78 ANIVERSARIO DA PARTILLA DA PALESTINA
29 Novembro: Manifestación-roteiro en Pontevedra
CGT Pontevedra, conxuntamente con Pontevedra con Palestina e a Rede Galega pola Palestina, baixo o lema “Embargamento de armas integral e ruptura total de relación con Israel”, convocan unha manifestación-roteiro en Pontevedra, que, sairá o 29 de novembro, [Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino, no aniversario da funesta partición de Palestina, en 1948] da rúa Loureiro Crespo (fronte o Hospital), as 20:00h. No recorrido, fará paradas diante de empresas que colaboran co xenocidio do pobo palestino e o réxime de apartheid, ocupación, roubo e sanguenta colonización israelí de territorios palestinos.