VII Época - 101

ABAI VOLVE A FACER O QUE MELLOR SABE: DESTRUÍR POSTOS DE TRABALLO E PRECARIZAR

Existe un consentimento sistémico polo que as empresas incumpren a lei laboral impunemente. Esta circunstancia está intimamente relacionada coa precariedade, aínda que ao empresariado, pola súa condición innata, interésalle diminuír e vulnerar os dereitos e condicións laborais, non se abusa por igual. Se a precariedade axuda ao empresariado, a falla de resposta sindical, xa sexa polo consentimento sistémico das corporacións sindicais ou polo abandono da consciencia da clase obreira como suxeito transformador, é o tesouro. En avanzada, no sector do telemarketin todo isto entra en xogo, un xogo inexorable.

Unha destas frontes topámola nas compas da CGT en Abai e por proximidade as de A Coruña, de onde recibimos a información que segue. Agora, pouco despois do “batacazo xudicial”, ao sentenzar o tribunal que a mobilidade xeográfica que a empresa quería impor ás traballadoras de León trasladándoas a Hospitalet é inxustificada (ver La Campana nº 73 e 69), apenas unhas semanas despois de que Abai mercara Atento EMEA, incluíndo ademais de Europa a Marrocos e Colombia, Abai volve facer o que mellor sabe: destruír postos de traballo e precarizar.

Convén deterse un pouco na singularidade desta compra/venda. Como informaron a finais do ano pasado dende CGT Telemarketin “o sector de Contact Center leva máis dunha década vivindo fusións e adquisicións que reduciron a un puñado as empresas de Telemarketin neste país, onde antes había multitude de empresas agora hai un oligopolio. Durante anos a principal empresa deste sector en España, Atento, anunciou a súa venda a Abai, unha empresa moito máis pequena. Sorprendentemente, por unha vez o peixe pequeno cómese ao grande, e un dos pequenos clientes de Telefónica (movistar), quedouse co grupo Atento que é o principal provedor deste cliente de telecomunicacións”.

Este venres 13 de marzo, a sección sindical de A Coruña comunicaba que Abai anuncia un ERE que afecta ao persoal de servizos centrais e ao da súa antiga competidora, Atento. O ERE afectará a un máximo de 163 traballadoras de 12 centros de traballo: A Coruña Juan Flórez, Barcelona Glorias, Bilbao Capuchinos, Cáceres Rodríguez Ledesma, Xaén Recinto feiral, León Ramón y Cajal, Madrid Ilustración, Madrid Rivas, Sevilla Indotorre, Toledo Valdemarías e Valencia Mediterráneo. No comunicado a sección sindical expresa o seu máis absoluto rexeitamento a “este movemento vil”. Queda destapado así que “ABAI comprou a empresa unicamente para gañar máis diñeiro cortando cabezas” denuncia a sección.

Nestas páxinas temos incidido nas estratexias de Abai para desmantelar os centros de traballo que ten no Estado Español e trasladar os servizos a outros países, “porque alí as condicións laborais son aínda máis penosas, as condicións salariais son aínda máis lamentables, o que lles permite aumentar a marxe de beneficios”, comentábanos Adrián, delegado sindical da CGT, nunha recente entrevista onde expoñía o maltrato a que son sometidas as traballadoras de Abai. Esta estratexia desmanteladora “viuse co ERTE estatal, a mobilidade xeográfica en León e o acoso a compañeiras para que abandonen o seu posto” aclara pola súa parte o comunicado.

A pesares da impunidade coa que Abai acosa e corta cabezas, “cabe lembrar que estas agresións non serían posibles sen a complicidade das grandes compañías que contratan os seus servizos, como Telefónica, nen sen unha lexislación laboral amparada por CCOO e UGT, que permite a empresas con beneficios millonarios plantexar un ERE”, as compas de A Coruña pelexaran na fronte, “enviamos un aviso á mafia: non contedes coa CGT para despedir nin precarizar as condicións laborais nin salariais de ningunha traballadora. Lerchos!” lemos no final do comunicado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *