ALIMENTOS CON SELO “DE CLASE”
Cada día máis, cando imos mercar alimentos temos que fixarnos no prezo. Non é un segredo que os prezos da alimentación, así como outras necesidades básicas, veñen escalando perigosamente ata cotas que á clase traballadora, a maioría das persoas, resúltalles imposible alcanzar. Non só a clase obreira máis prercarizada, tampouco esta atención á oferta e a necesidade élle indiferente a clase obreira máis acomodada. Necesitamos comer, pero cómo consigue o sistema que padecemos ofertar 1 kg de tomates, por por un exemplo, a 2 euros? Cómo consigue a clase dominante seguir enriquecéndose e apropiándose e concentrado en pou-cas mans eses 2 euros? Sobrexplotación dos recursos e da terra, contaminación por pro-dutos fitosanitarios, sub-vencións ao transporte, ao combustible do transporte, subven-cións directas á mafia empresarial agroali-mentaria e un longo etcétera de exemplos de tránsito de capital público a privado. E poderiamos seguir con moitos máis exemplos de insustentabilidade do sistema que padecemos. Sen embargo, hai un, non tan moderno e que nos retrae no tempo a séculos pasados, aos tempos da escravitude, este é que a maioría das cousas que comemos, podémolas comer pola brutal explotación a migrantes, ou peor aínda se os producen nos seus países de orixe polas mesmas corporacións agroalimentarias. Semella que as cousas non cambiaron moito, en contra da vertixinosidade do cambio e modernización que difunde a clase dominante do sistema capitalista. Bueno! A dicir verdade ese enriquecemento da clase dominante, xa sexa a través de explotación, subvencioóns, tránsito de capitales, ou o que sexa é o mesmo de sempre por moi moderno que nolo poñan.
Unha manifestación de todo isto é o que está a pasar en Huelva e que a Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía denunciou do seguinte xeito.
Varias investigadoras da Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía, APDH, están a realizar un estudo de campo nos asentamentos de temporeiros que se sitúan na provincia de Huelva. Alí, de primeira man, puideron comprobar as condicións que sofren os numerosos temporeiros e temporeiras migrantes que se ven obrigadas a vivir en condicións insalubres tanto en Palos de la Frontera como en Lucena del Puerto. APDHA sinala “o fracaso do denominado Plan de Erradicación do Chabolismo”, posto en marcha pola Junta de Andalucía e polos municipios de Palos de la Frontera e Lucena del Puerto, e denuncia que “a ausencia de recollida de residuos nos asentamentos responde a unha cuestión estrutural onde a administración non ten en conta os dereitos máis elementais destas persoas, que se ven obrigadas a vivir en infravivendas, a pesar de que constitúen un colectivo esencial para a industria agroalimentaria da provincia de Huelva”.
A entidade andaluza, que visibiliza desde hai anos as vulneracións de dereitos das persoas que habitan os asentamentos chabolistas da provincia de Huelva, sinala que “o Plan para a Erra-dicación do Chabolismo só pretende acabar coa visibilidade dos asen-tamentos” e denuncia que “as administracións están a incumprir a legalidade, pois nin sequera es-tase facilitando o em-padroamento destas persoas, que non só residen no municipio, senón que son un colectivo imprescindible para a boiante industria agroalimentaria onubense”.
A asociación cre que “a Junta e os concellos non poden lavarse as mans” e denuncian que “é canto menos sorprendente o tratamento que as administracións están a dar ás persoas que teñen un determinado perfil étnico, coma se tratásese dunha cuestión de caridade e coma se as persoas non tivesen dereitos inherentes á súa propia condición de seres humanos”.
Desde a APDH lembran que “na maioría das ocasións estes asentamentos chabolistas son a única opción que teñen moitas das persoas que traballan no campo onubense, un dos sectores económicos máis puxantes tanto na provincia de Huelva como no conxunto de Andalucía”. “É inadmisible, é inxustificable e como sociedade deberiamos estar profundamente preocupados polas condicións en que se obriga a vivir a estas persoas”, conclúen desde APDHA.
