VII Época - 91

FRONTE ÁS AGRESIÓNS POLICIAIS, MOBILIZACIÓN E SOLIDARIEDADE

22D ás 9:45h: Concentración na Cidade da Xustiza

           Este luns, 22 de decembro, o compañeiro Óscar do SOV de Vigo, vai ir declarar aos xulgados con motivo da instrución da demanda que interpuxo despois de sufrir unha grave agresión policial. Óscar estaba a dedicar o seu domingo de descanso á acción directa, apoiando aos seus compañeiros en loita contra a empresa na que el xa non traballaba, colocando unha pancarta.

Ante a denuncia sen fundamentos que pola contra interpón a policía do porto pesqueiro, impulsada pola Autoridade Portuaria (entidade da Administración Pública) para intoxicar e salvarlles o cu aos seus matóns a soldo, e que pode carrexar sanción económica ou mesmo cárcere ao noso compañeiro Óscar, o Sindicato de Oficios Varios de CXT de Vigo estívose movendo e organizando accións para tentar protexerlle e denunciar esta situación intolerable. Por iso convocamos:

Concentración luns 22 ás 9.45 ás portas da Cidade da Xustiza, en Vigo

O SOV de Vigo-CGT fai un chamamento para o apoio dos sindicatos e sección sindicais de CGT de Vigo, Pontevedra e Galicia e convidarvos, segundo as vosas posibilidades, a vos achegar, para arroupar ao noso compañeiro e tentar empuxar entre todes para que esta agresión e vulneración dos seus dereitos e deste ataque flagrante contra a liberdade sindical non quede impune.

Saúde e revolución social!  Se tocan a unha nos tocan a todas, SEMPRE!!

Nelo Penide, Acción Sindical SOV CGT Vigo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *