VII Época - 54

PROGRESISMO SILANDEIRO OU COMO TRANSFORMAR DEREITOS EN HUMILLACIÓN

Non quería escribilo, pero a pobreza da última Conferencia Sindical da CGT, en canto a análises e respostas contra a realidade, da cada vez máis esquilmada clase obreira, é manifesta. Independentemente da exemplaridade de certas loitas protagonizadas pola CGT, tanto dende o seu conxunto ata por moitas pequenas seccións sindicais, algunhas delas sinaladas nestas páxinas, o que cabe agardar dunha Conferencia Sindical nin sequera foi planificado. Estou convencido da riqueza rebelde e insubmisa que posúe a CGT nas súas filas, como tamén estou convencido de que a CGT é a única ferramenta viable, a día de hoxe, para transformar o caduco sistema que padecemos dun xeito favorable á clase obreira. Pero temos que evitar marearnos no caos da alienación actual. Son moitos, moitísimos, os temas laborais e sindicais que, ben máis específicos ou máis amplos, nin sequera foron plantexados en Palencia. Esto conleva a que esas problemáticas van ser afrontadas ao ritmo caótico e alienante de wasapp, ou telegram, ou calquera outro, en vez do sereno, debatido, premeditado e planificado do anarcosindicalismo.

Sexa ou non sexa un tema de Conferencia Sindical, o desleixo cara as persoas en paro está xeneralizándose. Existen importantes novidades que afectan a eses millóns de persoas que permanecen fóra, ou entran e saen, no acceso a un traballo asalariado. Esta cantidade de persoas, sempre variable, e polo tanto moito máis ampla que a das cifras oficiais, non está a recibir unha información adecuada dos sindicatos, nin por suposto unha resposta sindical estratéxica as novas, e cada vez máis cambiantes, circunstancias e requisitos que afectan á compensación polo erro social que supón o seu desemprego. Sen embargo, non é nada novo que ese erro social non o é tal, máis ben é algo calculado para manter á baixa o mercado, neste caso de traballo, da vida como mercadoría. Para un sindicato é moi importante loitar por aumentar, ou cando menos manter, os dereitos ou compensacións arrebatadas da vida polo traballo asalariado. Non fai falla explicar que isto último non está en contradición coa nosa esencia transformadora.

O desenrolo da lei 3/2023, de 28 de febreiro, de Emprego, está a ser esquecido pola parte sindical tal e como foi a súa aprobación. Ou polo menos esa é a sensación que dá tras un repaso e busca polo caos internautico.

En primeiro lugar, este artigo vaise centrar na novidade do “Acuerdo de Actividad” introducido, que por se mesmo invalida toda cualificación de progresista da lei. É certo que antes existía o que chamaban “Compromiso de Actividad” Este compromiso, na maior parte dos casos, facíase sen darse conta, as agachadas, cando asinábase o impreso dunha solicitude de prestacións e non se lía a letra pequena que figura ao dorso. A sinatura da solicitude de prestacións implicaba por tanto -e implica mentres non se desenrole a nova lei- un compromiso da persoa solicitante de buscar activamente emprego, presentarse a cubrir as ofertas de emprego que lle faciliten os servizos públicos de emprego, entregando antes de 5 días o xustificante na súa oficina de emprego, aceptar as colocacións adecuadas, participar de forma activa nas accións de información, formación, inserción, traballos de colaboración social etc, renovar a demanda (selar o paro) na forma e datas establecidas ou comparecer ante o SEPE (INEM) ou os Servizos Públicos de Emprego Autonómicos cando se lle requira. A nova lei de Emprego substitúe o “Compromiso” polo “Acuerdo de Actividad” e o traslada dende a solicitude de prestación á primeira acción da inscrición como “persona demandante de servicios de empleo” transformando o dereito en servizo, como transforma o SEPE, Servizo Público de Emprego, en “Agencia Española de Empleo” igualándoa, nominativamente, as Axencias de Colocación.

A lei define esta perversión, non só da palabra, chamada “Acuerdo de Actividad”, coa obrigatoriedade neste primeiro acto de inscrición, como “Acuerdo documentado mediante el que se establecen derechos y obligaciones entre la persona demandante de los servicios públicos de empleo y el correspondiente Servicio Público de Empleo para incrementar la empleabilidad de aquella, atendiendo, en su caso, a las necesidades de los colectivos prioritarios”.

Se en canto empleabilidade esta lei, a primeira vista, non innova moito o que sí establece é a obriga do demandante de mellorar a súa empleabilidade.

En canto ao que entende por colectivos prioritarios no seu artigo 50 non deixa títere con cabeza “Se considerarán colectivos vulnerables de atención prioritaria, a las personas jóvenes especialmente con baja cualificación, personas en desempleo de larga duración, personas con discapacidad, personas con capacidad intelectual límite, personas con trastornos del espectro autista, personas LGTBI, en particular trans, personas mayores de cuarenta y cinco años, personas migrantes, personas víctimas de trata de seres humanos, mujeres con baja cualificación, mujeres víctimas de violencia de género, personas en situación de exclusión social, personas gitanas, o pertenecientes a otros grupos poblacionales étnicos o religiosos, personas trabajadoras provenientes de sectores en reestructuración, personas afectadas por drogodependencias…”. Sinalando así como obxectivo prioritario desta lei a estas persoas.

Ademais destes colectivos prioritarios, “Quienes soliciten o perciban prestaciones o subsidios de desempleo deberán adquirir la condición de personas demandantes de servicios de empleo, siendo titulares de los servicios garantizados y del acuerdo de actividad” como reza o artigo 47, son contra quen van os tiros. Abrindo a porta a “quienes perciban otras rentas orientadas a la protección económica frente a la situación de desempleo”. Neste mesmo artigo 47 a lei xa pecha o círculo “El desarrollo de aquellas acciones, programas o actividades señalados en el itinerario o plan personalizado conllevará el cumplimiento del acuerdo de actividad. Tal cumplimiento habrá de acreditarse por los servicios públicos de empleo o entidades colaboradoras”.

O xeito de disparar está reflectido no artigo 56 “Catálogo de servicios garantizados a personas demandantes de servicios de empleo”, precisamente con ese “itinerario o plan personalizado” ao que faise referencia no anterior artigo 47. Este “Catálogo” senta as bases do sistema de persecución, control e expulsión a través destes “servicios garantizados”. O primeiro paso é a “Elaboración de un perfil individualizado que permita la evaluación de la persona demandante y que facilite el ulterior diseño de un itinerario personalizado formativo o de búsqueda activa de empleo o emprendimiento adecuado”. O segundo paso “Tutorización individual durante las transiciones laborales, bien entre la educación y el empleo o entre situaciones de empleo y desempleo” é o que asigna directamente un vixilante, “La tutorización permitirá identificar a la persona que acompañará a la persona demandante de los servicios de empleo, una vez evaluado”. E para disipar toda dúbida “La persona tutora realizará, asimismo, un seguimiento individual y personalizado de las actuaciones que la persona usuaria vaya llevando a cabo en ejecución de su itinerario y que determinarán, en su caso, su revisión”. Ese “itinerario” ou “plan personalizado exigirá la formalización de un acuerdo de actividad suscrito entre el servicio público de empleo y la persona usuaria”, pechando así, unha vez máis, o círculo.

Este terceiro paso “El itinerario o plan personalizado de actuación se elaborará por el servicio de empleo, con la colaboración de la persona usuaria”, ó menos, deberá incorporar a obrigatoriedade de realizar cursos, “La identificación de un itinerario formativo, para su formación continuada y actualización permanente”, especifica a lei. Non específica a presencialidade ou non destes cursos dando por válidos toda esa boiante avaricia das empresas de formación on-line e a súa moi deficiente valía. O itinerario personalizado tamén ten que incorporar “La identificación de alternativas laborales o de emprendimiento” e como non, a humillante “identificación de las actuaciones de búsqueda activa de empleo que la persona usuaria quedará obligada a realizar”. A lei vai a tiro feito e non desaproveita este mesmo artigo 56 para pechar, outra vez máis, o círculo, tras advertir da obrigatoriedade da humillación, “El acuerdo de actividad implicará, para el servicio público de empleo, la obligación de proporcionar los servicios y actividades concretos comprometidos en el plan de actuación individualizada y el acompañamiento y seguimiento por la persona tutora”.

E por se o círculo non estivera suficientemente pechado, outro artigo, o 58, obriga á persoa “demandante de servicios de empleo” a certos “compromisos” que xa só polo redactado, usando palabras como “colaborar activamente” ou “mantener una actitud activa” que reforza animando ao “desarrollo de otras iniciativas individuales reveladoras de tal actitud”, “desarrollar actividades” ou “cumplir con las acciones” ou como non “Aceptar”, semellan o tiro de gracia que pecha o círculo da humillación. Aforro o espazo e a lectura desta obriga de compromisos que baixo a perversión do acordo repiten o dito anteriormente.

No número 52 de La Campana advertimos de como a Xunta de Galicia está a desenrolar esta lei mediante un sistema de control, seguimento e expulsión por intelixencia artificial que leva expulsado a un 22% das persoas testadas. Unha porcentaxe que, segundo o Conselleiro, pode ser “unha boa mostra”, para o total de 122.000 demandantes de emprego que hai en Galicia. Tamén advertiamos que a Xunta de Galicia anunciábase como vangarda na implantación do “acuerdo de actividad” e as súas consecuencias.

Pero ahí non queda a cousa, o Congreso dos Deputados validou o Real Decreto-lei 2/2024, que desta forma convértese en lei definitivamente e entrou en vigor o 1 de novembro de 2024 polo que se reforman os subsidios por desemprego. Tampouco atopo análise nin información, cando menos dende o punto de vista sindical. Das poucas referencias, dende unha páxina de “Expertos en prestaciones sociales y derechos laborales” amosan preocupación polo feito de que se supriman algúns dos tipos actuais de subsidios, como a Renda Activa de Inserción (RAI) que quedou derogada con este decreto. As persoas que queden sen protección serían remitidas ao Ingreso Mínimo Vital (IMV) sen unha norma ponte que garanta a continuidade da protección social, algo que podería afectar potencialmente a máis de 120.000 persoas anualmente. Ademais os requisitos do IMV son máis estritos que os dos subsidios por desemprego, xa que, por exemplo, cambia o concepto de “unidade familiar” e se amplía ao de “unidade de convivencia”. Ademais, no IMV non só téñense en conta as rendas do solicitante, senón tamén o seu patrimonio.

Mentras segue o progresismo, hai barra libre de ERTEs para as empresas, os contratos fixo-descontinuos e os parciais son a alternativa, xeneralizase a explotación da discapacidade…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *