubro. O comité de empresa, composto maioritariamente pola CGT, con 5 delegados, e OSTA, con 3 delegados, informou sobre o inicio da folga, cunha participación superior ao 90% do persoal de VJ Maintenance Facility Services. Esta decisión tomouse un día antes pola tarde, debido á negativa da empresa para aceptar as liñas vermellas mínimas acordadas en asemblea de traballadores. O comité de folga accedeu ás instalacións para asegurarse de que a empresa cumpre coa lexislación vixente, e as irregularidades detectadas serán presentadas ante a Inspección de Traballo. O ambiente entre os traballadores é de unidade e optimismo, coa certeza de que a folga é o único camiño para que as súas demandas sexan atendidas. Entre as principais reclamacións atópanse subidas salariais de 1.500 € anuais, pluses para compensar diferenzas de quendas, a redución de xornada para os maiores de 50 anos e outras melloras que buscan equiparar as condicións laborais coas doutras plantas. O comité deixou claro que a folga se manterá ata que a empresa mostre unha verdadeira intención de avanzar nas negociacións. Os traballadores están preparados para seguir loitando todo o tempo que sexa necesario.
Outro sector recorrente na precarización da clase traballadora, o de telemarketin, ven de anunciar outra canallada. Un ERTE en Madrid por parte de ABAI. Polo momento só coñecemos uns detalles do plan empresarial de ABAI e MOVISTAR que pretende mandar ao paro durante 8 meses a 107 traballadores do servizo 1004 de Telefónica aos que se suman 32 máis de outras campañas como Europcar ou Renfe.