VII Época - 42

ARRODEEMOS A XUNTA DE GALICIA

Manifestación contra a macrocelulosa Altri na Ulloa

A Plataforma por unha Ulloa Viva, convoca para o domingo 30 de xuño unha nova mobilización contra o proxecto de instalar en Palas de Rei, na ribeira do río Umia, unha macrocelulosa.  O obxectivo fáctico da manifestación é arrodear o edificio central administrativo da Xunta en San Caetano, en Santiago de Compostela, ata lograr que o goberno galego paralice a tramitación do proxecto de Altri e o goberno central bloquee a concesión de fondos europeos dos Perte, a unha instalación noxenta que, de levarse a efecto, provocará graves danos ambientais e sociais en gran parte de Galicia, dende a súa rexión central ata a Ría de Arousa, onde desemboca o río Ulla.

Para facilitar a asistencia, diferentes organizacións sindicais e colectivos sociais están a organizar autobuses dende as súas localidades respectivas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *