VII Época - 107

FLOTILLA CAMIÑO A GAZA

Por enriba de tódalas fronteiras,

por enriba de muros e valados,

si os nosos soños son igoales,

coma un irmáu che falo.

‎Celso Emilio Ferreiro

Cando os gobernos de países que se autodenominan civilizados permiten o xenocidio do pobo palestino, convértense en cómplices do mes-mo, cando seguen mantendo as relacións diplo-máticas e comerciais co pais xenocida e cando mercadean con eles armamento, outorgan o apoio que o goberno xenocida necesita.

En Palestina consentiuse que se violaran todos os tratados internacionais de defensa dos dereitos humanos, que se roubasen as mellores terras, os mananciais, os recursos naturais, que se botase às palestinas e palestinos das súas casas e que se realizase unha limpeza étnica.

Permítese que se masacre á poboación civil desarmada, que se bombardeen hospitais e tendas de campaña cheas de persoas, que francotiradores se entreteñan asasinando a meniñas cando van buscar comida, que persoal sanitario e periodistas sexan obxectivos de guerra, que haxa detencións arbitrarias e se utilice a tortura e a violencia sexual de xeito sistemático.

Cando todas estas atrocidades se cometen de xeito impune, as palabras como xustiza, igualdade, dereitos ou humanidade deixan de ter siñificado.

Cando os hipócritas paises europeos, e a maioría dos do resto do mundo mira para outro lado ante a terrorífica situación que sofre o pobo palestino, é a sociedade civil concienciada a que reaciona e sae à rúa exixindo xustiza. Levamos muitos anos reclamando a liberdade do pobo palestino desde diferentes partes do mundo. Da coordenación desas loitas nacen as accións conxuntas internacionais onde activistas de diferentes países xuntámonos, deixando a un lado as diferencias, e organizamos accións como as Flotilhas ou as marchas por terra.

E nestas andamos. O 12 de abril saíu do porto de Barcelona a Flotilla máis grande das organizadas até o momento, 39 barcos, con tripulacións de diferentes países, aos que, en Sicilia se unirán barcos procedentes de Francia e de Italia, máis adiante, ao achegarnos a Grecia tamén se unirán barcos gregos e por último sumaránse os barcos de Turquía, cos que entre todos, formaremos unha Flotilla de máis de cen barcos en dirección a Gaza coa firme intención de rachar co bloqueo marítimo imposto por Israel desde o ano 2007, entregar a axuda humanitaria que transportamos, e transmitir ás nosas irmás e irmaos palestinos umha mensaxe de solidariedade, esperanza e humanidade.

Nos nosos barcos tamén viaxan os corazóns e a solidariedade de todas as persoas que nos apoian desde os nosos paises de orixe, e por suposto, das compas que traballaron e seguen a traballar desde terra para que esta acción sexa posíbel e teña visibilidade. Tamén viaxa con nós a ilusión e a solidariedade de muitas meniñas e meniños de Galiza e Cataluña, que estiveron a recopilar mochilas con material escolar e de abrigo para as meniñas e meniños palestinos.

Ao mesmo tempo, que avanza a Flotilla, nestes dias sairá unha marcha por terra, onde se xuntarán persoas de diferentes nacionalidades e que percorrerá varios países árabes desde Argelia ata Gaza, onde coincidiremos todas para reivindicar unha Palestina libre, desde el río ata o mar.

Duarte Ferrín (Edi)

navegando cara Gaza frente as costas de Tunez

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *