HOMENAXE A RAFAEL AMOR
Redondela, 24 de Maio de 2025
Este sábado, celebrouse en Redondela unha homenaxe ao poeta e músico Rafael Amor. A proposta desta homenaxe partiu da súa compañeira, Pili, que recentemente chegada da Arxentina, pretende seguir con estas homenaxes que ven de celebrar alí, na Arxentina. Foille doado atopar músicos, poetas e artistas residentes na contorna para intervir no acto. A Plataforma de Activistas Culturais e Artistas, Sinha PACA encargouse de invitar aos artistas. Tamén invitou a este semanario, La Campana, que con modestia, honra e amor aceptou inmediatamente. O acto foi conducido pola propia Pili que achegounos á sinxeleza, humor, sinceridade e beleza da obra e vida de Rafa, seguindo a estela do seu apelido.
Esta foi a intervención de La Campana no acto.
Supoñemos que vos preguntaredes, que é La Campana. Neste presente que padecemos, sometidos ao control de todos os aspectos das nosas vidas, dominado o noso pensamento a través do espectáculo e o entretemento da cultura de masas, os brotes de vida permanecen ocultos.
La Campana é un semanario anarcosindicalista editado en Pontevedra con décadas de traxectoria.
Llamarada y humo negro, crecen,
y entre chispa y reverbero,
con perfiles de ceniza
los piqueteros
A indivisibilidade entre vida, pensamento e acción. A resistencia á alienación, ao roubo da nosa esencia humana para ser ofertada como mercadoría.
O descubrimento da poesía, da espontaneidade creativa humana que se estende por todos os aspectos da vida e prolongase no mundo.
A poesía, que contradí á sociedade burguesa ou calquera sociedade basea-da na autoridade e a desigualdade.
A poesía, que exalta a imaxinación, a liberdade e o desexo, e pon en tea de xuízo á lei e ó dereito, a economía e a miseria, o traballo e os costumes.
Quizais, ese entender da poesía fixo que o colectivo de La Campana descubrira a Rafael Amor
Para gritarles ¡Vivo! ¡Soy dueño de mi mismo y Vivo!
Y seré tu compañero para el sueño y la poesía
Os pes no chan, a luz primixenia do Romanticismo e a Comuna de París das revolucións obreiras, de Louise Michel ou Durruti do maio do 68, do Black Power, dos Tupamaros do Zapatismo e a resistencia armada palestina da unidade entre vida e poesía
Amo el asombro de cada momento
y no me pierdo de la vida nada
por prestarle atención será que tengo
la camiseta siempre manchada
As persoas que compoñemos o Colectivo La Campana dun xeito ou outro, coincidimos algunha vez durante as nosas vidas con Rafael Amor, que, con modestia e camaradería puxo en valor o noso facer, compartimos vida e ansiada liberdade, Rafael cantaba
Sólo los que se liberan, conocen
la libertad”
e coñecéndonos, sabendo que levamos un mundo novo nos nosos corazóns, con complicidade, cantounos
De elegir el pedo ya no aguanto más
tengo las urnas llenas…de tanto votar
Agora, no presente, cando nos invade a desesperanza, cando o control da vida é absoluto, cando a destrución da natureza é o progreso, cando as persoas que deixan a vida no traballo, redúcense a unha impasible estatística: dúas e pico ao día, cando miles morren tentando cruzar unha maldita fronteira, cando o espectáculo entretén televisando o xenocidio, seguimos cantando á resistencia como canta Rafael Amor.
La Campana, cada semana, todas as semanas, o primeiro, antes de nada, que podes ler é:
Te han sitiado corazón
y esperan tu renuncia
Los únicos vencidos, corazón,
son los que no luchan.
No te entregues, corazón libre.
No te entregues.
