VII Época - 43

I FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA EN PONTEVEDRA

Organizada polo Ateneo Libertario, coa colaboración da CGT, tivo lugar en Pontevedra este fin de semana, 29 e 30 de xuño, a I Feira do Libro Anarquista.

A calzada dos Xardíns de Casto Sampedro, a carón da céntrica Praza da Ferrería, cubreuse coas mesas expositoras das editoriais e colectivos participantes, a carpa da organización e o ara homenaxe a Pastora González Vieites.

La Campana conversa con Iría, Javi e Adán, tres das persoas organizadoras de esta Feira do Libro Anarquista, cando xa rematou a primeira das xornadas.

La Campana – Sodes tres das persoas organizadoras diste agardado acontecemento na cidade de Pontevedra, cómo xurdiu entre vós a idea e se adoptou a decisión de organizar nesta cidade a I Feira do Libro Anarquista?

I.J.A. – Xurdiu dun xeito espontáneo e natural, entre compañeiras e compañeiros que compartimos unha forte afinidade ideolóxica e de loita libertaria. Ademáis, temos a experiencia de haber participado dalgún xeito noutras Feiras do Libro Anarquista en Galicia e na península. Así que chegou con que coincidísemos en Pontevedra, para animarnos e por o noso empeño en facela.

La Campana – Cómo foi o proceso de organización?

I.J.A. – Según se iban incorporando ó proxecto outras compañeiras e compañeiros coa mesma inquietude e afinidade, organizouse todo de xeito asembleario e autoxestionadamente, con procedementos de autoxestiòn de recursos, tanto económicos como materiais. Tódalas decisión se tomaban en común, de xeito que, pouco a pouco, o proxecto orixinal foise definindo, ata ofrecer o resultado que esta fin de semana se materializa en Pontevedra.

La Campana – A Feira está a ser un éxito.

I.J.A. – Unha Feira do Libro Anarquista nin é nin pode ser nunca unha simple exposición comercial de libros, aínda que sexan de temática libertaria e anarquista. Concebímola como un dinámico lugar de encontró, de debate, de aprendizaxes e respeto mutuo. Con ise espíritu, como se recolle no programa e no cartas, entre o sábado e o domingo fixemos talleres, presentación e debates de ideas e criterios que fan máis rica a loita individual e colectiva e compartimos a comida e disfrute veganos.

La Campana – Conseguir todo iso tivo que costar un gran esforzo de contactos e entrevistas.

I.J.A. – Antes que nada, temos que sinalar que nada do feito houbera sido posible sin a colaboración e o apoio anónimo, pero moi real, de outras moitas persoas. Gracias a ise esforzó colectivo, conseguimos a participación na Feira de once colectivos, grupos editoriais e publicacións anarquistas de distintos lugares de Arxentina, Asturias, Cataluña, Galicia, Madrid ou Portugal, como Ardora, Arroutada, Colapso, Descontrol, Ekintza Zuzena, Imperdible, La Campana, Maldatesta, Polaris, Reconstruir, Redes para o Decrecemento e Taula Roja, así como a participación nos encontros de debate do colectivo Véspera de nada, a actuación do cantautor galego Leo de Matamá, a realización dos talleres de “monicreques (para cativos e maiores): A pinga e a lavandeira” e de “técnicas básicas de encadernación”, con alouette machine ou a presentación de “Ruptura y reparación de la máquina” pola súa autora, Itxi Guerra.

La Campana – Qué obxectivos vos puxéstedes?

I.J.A. – Dende o principio, consideramos como un dos obxectivos principais do noso proxecto o feito de que servirá para ir avanzando, construindo ou, millor aínda, texendo redes cada vez máis amplas de colaboración e acción colectivas nos nosos ámbitos libertarios e anarquistas. Ese é o noso afán.

La Campana – No programa destacades a celebración dun homenaxe a Pastora (Pastora González Vieites, nai do militante anticarcelario Xosé Tarrío) finada na Coruña fai catro anos.

I.J.A. – A historia de Pastora é unha historia de resistencia, loita, amor e raiba rebelde a toda inxustiza, que nos conmoveu. Así que non dudamos en ofrecerlle este homenaxe en Pontevedra, colocando unha placa co seu nome no muro ó pe do que celebramos esta primeira edición do libro anarquista. Ademáis, a Feira vaise pechar este domingo cun emotivo recital musical e canción, executado por amigos e coñecidos seus vindos dende A Coruña.

[NOTA: Así foi o domingo pola mañán, de xeito que nas improvisadas letras das canción, unha e outra vez, repetíase o seu nome sinalábanse as súas características de muller loitadora, infatigable o seu corazón aberto á solidariedade e a rebeldía contra a cárcel e contra todo o que constrúe a pena carcelaria]

La Campana – Un dos actos anunciados era a realización do Taller colectivo “Imaxinando escenarios de autogoverno nunha Galiza post-petróleo”, con Véspera de nada. Qué significado dades a esta intervención?

I.J.A. – Trátase dunha actividade caracterizada polo seu dinamismo e viveza, que supera o esquema típico das charlas-coloquio co seu clásico ponente-moderador. Na nosa proposta tódalas persoas participantes, individualmente ou en grupos reducidos, actúan como ponentes das súas propias opinións en torno a un cuestionario compartido ò comenzo do Taller. Neste caso, as participantes confrontaban as súas intuicións sobre a realidade posible (ou desexada) que se podería presentar nalgunhas zonas de Galicia, máis aló do 2050, cando xa os combustibles fósiles houbesen decaído como fontes de enerxía. Qué ensino? … Qué sanidade? … Què coidados? … Qué producción? … Qué alimentos? … Qué relacións sociais? … Qué intercambios? …

A realización desta actividade, o sábado pola tarde, foi todo un éxito, xa que estaba prevista para dúas hora e rematóu ocupándonos gratamente máis de catro horas.

La Campana – Tanto as persoas visitantes como as participantes nos talleres e espectadores nas distintas actuacións musicais e componentes dos colectivos editoriais andan a expresar o seu respecto e valoración positiva da Feira anarquista. E vós, què valoración facedes os organizadores? Lográstedes os obxectivos?

I.J.A. – A nosa valoración é moi positiva en tódolos aspectos. En primeiro lugar polo ambiente sereno no que se desenrolou a actividade ao longo de toda a xornada, así como o grado de participación amistosa entre quenes acudían ós actos.

En segundo termo, tamén valoramos positivamente o grado de cumprimento dos obxectivos que nos propuxéramos; conseguindo tercer redes de colaboración, apoio mutuo e intercambio de loitas e experiencias no ámbito libertario galego e da península, que terán que ser ampliados nas novas edicións da Feira e traer a Pontevedra a difusión de libros, textos e reflexións sobre o momento e a sociedade que vivimos, realizados dende perspectivas libertarias e anarquistas diversas.

Salientamos tamén como un feito de gran importancia, realidade interxeneracional manifestada nesta edición pontevedresa. Dende o primeiro momento, fíxosenos patente o amplo abanico de idades que definía tanto aos visitantes e ocasionais interesadas como aos integrantes dos diferentes colectivos.

Ó día seguinte desta entrevista, pasadas as 15:00 horas do domingo en que se clausurou a I Feira do Libro Anarquista de Pontevedra, tras a intensa xornada co homenaxe a Pastora, o concerto musical na súa honra e o descubrimento da placa co seu nome, chamamos a Iría-Javi-Adán para compartir a ilusionada necesidade de vernos o ano que ven na II Feira do Libro Anarquista de Pontevedra.

I.J.A. y La Campana – Qué asi sea y así será.

1 comentario

  • LUIS ANGEL IGLESIAS PAZOS

    Buenos dias compañeros soy un anarco desde los 17 años tengo setenta ya podreis imaginar y escribi mi primera novela ahora de jubilado que recomiendo que le echeis un vistazo,me acabo de enterar que tuvisteis la I Feria del Libro,lo siento pero no pude asistir de todas maneras echarle un vistazo a

    CARLOS CASAL TROITIÑO DETECTIVE PRIVADO

    LUIS ANGEL IGLESIAS PAZOS

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *