AS PORTAS DA PERCEPCIÓN
Volvemos tratar nestas páxinas a incapacidade por parte da CIG, CCOO e UGT de renovar o convenio de limpeza da provincia de Pontevedra e a incapacidade de reaccionar ante esta situación. Xa tratamos este despropósito nos anteriores números 51, do 11 de novembro, e no 36, do 13 de maio, ambos do 2024, aparecidos en La Campana. O convenio caducou no ano 2022 e o pasado martes, 11 de febreiro deste 2025, celebrouse a 17ª reunión de negociación do convenio entre estes tres sindicatos e a patronal. Dende a CGT, tanto as seccións sindicais como a afiliación, temos secundado con desesperanza as folgas convocadas. A última os días 11 e 12 de novembro do 2024 e que escenificou o fracaso sindical e a desconfianza das traballadoras na estratexia destes tres. Sen embargo tanto a absurda oposición a folga por parte de CCOO como as valoracións públicas positivas de CIG e UGT, continuaron, e continúan, no mesmo camiño necrófilo da degradación do ser en parecer.
A insuficiente capacidade obreira de intervir nas súas condicións laborais vai morrendo, ou suicidándose. Nestas páxinas temos amosado moitas veces os logros, por moi pequenos ou grandes que sexan, da acción sindical cando se exerce correctamente mediante o compromiso da loita e o asemblearismo. Mais cando non é así, unha e outra vez tropezamos coas mesmas pedras que van formando un muro máis difícil de derrubar. Tras o fracaso da folga, o lamentable espectáculo ofreceunos o esperpento de uns, CCOO, defendendo a negociación, e os outros, CIG e UGT, como logro da folga, tras a sinatura das táboas salariais do 2023, no ano 2025, con dous anos de atraso e con unha actualización do 3,1%, o IPC a pelo. Pese a esta sinatura, moitas empresas aínda están sen actualizar os salarios nen os atrasos, algunhas só aplicaron atrasos a o ano 2023 e agardan a que se asinen as táboas do 2024 para aplicar os atrasos dese ano. Un xeito que eu cualificaría de criminal engano cara unhas traballadoras explotadas, en condicións precarias, condicións abusivas e tramposas, con contratos a tempo parcial e tendo que traballar para dous o máis empresas para non acadar o SMI.
Con este panorama celebrouse a 17ª reunión de negociación do pasado martes 11 de Febreiro, primeira tras a folga de novembro e a específica para a sinatura das táboas salariais do 2023 en decembro. Para UGT, nunha folla informativa a que tivemos acceso, “En esta reunión el principal objetivo que planteamos los Sindicatos era la vuelta a la senda de la negociación, intentando dejar atrás lo sucedido con anterioridad, para intentar en la medida de lo posible reenfocar de nuevo, el devenir de la negociación”. Toda unha sincera, aínda que velada, declaración de impotencia e recoñecemento do fracaso. O resto da folla informativa continúa co autoconvencimento da impotencia “Por desgracia, la patronal nos devuelve a la cruda realidad, cuando nos trasladan sus pretensiones, tanto en su oferta para el año 2024, que pasaría por un incremento del 2,8% y lo peor de todo es que vuelven a plantear la posibilidad de eliminar parte del articulo 4 o la modificación del redactado del mismo”, e a máis absoluta desesperanza “La respuesta de las tres Centrales Sindicales fue contundente con el tema del artículo 4, dejando claro que este articulo no se va a tocar y en cuanto al incremento para el año 2024 nos parece una burla después de haber tenido encima de la mesa un incremento del 3%”. Tanto o artigo 4, duración e vixencia do convenio, que xa estaba pechado, como o incremento salarial para o 2024, coa aceptación por parte da patronal dun 3%, en reunións anteriores, son un castigo aos sindicatos por saírse minimamente das directrices que lles marca a patronal. Un castigo ben dirixido para erosionar máis aínda a credibilidade e confianza no sindicalismo. E sen recoñecer o erro da estratexia empregada ata agora, non lles queda máis remedio que obedecer e tragar “Con todo este debate los sindicatos nos comprometimos a pasar una nueva oferta con el ánimo de retomar y encauzar la negociación, fijando para ello una nueva fecha para reunirnos el viernes 28 de febrero”.
Esta agonía é un síntoma máis da ruptura do pacto social por parte dos poderosos e a consecuente decadencia do sistema de relacións institucionais. Non se trata dun abuso ou da típica picaresca que a patronal empregaba e emprega con certa impunidade. A estratexia patronal de agonizar os convenios colectivos é unha ruptura dos mínimos asumidos e establecidos para manter a paz social e as ferramentas de solucións de conflitos do sistema democrático liberal.
Hai moitos síntomas da decadencia do contrato social. Hai quen se empeña en miralos, ou tan sequera só intuílos, fóra, no triunfo de Trump e Elon Musk, na situación xeopolítica, na consentida limpeza étnica do pobo palestino, no ascenso dos partidos políticos da “ultradereita” e non mira o que ten diante dos ollos, o máis preto. Para min, que traballo precariamente na limpeza, non hai síntoma máis claro de ruptura do pacto social e ofensiva dos poderosos que a agonía do convenio de limpezas de Pontevedra e a estratexia de desposuír aos sindicatos da negociación colectiva. Se ben, é certo que os únicos que navegan ben na ruptura presente son esa “ultradereita”, pois teñen o vento a favor, estes, tarde ou cedo, van vir por nós. Esta por ver, se nós, a CGT imos poder ofrecer unha alternativa sólida, baseada nuns principios de liberdade, libertarios, ou imos a seguir no camiño da agonía entreténdonos en investigar porque cedeu a porta do comité confederal, se por empuxe ou resistencia, mentres as seccións sindicais veñen demostrando coa súa acción sindical outras portas que derribar ou atrancar.