VII Época - 116

NOVA EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA DA CORUÑA

A partir do vindeiro venres, 3 de xullo celebrarase unha nova edición da FLAC (Feira do Libro Anarquista da Coruña) con máis de 20 postos e cun amplo abano de actividades programadas ata o 10 de xullo.

Un ano máis volve a Feira do Libro Anarquista da Coruña ao corazón libertario da Coruña, ás rúas do Orzán proletario. Este espazo de encontro entre editoriais, autoras e autores e mais todas as persoas lectoras interesadas terá como temática “Anarquismo e País”. A FLAC está organizada polo Seminario de Estudos Libertarios Galegos (SELG), a organización anarquista galega Xesta, as editoriais Bastiana e Ardora, e polo colectivo Refuxios da Memoria.

A programación da FLAC comezará o venres 3 de xullo, no Circo de Artesáns (Rúa de Santo André 36) ás 19 horas coa inauguración da exposición “Tinta: Unha historia do fanzine libertario”, para dar paso logo á mesa redonda “Independentismo, Quo Vadis?”, ás 20 horas.

Na praza de Santo André, os días 4 e 5 de xullo, con máis de 20 postos, a Feira terá un horario de 11 a 21 horas, o sábado, e de 11 a 15 horas, o domingo; e irá acompañada dun amplo abano de actividades:

O sábado 4 de xullo, na praza de Santo André, serán desenvolvidas presentacións como “El Porvenir e o pensamento do soberanismo galego primixenio”, ás 12 horas; “Londres Sarajevo” e “Los perros de Tánger”, ás 16 horas; ou “Razones de la revuelta”, ás 19:30 horas.

Ás 17 horas, terá lugar un espazo de diálogo entre revistas anarquistas, coa presencia do SELG, CEAG, Esporas e A Ideia; e ás 21 horas haberá un recital titulado “Muda e Mundo Carne” con Malafera e micro aberto na Cova Céltica (na Rúa Orzan, 82).

O domingo 5 de Xullo, tamén na praza de Santo André, ás 12h., presentación do libro “Polas víctimas de onte, xustiza!”.

En caso de choiva, a Feira será desenvolvida no Circulo de Artesáns.

Os actos programados da FLAC serán prolongados máis aló da duración da feira e o xoves, 9 de Xullo, no Centro Social Gomes Gaioso, na rúa Marconi, 9 terá lugar “A hipótese colonial na Galiza de hoxe” para chegarmos ao venres, 10 de Xullo, coa celebración do Día das Mapoulas Libertarias, cun roteiro que comezará ás 19 horas na rúa de Pedro Galván Calvete, na traseira do vello cárcere.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *