XI XORNADAS LIBERTARIAS 2025
CGT Pontevedra – 25 Abril / 1º de Maio
O Sindicato Único de Trabajadores “Solidaridad Obrera” (SUTSO) de Pontevedra – CGT ven organizando nos últimos años, durante a última semana de abril-1º de Maio, un tradicional ciclo de “Xornadas Libertarias”. Este ano celébrase a undécima edición baixo o lema “A solidariedade, a nosa mellor arma”. Todas as conferencias, proxeccións e charlas-coloquios terán lugar na sede do sindicato, en r/ Pasantería 1 – 3º andar, agás o “Punto Informativo – concentración pola sinistralidade laboral” que terá lugar na Praza da Peregrina. Todas as actividades comenzarán ás 19:00h.
25A: “A loita da plantilla de Correos e CGT contra o Acordo Marco”
25 abril, 19:00h – Charla-coloquio: A loita da plantilla de Correos e CGT contra o Acordo Marco. Poñentes: Ricardo Mallada, carteiro e Secretario xeral de CGT Correos, e Juan Carrique, carteiro e avogado, asesor do gabinete xurídico de CGT Correos.
A Sección sindical de Correos – CGT ven manifestando o seu radical rexeitamento do Acordo Marco que firmarán as corporacións burocrático-sindicais de CCOO, UGT e Sindicato Libre. As folgas e xornadas de loita convocadas por CGT do 26 febreiro, 5 e 14 de marzo ofreceron testimuña de que as plantillas non aceptarán o ataque os seus dereitos económicos, laborais e sociais que está detrás do Acordo Marco.
28A: Punto Informativo e concentración, “Contra a sinistralidade laboral”
28 abril, 19:00h – Punto Informativo e concentración na Praza da Peregrina “Contra a sinistralidade laboral. Nesta rutina homicida da sinistralidade laboral non hai tregua. Nin día sen morte, nin xornada sen mutilación. No ano 2024, non menos de 800 persoas perderon a vida no traballo e máis de 4.000 (4.063) sufriron dramáticos quebrantos, con moi graves ou graves secuelas.
29A: Mesa redonda, “Perante a represión, solidariedade”
29 abril, 19:00h – Mesa redonda e charla-coloquio, “Perante a represión: solidariedade”. Participan: “9 detencións, 0 explicacións” “Grupo de apoio a Abel” e “Plataforma Libertad 6 de Zaragoza”.
“9 detencións, 0 explicacións” e o movemento colectivo en solidariedade coas persoas detidas e ameazadas policial e xudicialmente en Santiago, acusadas de participación nunha manifestación pacífica fronte o despacho de Burguer King, empresa colaboradora co goberno israelí no xenocidio do pobo palestino.
“Grupo de apoio a Abel”, é o colectivo que ven denunciando a arbitraria e inxusta detención e posterior encarceramento de Abel en novembro de 2023, en Barcelona, no contexto dunha manifestación convocada pola propia asociación de Policías Nacionais e Gardias civís.
“Plataforma Libertad 6 de Zaragoza” é a agrupación de entidades sociais, sindicais, veciñais e políticas aragonesas, constituída en solidariedade e pola liberación e amnistía das persoas condenadas a penas de catro anos e nove meses de cárcere baixo a acusación, sen probas, de manifestarse en 2019 fronte un mitin de Vox.
30 A: Proxección-coloquio “Germinal”
30 abril, 20:00h – Proxección do filme “Germinal”, dirixido por Claude Berri (Francia, 1993) seguido de coloquio entre os espectadores que o consideren. Adaptación cinematográfica da extraordinaria novela de Émile Zola, “Germinal” narra a historia do xoven, Etienne Lantier, dende que chega en busca de traballo a un pobo mineiro do norte de Francia. No traballo, descubre a dramática miseria e brutal explotación que sofren as familias mineiras a mans dos propietarios e da lei implacable do réxime capitalista. Máis tamén descubre o amor e a insubornábel dignidade dunha loita obreira, sempre esperanzada por un mundo mellor, ainda que todo remate aparentemente na brutal represión exercida polo exército.
Manifestación, 1º de Maio
1º de Maio – Manifestación de CGT-Pontevedra, con saída ás 13:00 h, desde c/ Loureiro Crespo, 1 (fronte ao Hospital Provincial), ata a Subdelegación do goberno, co dobre lema en pancarta de cabeceira: “Contra a sinistralidade e a represión, organízate e loita … Internacionalismo e solidariedade con Palestina: ¡Paremos o xenocidio!”
