I FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA DE PONTEVEDRA
29 – 30 de xuño, na Praza da Ferrería
Os días 29 e 30 de xuño están convocados polo Ateneo Libertario de Pontevedra tódolos colectivos e individualidades simpatizantes coas ideas libertarias a xuntarse na vila de Pontevedra nunha fin de semana de libros, fanzines, coloquios, palestras, música e obradorios. Pódese solicitar un posto para a vosa editorial, distribuidora ou colectivo enviando un correo a ateneolibertariopontevedra (arroba) gmail.com – Programa de actividades:
Sábado, 29 de xuño:
11:00h – Apertura da feira
12:00h – Presentación de “Ruptura y reparación de la máquina” coa súa autora, Itxi Guerra
13:00h – Obradoiro de técnicas básicas de encadernación, con alouette machine
14:00h – Monicreques (para cativas e maiores): A pinga e a lavandeira
16:00h a 18:00h – Obradorio colectivo: “Imaxinando escenarios de autogoverno nunha Galiza post-petróleo, con Vespera de nada.
19:00h – Palestra: Anarquía fronte á crise ecosocial, con Futuro Vegetal
20:00h – Concerto, cea e peche da xornada
Domingo, 30 xuño
11:00h – Apertura da Feira
12:00h – Dinámica: Reflexionando sobre o uso do alcohol nos movementos sociais
13:00h – Lembrando a Pastora. Homenaxe poético e musical
14:00h – Xantar e peche da Feira