CORREOS SÁLVASE LOITANDO
Unha marea de traballadoras e traballadores de correos vestidas cos seus uniformes amarelos, percorreu as rúas de Madrid o 27 de Xuño 2025 ao berro de Correos non se vende, correos deféndese. Máis de 1000 persoas procedentes de todo o estado español, amosamos a nosa disconformidade co Acordo Marco dos recortes e esiximos á dirección da empresa a negociación dun IV Convenio Colectivo digno. En Correos levamos co mesmo convenio dende o ano 2011, e as condicións laborais non deixaron de empeorar durante todos estos anos (cadro de persoal ao mínimo, sobrecarga de traballo e contratos a tempo parcial son parte do noso día a día)
A finais de 2024, Correos firma cos sindicatos CCOO, UGT, CSIF e SL un Acordo Marco para regular as nosas condicións laborais xa de por sí precarizadas. Unha vez máis, ponse de manifesto que hai sindicatos que actúan en consonancia coa empresa. Este acordo tiña que ratificarse o día 15 de marzo do 2025. Dende o primeiro momento CGT amosou a sua disconformidade ante este retroceso nos dereitos das traballadoras e traballadores de Correos e convocou en solitario varias xornadas de folga e mobilizacións, demostrando que a loita é o único camiño.
O persoal de Correos organizámonos para expresar o noso rexeitamento a tal infame acordo. No mes de marzo comenzaron as mobilizacións con varios días de folga, manifestacións e concentracións para decirlle á empresa e aos sindicatos firmantes que non imos permitir que perigue o servizo público que ofrecemos a cidadanía. Grazas á presión exercida, a empresa, o día 15 de Marzo, sábado, ás18 horas, envía un documento vía mail aos sindicatos para que asinen unha prórroga ate o 30 de Xuño. CCOO, UGT E CSIF asinan a prórroga.
Unha vez máis, o persoal organizado mobilizámonos para dicir que non queremos ese Acordo Marco dos recortes (flexibilidade laboral, produtividade, xornadas de martes a sábados, reducción nos gastos de persoal e mobilidade xeográfica son un exemplo das medidas que queren implantar). Os días 28 de maio e 27 e 28 xuño CGT convoca folga xeral con concentracións en diversos lugares.
Durante a manifestación en Madrid, no marco da xornada de folga do día 27 de Xuño, “Correos sálvase loitando”, era unha das proclamas máis maioritarias. É certo, só a loita pode facer que ese Acordo Marco da vergoña caia. A manifestación saíu do congreso dos diputados e rematou en Conde Peñalver (Xefatura de correos), neste lugar leuse un manifesto onde CGT expresou as suas proclamas, dicindo non á precarización, non á amazonización de Correos. Non podemos seguir perdendo dereitos, mentres os altos cargos teñen uns soldos astronómicos. Temos o caso do presidente de Correos que cobra 185.725,05 euros brutos ao ano mentras que a media de nómina en Correos é duns 1200 euros ao mes. Ademais os altos directivos cobran bonus pola “boa xestión” (cando a empresa según as súas contas está en números negativos). A súa inepta xestión acabámola pagando o persoal.
Grazas a mobilización, o día 30 de xuño non houbo ningunha sinatura. O día 1 de xullo Correos convoca aos sindicatos a unha reunión onde deixa claro que segue coa mesma intención de flexiblilizar as xornadas e avanzar cos seus recortes. CGT seguirá defendendo o Servizo Postal Universal, un Servizo Público de calidade e a non precarización dos postos de traballo de todos e todas.
NON AO ACORDO MARCO DOS RECORTES,
POR UN CONVENIO DIGNO

