VII Época - 85

QUÉ MEDIOS POÑEN OS ESTADOS PARA EVITAR AS MORTES E ACCIDENTES LABORAIS?

Temos que lamentar outra vítima mortal máis no sector ferroviario. Foi en Getafe, na madrugada do 28 de outubro de 2025 mentres traballaba no mantemento da vía, tras ser arroiada por un tren.

Recentemente, no pasado número 82 de La Campana do 6 de outubro, tres días despois de que sucedera, dabamos conta doutra morte en Torreblanca (Castelló). Informabamos da defunción de Edgar, un traballador de 30 anos, ao recibir unha descarga eléctrica mentres facía traballos de mantemento na catenaria do ferrocarril. Segundo explicaban desde a CGT de Castelló “Edgar, sen experiencia previa neste tipo de labores, tiña un fillo e traía traballando 3 días para a empresa”. Os traballos consistían en solucionar un corte de tensión nas dúas vías da catenaria que vai desde Las Palmes ata Ulldecona e estaban a transcorrer con normalidade e de maneira segura, ata que ocorreu o accidente entre as 4 e as 5 da madrugada, segundo informaban desde CGT, “cando se lle ordenou subir a un pau da outra vía para realizar unha medición e nese momento recibiu a descarga, polo cal se pode deducir que non se comprobou a ausencia de tensión na outra vía, incumprindo o protocolo obrigatorio”.

A nova morte en Getafe, que agora lamentamos, produciuse, segundo as primeiras informacións facilitadas pola CGT, cando un compañeiro estaba a traballar nun tren de bateo, que remove o balastro da vía. Ao baixarse do tren de bateo, foi arroiado por un tren que circulaba pola vía adxacente. O suceso ocorreu pasadas as 4.30, cando o home atopábase traballando nas vías do tren á altura das rúas Rio Guadalquivir e Rio Odiel, nun polígono industrial. Segundo denuncian as secciones sindicais estatais de CGT en ADIF e RENFE “este accidente mortal produciuse nun ámbito no que CGT, xunto ao resto de sindicatos de ADIF e RENFE, levamos anos denunciando a falta de seguridade nos traballos nas vías, que afectan a todo o persoal ferroviario, pero especialmente aos compañeiros de contratas ferroviarias”. Para estas seccións sindicais “a privatización do ferrocarril é un proceso continuado que desde hai anos vai coméndose a anacos o servizo público ferroviario, mediante externalizacións de servizos a empresas privadas en case todas as áreas de RENFE e ADIF”. Esta privatización do ferrocarril trae como consecuencia que “en servizos como sinais, vía ou liña electrificada, a externalización supón rebaixar o nivel de seguridade do persoal pola rotación de traballadores, as dificultades de coordinación entre distintas empresas e pola precariedade laboral, que permite ás empresas privadas obrigar a traballar baixo ameazas en condicións perigosas que os empregados públicos non aceptan” sinalan as secciones sindicais estatais de CGT en ADIF e RENFE. “Mentres tanto, ADIF mira para outro lado e non fai caso ás denuncias dos sindicatos” conclúen as seccións.

Hai que lembrar que en 2024 chegouse aos 830 mortos de persoas traballadoras, un 8’9% máis respecto ao 2023. Segundo os datos da última actualización do Barómetro OSH da Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA), unha plataforma interactiva de datos que permite explorar exhaustivamente indicadores de sinistralidade e de condicións laborais nos 27 Estados membros, no período 2023-2024, España rexistrou unha taxa de accidentes mortais de 1,8 por 100.000 traballadores, lixeiramente por encima da media da UE (1,7) e de países como Francia (1,5) ou Países Baixos (1,6). A construción concentrou o 31 % dos falecementos en obra, fronte á porcentaxe europea do 24%.

A sinistralidade laboral e os accidentes mortais constitúen unha das principais eivas deste sistema que padecemos, baseado na tiranía do traballo asalariado. Se facemos unha comparativa entre as persoas mortas en accidentes de tráfico no estado español en 2024, 1.154 persoas, e as 830 que nese mesmo ano morreron no traballo, estas últimas son un 27% menos. É dicir, ao mesmo tempo que morren 4 persoas na carreteira, 3 morren no traballo. Sen embargo os medios e recursos empregados polo estado para evitar esas mortes son inmensamente desiguais. Esta simple asociación de ideas delata á natureza do estado; represora e dirixido impunemente dende o empresariado.

O pasado luns 13 de outubro coñeciamos a última estadística do Ministerio de Traballo que facilitaba os datos ata agosto. Segundo esa estadística, temos que lamentar a morte no traballo de 489 persoas. As vítimas mortais nestes oito meses do ano representan un fracaso sistémico. Non podemos permitir que as cifras se normalicen. É hora de actuar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *