15 OUTUBRO: PAREMOS 24 H. POR PALESTINA!
CGT Galicia convoca Folga Xeral e Xornada de mobilización
A Federación Xeral de Sindicatos de Palestina e a sociedade palestina, fixeron un chamado internacional desesperado para que a clase traballadora do mundo fagamos todo o posible para deter o intento de exterminio do seu pobo e deter o xenocidio.
Respondendo este requirimen-to, multitude de organizacións sociais e sindicais de gran número de países, veñen levando a cabo paros e folgas parciais e xerais, que forcen ós seus gobernos respectivos a romper con Israel, levantar o cerco de Gaza e non ser cómplices dun cínico Plan de Paz, en realidade un Plan de Exterminio e Xenocidio, patrocinado e orquestrado polos estados xenocidas de EE UU e Israel, representados polos seus presidentes e xefes de estado respectivos: os criminais Donald Trump e Benjamín Netanyahu. A ‘Paz’ que ambicionan o Estado de Israel e os seus patróns e cómplices non é a alternativa a ningunha guerra ou matanza que haberán de continuar, senón, polo contrario, é a súa culminación vitoriosa fronte á xusta rebelión de unhas xentes e un pobo indefenso que negase a desaparecer.
No estado español e na Galicia, as centrais sindicais, apoiadas polos movementos sociais de solidariedade con Palestina, concertáronse na convocatoria de folgas e paros para o día 15 de outubro. A CGT de Galicia, tras convocar unha reunión confederal de urxencia o pasado 2 de outubro, decidiu incorporarse a este movemento de solidariedade internacional, coa convocatoria de Folga Xeral de 24:00h e Xornada de mobilización e loita o 15 de outubro.
O estado xenocida de Israel non podería facer impunemente o intento de exterminio do pobo palestino, se non contase co apoio, financiación, comercio militar e cobertura propagandística que lle prestan, a máis de EE UU e UK, a Unión Europea e o Estado español. Esta actitude dos gobernos europeos ten provocado, en termos de humanidade e organización social, unha mostra de racismo e colonialismo, ruindade moral e desacougo insufribles; e, en termos económicos, a redución presupostaria da área social e servicios públicos, o encarecemento dos prezos da enerxía, vivenda e alimentación e de todos os produtos de consumo necesarios para o mantemento da saúde e vida digna da poboación española e galega e perda de poder adquisitivo dos salarios.
Obxectivos da folga e mobilizacións
O obxectivo da folga e mobilizacións, é, ante todo, Parar o xenocidio! e exixir ao estado español e ás súas administracións que -no noso nome e no da sociedade galega- declaren e leven a efecto de inmediato, con feitos e non meras declaracións vacuas, ás seguintes medidas:
A ruptura inmediata con Israel en todos os ámbitos, diplomáticos, políticos, económicos e comerciais, ata o cese do xenocidio e as políticas de ocupación militar, colonización e apartheid.
Facer todo o necesario para romper o cerco de Gaza, auxiliar a súa poboación e pór fin as matanzas, asedio e xenocidio.
Se recoñeza de inmediato e a nivel internacional a lexitimidade ética e histórica da loita e insubmisión das xentes palestinas pola liberdade, a vida, o pan e a dignidade, utilizando os medios e procedementos que teñan ao seu alcance, fronte á opresión, despoxo e violencia asasina que sofren a mans do sionismo nazi de Israel. Declaren a todos os membros do goberno e mandos militares israelís responsables de holocausto xenocida e apartheid, co obxectivo de provocar o exterminio do pobo palestino no seu fogar.
Declaren nulas e sen efecto todas as anexións territoriais realizadas por Israel no territorio palestino e se garante a soberanía para decidir o seu destino a todos os habitantes do territorio, incluídas as xentes palestinas dos campos de refuxiados no exterior, sen exclusións étnicas, relixiosas ou culturais.
Chamamento
O Comité confederal de CGT-Galicia fai un chamamento dirixido á clase traballadora e á sociedade galega a participar da convocatoria de Folga Xeral o 15 de outubro, legalmente comunicada, en todas as localidades e sectores laborais, nos termos que cada un considere no seu ámbito respectivo, na procura de que todos os actos da xornada asociados sexan o máis amplos posibles, coordinados coas organizacións, colectivos, agrupacións do movemento solidario co pobo palestino de cada lugar.
¡Paremos o xenocidio e o plan de exterminio do pobo palestino na súa terra!
¡Palestina vencerá! E a súa vitoria será a garantía da nosa propia liberdade e dignidade, da liberdade e dignidade da clase traballadora e, con ela, da liberdade e dignidade de todos e todas as persoas que habitamos neste planeta.
Comité confederal de CGT Galicia
