UNHA PLANTILLA FARTA DE PAGAR TODOS OS PRATOS ROTOS DERIVADOS DAS OCORRENCIAS DA PATRONAL
Entrevista a MIguel Visconti, delegado sindical de CGT Correos Pontevedra
No número anterior, difundíamos a mobilización da Sección sindical de CGT Correos Pontevedra, que en pleno Nadal saíu ás rúas de Vigo para denunciar a súa situación. Aproveitamos a convocatoria para falar con Miguel e actualizar, un pouco máis polo miúdo, esa situación.
Dende a manifestación do 27 de Xuño en Madrid, ata o número inmediatamente anterior a este, La Campana non publicou nada sobre a situación de Correos. Daquela, e durante todo o ano, a CGT de Correos mobilizouse para que as corporacións sindicais, CCOO, UGT, CSIF e SL reverteran a súa aceptación do Acordo Marco, o “Acordo da vergoña” que impoñía os recortes que pretende a dirección. Despois da mani, o día 30 de Xuño non houbo sinatura ningunha, ao contrario de como estaba previsto, por parte das corporacións sindicais do acordo. Que pasou co Acordo da vergoña dende entón?
O acordo da vergoña tiña uns prazos para que se concretasen unha modificación do actual convenio antes do 15 de marzo para plasmalo no IV convenio antes do mes de outono, ademais di explícitamennte que se antes do 15 de marzo non se acada esa modificación do convenio o Acordo Marco decaerá. Pero as presións da plantilla coa súa participación nas folgas e manifestacións que convocamos acadaron que non se cumprise ningún dos prazos establecidos. Entón prorrogáronse ata o 30 de xuño os obxectivos marcados ata o 15 de marzo incumprindo todas as partes a cláusula de que decaería o Acordo. A plantilla da man da CGT continuou manifestando a súa desconformidade e seguen a día de hoxe sen concretarse a modificación do actual convenio e a sinatura dun novo. Dos puntos do acordo sí que se levou a cabo o plan de excedencias voluntarias de funcionarios e funcionarias, plan que se fai con regularidade en Correos, non é nada novo, e con condicións que non eran nada favorables, de 3.000 traballadores/as que cumprían os requisitos só a solicitaron 478 e se lles concederon a 72. Outro incumprimento do acordo foi que ao sacar ao persoal de Correos dos centros nodais preferentemente se lles pasaría a xornada completa.
Que pasou co acordo da vergoña dende entón? Pois no mes de xullo os sindicatos CCOO, UGT e CSIF chegaron a un acordo que chamaron “continuación avance das liñas básicas a trasladar ao IV convenio colectivo”, voltándose a reunir o 30 de outono para ampliar as liñas acordadas. Entre elas destacan plan de rexuvenecemento de plantilla cun plan de saídas voluntarias para o persoal fixo, no que a día de hoxe o único que se fixo foi pedir datos das/os traballadoras/es cos 58 anos cumpridos ao rematar este 2025. datos tales como vida laboral e bases de cotizacións, co obxecto de saber canto persoal estaría interesado. Descoñecemos as condicións nas que se produciría.
Destaca tamén unha implantación dunha bolsa de horas, do 10% da xornada (170 horas), onde sería a empresa quen decidiría cun preaviso de nove días cando traballamos esas horas, non pudendo a xornada ser de menos de 5 horas nin de máis de 9. Coa idea de evitar contratacións cando hai máis carga de traballo. Unha clara desregularización da xornada a interese da empresa. Os sindicatos asinantes xa pregoaron que a adhesión á bolsa dos/as traballadores/as sería voluntaria, pero unha vez se nos inclúa é de obrigado cumprimento se te avisan con 9 días de antelación. Estas horas serían de xornada ordinaria e non horas extras. Esta bolsa de horas era para comezar no outono pero a día de hoxe aínda non se implantou. O 30 de outono acordaron que participar nesa bolsa conlevaría unha gratificación económica pero non dixeron de canto.
Tamén se aprobou a regularización das vacacións fora do período ordinario que no convenio actual é de xuño a setembro.
Na xuntanza de outono decidiron abrir un portal de emprego, que xa está operativo, para que quen queira traballar en Correos se inscriba nel xa que queda pouco persoal nas bolsas que existen para tal efecto. O que deberían de facer é abrir novas bolsas se as antigas xa non dan servizo, que sexan transparentes e non un portal de emprego opaco do que non podemos saber cales son os criterios que seguen para a contratación de persoal.
Nunha vida tan aciaga ultimamente como a laboral, e polo tanto tamén da súa némesis sindical, dende La Campana percibimos a relevancia da loita en Correos. É dicir, a relevancia de situar ás corporacións sindicais no seu sitio, no lado da patronal, e de enfrontarse a esa perversión aínda que sexa en minoría dende a loita obreira. Como decides vos, “Correos sálvase loitando”. Recentemente tivestes un congreso. Como valorou o Congreso a loita sindical de CGT Correos? Como valorou a situación actual e cales foron as propostas aceptadas para enfrontarse a ela?
A valoración da loita que se fixo neste 2025 é moi positiva, máis se temos en conta que a CGT non é un sindicato maioritario. Pero a plantilla, farta de pagar todos os pratos rotos derivados das ocorrencias da dirección, respondeu moi ben as xornadas de folga e pensamos que todos os atrasos e atrancos que está tendo a implantación do Acordo Marco veñen derivados desta loita por parte da plantilla. Houbo tamén moito traballo sindical, desprazándonos a todos os centros para explicar o Acordo Marco asinado con detalle e as súas consecuencias. O sindicato libre xa se desmarcou deste vergoñento acordo que asinou hai agora un ano, e o resto de sindicatos asinantes víronse forzados a polo menos tratar de disimular e intentar convencer á plantilla de que están poñendo trabas ás pretensións tan precarizantes que a empresa desexa incluír no vindeiro convenio e de que as que asinan son por que non queda máis remedio para a viabilidade da empresa polas perdas que ten. Cando un servizo público debe valorarse sobre todo polo servizo que se da e non por se da perdas ou beneficios, para iso pagamos impostos, para que se preste un servizo e non para que gañe cartos non se sabe quen. De feito a dirección cobra todos os pluses por obxectivos todos os anos, aí non importan as perdas, ademais de que Correos pertence á SEPI que sí que ten beneficios.
En xeral, cales foron os acordos mais relevantes do congreso de Correos? Como valorou a situación actual e cales foron as propostas aceptadas para enfrontarse a ela?
A pesares do éxito da loita, no último congreso deci-dimos agardar a que haxa máis novidades nos avances das ne-gociacións, xa que de momento non hai practicamente ningún, e tendo en conta de que xa de por sí temos unha situación precarizada temos que ter cautela a hora de pedirlle a plantilla que faga máis xornadas de folga, por que con un salario próximo ao SMI corremos o risco de que as folgas deixen de ter tanto seguemento polas perdas económicas que conlevan. Así que decidiuse seguir loitando dun xeito que non afecte tanto ao bolsillo, sendo as asembleas provinciais as que valoren como protestar a través doutros mecanismos como concentracións, reunións con asociacións veciñais… e incluso as seccións que o consideren por que ven ánimo de folgas nas súas seccións que as convoquen. Coñecendo o historial da empresa non sería de estrañar que houbese novos movementos durante as festas e a partires de aí tomariamos novas decisións.
O pasado 23 de decembro a sección sindical de Correos Pontevedra convocastes unha concentración na Oficina central en Vigo. En pleno centro do espectáculo navideño da cidade. Supoño que elixiuse ese lugar precisamente pola gran visibilidade navideña pero porque decidides mobilizarvos?
O que pretendiamos é dar visibilidade á nosa situación, por iso ese día e esa localización con tanta xente nas rúas, informar á cidadanía do que está ocorrendo en Correos, porque somos un servizo público e lles afecta moi directamente. Correos está priorizando a paquetería e servizos a empresas privadas como a contratación de seguros AXA sobre as notificacións, e o correo en xeral. É bastante habitual, por exemplo, que a xente perda citas médicas ou citacións xudiciais pola demora na entrega postal por mor da falta de contratación e de que se nos esixe priorizar outros servizos, como dicimos, nalgún caso de empresas privadas.
Esta mobilización do 23 de decembro, foi unha mobilización illada ou está dentro dunha estratexia máis amplia? Como ides continuar a loita a sección sindical de Correos?
Como dixemos antes, ven dunha estratexia derivada do congreso de novembro, de seguir loitando tratando de non precarizar máis a plantilla. De momento vai facer un ano da sinatura dun Acordo que tiña que implantarse en marzo e que gracias a loita da plantilla está demorándose moito máis do que a empresa contaba, entón estamos tamén un pouco á expectativa de ver cal é o seguinte paso que se da para tomar as decisións que entre todas e todos consideremos máis axeitadas.
