ASALTO Á FLOTILLA
No momento que escribimos isto, temos confirmado que Edi foi secuestrado pola armada sionista e o seu barco interceptado. Outros dos galegos que navegan informan de interceptación en breve. É luns, ao mediodía. O asalto comezou fai xa algunha horas e confírmanse 12 barcos interceptados e sospeitase doutros tantos, posiblemente sexan máis. Son momentos tensos, a info corre polos teléfonos sen control. Mañá martes sairemos ás rúas en toda Galiza e no mundo enteiro, que xa está saíndo. En Pontevedra concentrarémonos na Praza da Peregrina as 20:00. Tamén sairán en Redondela, xa hoxe luns as 20:00. En Vigo mañá martes as 20:00 no Paseo de Alfonso. En Lalín as 20:30 na Praza Irmáns García Naveira. Ferrol, Betanzos, Compostela e moitos máis lugares que irán sumándose ao longo do día.
Polo tanto, esta que segue e a última crónica que enviounos Edi para La Campana:
A Flotilla navega cara Gaza
Hoje 14 de Maio, na véspera do día da Nakba, a Flotilla levanta áncoras na Baía de Marmaris, en Turquia, para escomenzar a última fase da travesía, na que chegaremos ata as praias de Gaza. A Flotilla actual está composta dun total de 54 barcos, 37 dos cuais saíron hai un mes de Barcelona e continúan navegando, a pesares de que outros 22 foron asaltados e destrozados polo exército sionista en augas internacionais. Outros barcos sumáronse en Italia, outros en Grecia e outros en Turquia. Tamén hai 4 máis da Coalición Freedon Flotilla, que esperan en augas internacionais. Navegamos participantes de mais de 70 nacionalidades, que suman cerca de 500 activistas, que xunto a milleiros de persoas apoiando desde terra, nas distintas partes do planeta, queremos decirlle ao pobo palestino que non está só, que os nosos corazóns sinten o seu sofremento e que os xenocidas cada vez están mais isolados.
Que a solidariedade e as arelas de xustiza das persoas concienciadas non se van deter a pesares das ameazas sionistas e da covardía dos gobernantes cúmplices cos xenocidas.
Que seguiremos acompañándolles na luita ata que Palestina sexa libre, dende o río ata o mar.
E que tarde ou cedo os criminais pagarán polos seus horríbeis crimes.
Mañán 15 de Maio celébrase o día da Nakba no que se reivindica a memoria colectiva, a resistencia e os dereitos do pobo palestino. Nakba significa desastre ou catástrofe, e se conmemora o éxodo forzado, o roubo das terras e a destrución dos pobos e cidades do pobo palestino tras a creación do Estado de Israel en 1948. Desde este ano millóns de refuxiadas e refuxiados palestinos tiveron que repartirse por Oriente Medio e o outras partes do mundo.
A Nakba é unha ferida aberta, sem cicatrizar, xa que os desprazamentos, a ocupación e a limpeza étnica segue existindo, con máis intensidade e con maiores atrocidades.
As familias expulsadas levaron consigo as chaves dos seus fogares, que se converteron nun símbolo da reivindicación do dereito ao retorno. A indiferencia ante unha limpeza étnica televisada convértese en complicidade cos xenocidas.
Duarte Ferrín, Edi, navegando cara Gaza
A interceptación está sendo na zona SAR de Chipre e á luz do día, A zona SAR é unha área xeográfica marítima delimitada internacionalmente, onde o estado específico, neste caso Chipre ten a responsabilidade legal e operativa de coordinar as misións de busca, localización e rescate de persoas en perigo. Esto inclúe todo acto de piratería e asalto.
En fin, todo indica que Israel fará o que lle pete, que ten o control sobre o mediterráneo, que tememos pola sorte das activistas, que eso que chaman comunidade internacional segue sen reaccionar, pero sobre todo que a terrible e cruenta situación de Gaza e o pobo palestino vai continuar impunemente. O xenocidio continúa matando a crianzas e adultas de fame, enfermidade, sen medicamentos, sen auga limpa, sen sumidoiros mentres as forzas armadas israelitas, entretense disparando e tirando bombas sobre as tendas de campaña dos indefensos palestinos. Como é posible que teñamos chegado a isto?
Larri