VI Época - 18

EU POR ELES, NAI, E ELES POR MIN

¡Uno!: ha salido el sol;
¡dos!: Cuenca del Nalón;
¡tres!: la del Caudal también (y después Manhattan)
Tenemos la ocasión; puedes creerlo o no
Pero esta es mi única canción real de amor.

Siempre hay dos bandos
Dime si estás en el que estoy yo.

DOS BANDOS. NACHO VEGAS. 2011

Expoñía en números anteriores sobre a Folga. Expoñía sobre a súa potencia transformadora no anterior número coa Folga de La Canadiense: unha Folga que “estendeuse durante corenta e catro xornadas, e que paralizou Barcelona. A Folga demostrou a inmensa capacidade obreira, que mediante a acción da CNT, logrou unha gran vitoria, ata o punto de provocar a instauración estatal das oito horas de xornada laboral e corentaeoito semanais”. Tamén falaba con Juantxo, o Coordinador do Sector Ferroviario CGT en Galiza, sobre a implantación duns servizos mínimos cada vez máis abusivos que apagan esa capacidade obreira e, así a todo, “presionar á empresa ante unha agresión, facer visible ante a sociedade a problemática ferroviaria, desenmascarar a pasividade de outras organización sindicais, forzar o debate nos centros de traballo e dar as traballadoras e traballadores ferroviarios a posibilidade de manifestar o seu descontento participando nas folgas que convocamos. Chegar a conseguir estes obxectivos xa merece a pena facer folgas”, como defende Juantxo.

A Folga, esa ferramenta singular e atributiva do movemento obreiro é do sindicalismo. De feito a conquista legal do dereito á folga na constitución española está limitado aos sindicatos. A constitución recoñece o dereito a afiliarse a un sindicato e o dereito á folga dos traballadores para defender os seus intereses. Este recoñecemento legal é moi restritivo se temos en conta a historia do movemento obreiro, como, por exemplo, as Folgas de Solidariedade, hoxe en día prohibidas legalmente. Mais tamén se temos en conta novas propostas como a Folga Xeral de mulleres que vense dando nos últimos 8 de Marzo, ou se consideramos que as autoridades educativas seguen negando ese dereito ao estudantado por moito que os xuíces digan que si é un dereito pero derivado do dereito de reunión, aínda que a constitución solo nomee a folga laboral. Totalmente restritiva foi a interpretación de que unha Folga Xeral, só para mulleres, como inicialmente estaba formulada a do 8 de Marzo, non podía ser convocada de xeito legal por incorrer en discriminación. Tivera sido moi interesante a reacción do feminismo se non houberan aceptado esa interpretación legal que da a volta á tortilla á discriminación, e formalizaran legalmente unha Folga Xeral só para mulleres, ao través, eso si, dun sindicato. A CGT, antes da explosión das Folgas do 8 de marzo xa tiña convocado Folgas de consumo, por exemplo. Tamén hai Fai folgas de coidados…, de consumo…, de estudantado…, de fame…, que non están recollidas na constitución.

Sí, estes días hai Folgas de Fame. Actualmente hai unha Folga de Fame rotativa de presos e presas dentro das cárceres españolas para denunciar os malos tratos, a impunidade dos carcereiros torturadores e reclamar o respecto aos dereitos humanos unha vez que se traspasan os muros das prisións. Demandas agrupadas nos 14 puntos do colectivo de Presxs En Loita que se vén agrupando ao redor deles desde 2015. Nas demandas queren destacar as que se refiren a torturas e malos tratos, réximes especiais de castigo, dispersión e desarraigamento social e familiar, negativa das administracións carcereira e xudicial a excarcerar ás persoas presas enfermas e anciás, encarceramento de enfermos mentais, mortes en prisión sen explicación adecuada nin investigación… José Antonio Molina Barrilao, iniciou o día 21 deste mes a súa quenda de xaxún na Folga de Fame dentro da cárcere de Estremera, Madrid VII. Tamén hainas nesas outras cárceres que son os CIES. No CIES de Aluche en Madrid, 41 internos comezaron unha Folga de Fame o pasado día 28 en protesta pola situación de absoluta inseguridade sanitaria e de dereitos que sofren e o perigo no que están, sumado ó risco polo coronavirus.

Por outra banda cando participamos nunha Folga ou nunha revolta, cando os nosos corpos e mentes, brazos e cerebro, están presentes creamos lazos entre nós. Eses lazos non se esquecen, permanecen, son lazos fraternais, solidarios, de apoio mutuo, de loita conxunta que alimentan o amor e respecto con quen compartimos estes momentos. Por estes lazos, como di Juantxo, “xa merece a pena facer folgas”. Non é esta unha afirmación gratuíta, a día de hoxe a sociedade e calquera de nós estamos necesitados destes lazos.

Se ben a traizón consumada, como anunciaba o editorial do anterior número de La Campana, da comisión do Pacto de Toledo nas recomendacións sobre o sistema de pensións merece por sí soa unha Folga Xeral, con todas as da lei, polo de agora só temos unha convocatoria de Folga Xeral para a comunidade de Madrid, por outros motivos. Hai persoas e medios que din que é unha Folga Xeral contra a Presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Se atendemos á memoria do movemento obreiro que conquistou este dereito á Folga Xeral, sabemos que a Folga nace do acordo para derrubar o réxime establecido e polo tanto contra o gobernante que ostente o poder no momento da Folga. Polo tanto se é evidente que esta é unha folga contra Ayuso, isto é circunstancial, pois non hai Folgas contra persoas, senón contra o que representan, contra o que está detrás delas. Ademais dicir que é unha Folga contra Ayuso é unha simplificación propia dun tempo de mentes e mensaxes simplificadas que conducen ao desastre. Un desastre que cada vez percibe máis xente. Tamén é unha tentativa de reconducir o descontento cara a intereses partidistas que representan, e teñen detrás, o mesmo que Ayuso, como comprobamos no Pacto de Toledo.

Así a CGT: anunciou un chamamento á participación reivindicativa o próximo 11 de Novembro de todos os traballadores e as traballadoras sen distinción algunha de situación laboral, sexo, idade ou condición social, no ámbito territorial da Comunidade de Madrid contra a desigualdade material e efectiva das persoas no ámbito laboral e, xa que logo, no social e económico, que insten a tomar medidas urxentes que palien a crise económica, esixindo unha resposta eficaz fronte á actual situación co necesario investimento público na sanidade, a educación, o transporte, etc. Ademais, desde CGT esíxese implementar estes investimentos da man dunha serie de medidas encamiñadas a terminar coas desigualdades sociais e laborais que sofre a sociedade madrileña, unhas medidas xustas e non segregadoras que protexan realmente a toda a poboación, especialmente á máis vulnerable.

CGT sinala que o colapso do sistema sanitario non está sendo respondido adecuadamente por parte das diferentes administracións, que deron preferencia en todo momento da actual pandemia a razóns de tipo económico por encima da vida da xente, especialmente por encima da máis desfavorecida.

De igual xeito, nos centros educativos tamén se seguiu a lóxica do diñeiro e non a das necesidades lexítimas das persoas, tanto para o alumnado como para o profesorado e resto de persoal que traballa nos centros educativos públicos. CGT recorda que faltan medios humanos e materiais nos centros públicos, que soportan unhas ratios que non permiten, pese aos esforzos dos profesionais, garantir as medidas mínimas de seguridade fronte ao Covid-19 nas aulas.

Doutra banda, este sindicato sinala o problema do transporte público como servizo imprescindible para a vida. A xestión deste servizo é outro dos asuntos onde se ten evidenciado a pésima xestión que afecta directamente á saúde das persoas traballadoras. A falta de medios incide de xeito directo e inequívoco na propagación do coronavirus. CGT denuncia autobuses e metros saturados durante meses, sobre todo nos de maior impacto da pandemia, onde a xente viuse e séguese vendo obrigada a desprazarse amoreada aos seus centros e lugares de traballo.

Do mesmo xeito non se deu unha resposta adecuada a quen non teñen traballo, a aquelas persoas ás que esta situación impídelles conseguir un emprego e xerar uns ingresos para poder subsistir, nin ás familias ás que seguen desafiuzando, que en definitiva non deixan de ser as máis desfavorecidas da sociedade. Neste sentido, CGT indica que se fai imprescindible a apertura e atención directa de todos os Servizos Sociais para lograr un modelo social diferente, que non deixe a ninguén na cuneta, que respecte o medio ambiente e a igualdade efectiva entre persoas, que respecte as liberdades e que garanta a todas uns servizos públicos de calidade, gratuítos e universais, porque ante todo deben primar a saúde e a vida das persoas.

Poderás estar mais ou menos dacordo no acertado desta convocatoria e do seu argumentario, pero conserva a esencia da Folga, precisamente porque adianta, porque avantaxa, esa defensa dos dereitos unicamente laborais como o entende a constitución, ou cando menos os constitucionalistas que restrinxen o dereito de folga ao laboral.

Por esta convocatoria o sindicato será acusado de irresponsable, sen embargo, tratase de posibilidades e estratexia, pois esta convocatoria foi acordada con numerosas organizacións sindicais, sociais e colectivos. Este libre acordar enche de responsabilidade á CGT, unha responsabilidade diferente, impensable para quen obedece sen cuestionar, para quen traga co absurdo do inevitable da crise económica.

Se falamos de posibilidades, estratexia e sobre todo de responsabilidade, podemos achegarnos ata os traballadores de SASEMAR, Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, a empresa pública encargada da seguridade marítima nas augas españolas. As tripulacións das embarcacións que operan no arquipélago canario, como denuncia CGT Sector Portos e Mar, soportan desde fai meses un ritmo frenético de traballo debido ao reponte migratorio derivado da militarización do estreito de Gibraltar e o Mar de Alborán e onde estanse producindo moitas urxencias na mar. Xornadas interminables -algunhas de máis de 20 horas de servizo- e insuficientes descansos por falla dunha terceira tripulación e falla de traballadores e medios en xeral. Para CGT esta situación xa non pode dilatarse por máis tempo porque corren perigo real as vidas dos traballadores e das persoas auxiliadas na mar nuns momentos onde o fluxo migratorio é moi elevado nesta zona do Estado español. Neste sentido, CGT insiste en que estes traballadores están ao límite das súas forzas físicas e mentais. CGT recorda tamén que o rescate de persoas desesperadas no océano non só leva un desgastar físico cando non se descansa o necesario, senón tamén produce un estrés e unha ansiedade importantes, posto que son seres humanos e no 90% dos casos son as embarcacións de SASEMAR as primeiras en chegar ao momento onde son localizadas as pateras ou cayucos, e os primeiros en atender aos náufragos si afortunadamente atópanos con vida. Tamén desde CGT indican que non é a primeira vez que esixen ao Goberno e á dirección de SASEMAR que busquen unha solución e remedien esta situación. CGT responsabiliza á dirección do organismo público das circunstancias que están soportando estas persoas, quen sen dúbida se xogan literalmente a vida cada vez que unha urxencia mobiliza algunha unidade nas Canarias. CGT non descarta máis accións ante a falta de interese que tanto o Executivo de Sánchez e Iglesias como a dirección deste servizo público dependente do Ministerio de Fomento están mostrando e demostrando. Evidentemente, para estes traballadores, a estratexia responsable non é a folga. Proba a explicarllo a un deses que din que convocar unha Folga Xeral nestes momentos é unha irresponsabilidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *