TRES CHAMADOS Á SOLIDARIEDADE SINDICAL
Durante esta semana que entra, son tres, as chamadas de solidariedade sindical á afiliación e representantes sindicais do SUTSO de Pontevedra. En torno á solidariedade obreira gravita toda posibilidade de éxito da acción sindical, e polo tanto de defensa ou mellora das nosas condicións, sendo así necesario que a resposta solidaria vaia estendéndose, incluso máis alá dos muros dos nosos postos de traballo, chegando incluso a outros sectores, sindicatos ou localidades. Esta práctica, ademais dunha esencia identitaria da CGT, é causa fundamental da confianza da clase obreira na nosa organización sindical. Sen pretender establecer ningunha prioridade, paso a desenrolar estes tres chamados.
En primeiro lugar chéganos o chamado dende a CGT de Atento na Coruña. Dende esa sección sindical e dende estas páxinas vimos denunciando a deslocalización dos centros de traballo a outros con condicións laborais de maior explotación, nomeadamente coa apertura do novo centro que Abai (Atento) abriu en Colombia. A causa desta deslocalización non é outra que o beneficio da empresa a costa dunha maior explotación laboral, sinalan dende a CGT de Atento na Coruña. E tanto!, salarios de uns 333 euros mensuais por 46 horas semanais de traballo son as condicións de Abai en Colombia. Tamén co fondo da deslocalización, a empresa implantou os despidos por goteo, que pese a ser unha practica habitual dende fai anos, o verano pasado impuxo o traslado a outras provincias de 550 traballadores, coa complicidade das corporacións sindicais. A gran maioría dos traballadores afectados non puideron asumir o cambio de domicilio a outra provincia polo que acabaron na rúa. Agora, o pasado venres 14 de marzo, ás 12 da noite, e sen aviso previo, a empresa elimina a quenda de noite, e de novo, hai que dicilo, coa necesaria colaboración das mesmas corporacións sindicais. Fíxoo, comunicando unha modificación substancial das condicións de traballo as traballadoras das quendas da noite, e tarde-noite, afectadas. Sen embargo só recoñeceu esta modificación as traballadoras con contrato a xornada completa.
O mesmo venres 14 de marzo, apenas cinco días antes das eleccións sindicais, toda a soberbia e prepotencia da multinacional de roupa sucia H&M caeu sobre a nosa compañeira, Jodie Stephen, traballadora e presidenta do comité de empresa, despedíndoa fulminantemente por “abuso de confianza e deslealdade”. Este despido disciplinario leva implícito a mensaxe á todo o persoal de que se poden despedir dun día para outro á presidenta do comité de empresa, poden facelo con calquera empregado sen causa ningunha e así de fácil. E repito, a uns días das eleccións sindicais que renovan o comité de empresa. Inmediatamente á sección sindical da CGT, converteu este despido nun chamado á solidariedade mediante o voto masivo a CGT nas eleccións do día 19. A resposta foi que a CGT obtivo o 90% dos votos. Como lembrará o lector atento a estas páxinas, posiblemente o maior conflito laboral da CGT coa empresa levou a todos os traballadores e traballadoras da marca a unha folga indefinida no departamento de atención ao cliente o pasado ano. Esixíase o aumento en 4.000 euros anuais do soldo lineal e o fin dos recortes ao persoal, que reducirase nun 23% polos procesos de dixitalización nesta área. Tras 97 días, a folga rematou cunha vitoria.
En terceiro lugar e como tamén vimos informando en La Campana, a afiliación do Sindicato Federal Ferroviario da CGT, SFF-CGT, decidiu manter as xornadas de loita durante as próximas semanas. Segundo o último comunicado emitido “Seguimos mobilizados porque o acordo asinado entre o Ministerio de Transportes, a Generalitat de Catalunya e SEMAF, CCOO, UXT e SCF non garante absolutamente nada. NON NOS CONVENCE. Por moito que tenten adornalo. O persoal ten memoria, e sabe que os grandes desastres fraguáronse sempre así: con promesas de continuidade que acaban en privatización, partición e desmantelamento do servizo público”. Ás próximas xornadas de folga están convocadas para o 26 de marzo e 1 de abril. Para o SFF-CGT o que está en xogo non é só unha liña, unha empresa ou unha rexión, “É o modelo ferroviario. É o emprego público. É a integridade do ferrocarril”. Tras que o SFF-CGT non asinara o acordo, como sinalabamos a semana pasada eliminándoo das actas da mesa de negociación da que CGT forma parte por dereito e confianza dos traballadores, continua o xogo sucio co castigo aos sindicatos non asinantes. Segundo o SFF-CGT “Nos invisibilizan por dar voz ao persoal, mantendo reunións como a Mesa de Normativa de Renfe sen informarnos da súa continuación. Todo vale para silenciar a quen non asinamos a súa paz social”.
Ao meu entender, o SUTSO de Pontevedra debe atender estes tres chamados organizando concentracións, repartindo octavillas ou amosando a solidariedade de calquera outro xeito, na cidade de Pontevedra.