VII Época - 42

O COMITÉ DE EMPRESA DE COMPONENTES AERONÁUTICOS, COASA, CONVOCA UNHA MANIFESTACIÓN NA CIDADE DE OURENSE PARA O 25 DE XUÑO

Nos dous últimos números de La Campana faciámonos eco do conflito que se está a producir en COASA, Ourense, onde a CGT preside o comité de empresa. Concretamente na anterior semana publicabamos unha entrevista con Daniel, secretario do comité de empresa, onde explicábanos polo miúdo os detalles do conflito e da folga que están levando adiante. Se non a liste na semana pasada recomendamos que o fagas agora. Tamén agora acabamos de recibir un chamado dende o comité de empresa. É o seguinte:

Empresa e Comité de Empresa levan dende outubro de 2023 negociando unha mellora do Convenio de Químicas. O Comité de Empresa de Componentes Aeronáuticos COASA (Parque tecnolóxico de Galicia –San Cibrao das Viñas, Ourense) ven de convocar unha manifestación para o día 25 de xuño as 10:30h con saída dende o Parque de San Lázaro e finalización na Subdelegación do Goberno pasando pola rúa Xoan XXIII, rúa Progreso e rúa do Paseo. Esta manifestación convócase despois de catro días de folga e un seguimento do 100% dos operarios e un alto seguimento do persoal de oficinas.

A última mellora acordada polo Comité anterior é de 2016, que quedou paralizada pola COVID, pero agora que o sector aeronáutico crece, as traballadoras e traballadores de COASA esixen melloras, sobre todo económicas, xa que a perda de poder adquisitivo dende o 2016, según o INE, foi de máis de un 20%.

Dende o Comité de Empresa nin sequera piden que se iguale ese 20%, pero si que parte da subida salarial séa consolidable. A económica está entre as reclamacións máis importantes, pero existe tamén un mal estar dentro da factoría por mor da desorganización que acaba causando desconcerto diario. As empresas aeronáuticas galegas e de todo o Estado veñen recibindo subvencións dende a administración dende os seus inicios, por esa razón tamén se solicita que haxa unha implicación directa das institucións na solución do conflito.

Estas son parte das reivindicacións dunha plantilla que se considera maltratada dentro do grupo Aernnova, plantilla que leva “arrimando o ombro” dende que COASA abriu as portas hai máis de 20 anos, e que cada poucos anos ten que entrar en conflito para poder crecer minimamente.

O pasado 28 de maio a empresa presentou unha proposta sendo rexeitada polo 80,4% da plantilla. E un segundo preacordo con parte do Comité foi rexeitado polo 58% das traballadoras e traballadores.

En caso de que a empresa non atenda a negociar as nosas melloras CONSOLIDABLES a folga continuará os días 25 e 27 de xuño.

Comité Empresa COASA 21/06/24

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *