FOLGA CONTRA A DIXITALIZACIÓN EN H&M
O pasado xoves 23, un grupo de afiliadas e afiliados do SUTSO de Pontevedra concentrámonos diante da tenda que a multinacional sueca de “roupa sucia” H&M ten no centro de Pontevedra. Respondiamos así ao chamado de solidariedade das traballadoras de H&M online que solicitaron aos distintos sindicatos da CGT que realizaran piquetes informativos diante das tendas para informar sobre a longa loita que levan soportando. Esta ferramenta de expansión da solidariedade obreira a través do sindicato é unha ferramenta moi efectiva e que merece ser recuperada con moita máis frecuencia. Ademais de amosar unha extensión do conflito con resultados impredicibles e non desexados pola patronal, fai visible ao sindicato na rúa, non por redes sociais ou comentarios na virtualidade. Na rúa, onde debe estar, amosa á clase obreira que clase de sindicato somos e como deféndense os dereitos dos traballadores. Con solidariedade.
Este conflito esta sendo seguido de cerca dende estas paxinas de La Campana e aínda que os lectores están informados, seguímolo facendo puntualmente.
O persoal de H&M en liña loita contra as consecuencias do proceso de dixitalización agresiva que a marca sueca emprendeu a nivel global, que en Atención ao Cliente significou decenas de despedimentos e de modificacións de postos de traballo pola implantación de programas informáticos, pero tamén graves problemas na conciliación persoal provocados por sistemas de control de tempos xestionados en boa parte por algoritmos inhumanos.
Estes procesos de dixitalización comezan a ser unha ameaza para os postos de traballo en todo tipo de vendas e a clase obreira ten que comezar a enfrontarse a estes procesos e organizarse para que esta loita sexa efectiva. CGT participou recentemente en encontros internacionais con outras organizacións sindicais en diversas empresas como H&M, INDITEX, IKEA ou PRIMARK, enfocados en afrontar de forma conxunta a dixitalización agresiva das grandes multinacionais do sector comercio téxtil.
Estes cambios xeran beneficios a H&M, pero afecta enormemente na saúde laboral das persoas alén do teléfono, centradas en solucionar os problemas dos clientes, pero condicionadas a unha pronta resposta por encima da calidade afeita. O nivel de absentismo aumenta, como o fan as baixas voluntarias de persoas fartas de ser espremidas por unha empresa deshumanizada. O persoal reduciuse en tan só un ano das 270 persoas a escasas 200.
As traballadoras reclaman recuperar o poder adquisitivo, retribucións polas novas tarefas absorbidas pola reestruturación, melloras na conciliación e contratacións de calidade. H&M ofreceu unha subida de 1% a partir de xaneiro de 2025 nas mediacións realizadas, ademais de pequenas melloras cosméticas que foron rexeitadas polo persoal en Asembleas previamente ao comezo da Folga Indefinida.
H&M mostra a súa irresponsabilidade social ao non atender ás reclamacións do persoal, que segue firme no seu rexeitamento ás consecuencias do proceso de dixitalización abusiva no que se atopa. A nivel global, H&M volveu ao nivel de vendas de 2020, reducindo o persoal en 20,000 postos de traballo.
A folga indefinida comeza tras sete xornadas de folga realizadas entre novembro e decembro de 2023 nas que houbo un gran seguimento, e das posteriores reunións e mediacións ante a autoridade laboral, onde a dirección de H&M non mostrou vontade real de negociar as melloras laborais e salariais esixidas polo persoal que pasan por recuperar o poder adquisitivo perdido e mellorar unhas condicións laborais precarias que apenas experimentaron modificacións nos dez anos desde a apertura do centro
O centro de Atención ao Cliente da tenda en liña de H&M cumpre máis de 30 días de Folga Indefinida que se iniciou o 25 de abril convocada pola CGT, maioritaria no Comité de Empresa, no seu centro de Barcelona, onde se dá servizo á tenda en liña de oito países (España, Italia, Francia, Grecia, Chipre, Portugal, Finlandia e Noruega). Mais de 100 persoas sumáronse á Folga e a media do seguimento é do 40%. Nun día habitual poden recibirse uns 10000 contactos, co que a alta e continuada participación na Folga provoca demoras nas respostas e liñas cortadas durante franxas horarias.
Se durante o último mes as usuarias tiveron un problema co seu pedido en liña de H&M e tentaron contactar para solucionalo, é moi posible que sufrisen demoras en ser atendidas por unha persoa. Más probable é que recibisen locucións e mensaxes automáticas dirixíndoas á páxina web por respostas, ou que recibisen respostas persoais de información por un chat automático.
CGT acudiu a Inspección de Traballo para denunciar posibles vulneracións do dereito a folga por substitución de traballadoras. Tamén manifesta o seu rexeitamento ante a resposta de H&M cara aos axentes, denegando vacacións e permisos e o envío de comunicacións a traballadoras que decidiron secundar a Folga cuestionando a legalidade da mesma. Desde o inicio do conflito laboral no verán de 2023, as sancións ás traballadoras neste período triplicaron o número das emitidas nos dous anos anteriores.
(fonte: CGT Barcelona)