VII Época - 72

CLAUSURA DA II FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA DE PONTEVEDRA

Organizada polo Ateneo Libertario de Pontevedra (ateneolibertariopontevedra@gmail.com), coa colaboración de CGT Pontevedra, tivo lugar a celebración da II Feira do Libro Anarquista de Pontevedra, no paseo Odriozola (Praza da Ferrería), o sábado, 24, e o domingo, 25.de maio.

Durante todo o sábado, dende as 11 da mañá, achegáronse os postos de exposición de libros, moitas persoas, así como foi importante a asistencia das presentacións-coloquio de libros por Sol Abejón Olivera e Hector C. García, a participación no Obradoiro de creación de fanzines e audiencia do concerto de Bingo Punk.

A mesma situación se repetiu o domingo, con renovada asistencia de público e participantes no Obradoiro de creación de selos exlibris en gravado, por Alouette machine, e presentación-coloquio do libro “Más allá del Burnout + Dinámica”, a cargo da editorial Bauma.

Tras o xantar colectivo, baixo a carpa da Feira, clausurouse a II Feira do Libro Anarquista en Pontevedra pola tarde, co concerto de Cibrán e un Recital poético, en micrófono aberto.

Fonte: AL de Pontevedra

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *