UNHA VIAXE POLO ZEITGEST, O SIGNO DOS TEMPOS
“A viaxe no autobús… comunica algo que non pode nen venderse nen
embotellarse, de tal xeito que a xente non o perciba como mercancía.”
Ken Kesey falando do Further, o autobús co que Kesey e os Merry
Pranksters emprenderon a ruta para descubrir América. 1964
Agora que en Pontevedra non podemos movernos do noso perímetro Covid, imos facer unha viaxe. Imos viaxar a través dos conflitos que mantén a CGT. Temos que seleccionar, senón semellaría unha viaxe infinita, unha viaxe sen retorno. Mellor que unha selección imos navegar sen rumbo, sen destino, nesas viaxes que comezas pero non sabes onde vas chegar, onde vai ser a seguinte parada. Non é unha cuestión de azar, un paso lévanos a outro. Non é desorden, é acompañamento solidario. De todos xeitos, imos deixarnos levar polo tempo do illamento social e imos pararnos alí onde a covivencialidade mostrase máis alá do fogar.
A primeira parada é unha data, non un lugar. A data do 20 N é unha data negra. En 1936 prodúcese a morte de Durruti por un disparo no peito en circunstancias aínda non aclaradas. Na escura noite da penitenciaría federal de Leavenworth, Kansas, do 20 de Novembro de 1922 morría outro notable anarquista Ricardo Flores Magón. Neste caso tampouco están claras as circunstancias. Mentras que a versión oficial fala de enfermidade hai outras versións como a de que foi aforcado ou apaleado polos carcereiros. Así a todo, a morte por enfermidade tamén pode considerarse como un asasinato polas condicións ás que foi sometido naquela cadea. Deixando as paradas no tempo e centrándonos no noso destino inicial, o 20N é unha xornada de loita antifascista dentro do estado español. A CGT convoca e participa en numerosos actos por todo o territorio do estado. Estas convocatorias son como unha gran xuntanza, fronte ao inimigo común. A min recórdame a un gran fronte de milicias populares, quizais coma unha homenaxe involuntaria a Durruti. A CGT de Zaragoza por exemplo chamou a dúas concentracións para ese día, unha pola mañá xunta a “Sin Desahucios” e outra pola tarde xunta a “Coordinadora Antifascista”. No chamado que fixo a CGT de Zaragoza para acudir a estas concentracións podemos ler: “O fascismo rexorde: o discurso de odio cara ao semellante, buscando un culpable entre as nosas, tratando de atomizar as loitas, asustar, acalar, agredir. Aínda non o vencemos e segue presente na sociedade, de feito retoma forza nos discursos públicos e nas institucións. A mellor forma de combatelo é nas propias rúas, as mesmas nas que están desafiuzando a familias, acosan a mozos estranxeiros separados das súas familias(MENAs), dan barra libre ás casas de apostas mentres pechan os interiores de bares e restaurantes, culpan aos temporeiros de ser un foco de contaxio e non aos seus patróns e ao Estado por non garantir a súa seguridade, en definitiva, acusando ás vítimas do fascismo como os supostos verdugos. Somos conscientes que estas agresións fascistas non parten espontaneamente da nada, senón que corresponden á deriva violenta e represora do neoliberalismo capitalista, o cal pretende solucionar os problemas colectivos acusando e reprimindo a aqueles individuos que non encaixamos no sistema. Pretenden parar á clase traballadora, cando o que de verdade pon en perigo a saúde pública e debemos parar é o afán de lucro capitalista que quere seguir xerando beneficios sistematicamente sen ter en conta e moito menos ter no centro a vida daqueles que realmente facémola funcionar”. En Galicia, fixéronse concentracións antifascistas, cando menos, en Compostela, Coruña e Vigo.
Non podemos negar que o fascismo, xunto coa dereita tradicional do PP adaptada xa ao neoliberalismo, adaptada a unha globalización que criamos tiña xa esquecida certas posturas abertamente fascistas, está gobernando en institucións como a Junta de Andalucía. En Andalucía, precisamente, como informabamos no número 19 de La Campana, a CGT libra unha loita que caracteriza ao tempo no que vivimos, a loita das traballadoras do SAD, Servizo de Atención a Domicilio. Contra a absoluta privatización dunha necesidade pública, dun servizo público, contra o abandono das persoas dependentes máis pobres e polos dereitos das persoas asalariadas que coidan das necesidades destas persoas a CGT de Andalucía convoca ás máis de 22.000 traballadoras, a maioría mulleres, do SAD en Andalucía a unha folga de 24 horas para o próximo 27 de Novembro. Por suposto este conflito traspasa os límites das competencias das distintas administracións. A maioría dos servizos do SAD son de competencia municipal, sen embargo as empresas que os explotan non. Tanto dende a CGT de Pontevedra como dende a de Vigo puxémonos a disposición destas traballadoras e comezamos esta viaxe pola súa dignidade. Este conflito do que vimos informando dende La Campana amosa unha característica primordial da CGT, que o noso poder emana da asemblea, tanto nos enfrontamos ao goberno do concello de Cangas como o de Marinaleda, Barcelona ou a calquera gobernado por quen goberne. Todos estes gobernos teñen algo en común, o esquecemento das vidas daquelas que realmente fan funcionar o servizo.
Aínda que co SAD miramos cara moitos destinos, para continuar a nosa viaxe, non esquezamos que agora estamos en Andalucía. Buscando a concentración antifascista de Granada contemplamos La Alhambra. La Alhambra amósanos esplendorosamente, en bo estado de conservación e restaurada, a nosa impureza racial. Lémbranos que descendemos de nais africanas. Quizais por eso exerce esa fascinación a quen a contempla. Se penetramos no seu interior sae a vista outro conflito. A CGT está a denunciar que a Junta de Andalucía está asfixiando ao persoal público para xerar necesidades que cubran empresas privadas. “Parecese que hai unha axenda oculta na Junta de Andalucía que pretende conseguir crear as condicións para que as empresas privadas gañen terreo na xestión deste monumento histórico, que foi durante décadas exemplo de viabilidade económica a través dun modelo público de xestión. Os empregados públicos, tanto do Patronato da Alhambra e o Generalife, como da propia Junta de Andalucía, sostiveron este modelo con éxito. A pandemia do coronavirus está sendo a escusa perfecta para afogar máis aos traballadores, empeorar as súas condicións laborais e os servizos que prestan, para que cando toque poidan entrar as empresas privadas a levarse parte do pastel.” E hai un gran pastel en La Alhambra. Tamén estamos a mirar ese novo gran pastel que é o coronavirus.
En Granada e en Andalucía hai outro gran pastel, o da hostalería, que está a desaparecer. Mentras que parece que hai unha unanimidade cara aos autónomos e empresarios hostaleiros, cara a intervención do goberno para minimizar o gran impacto do coronavirus, so a CGT quere evidenciar que as propostas de solucións empresariais non hai que confundilas coas nefastas condicións laborais dun sector tan importante como as da hostalería. Por este motivo CGT Huelva convocou unha Concentración o sábado 21 de Novembro ás 12:00, “para reivindicar os dereitos que se arrebatan aos e ás traballadoras de hostalería a diario e do que non se fala. Con este acto pretendense evidenciar que a situación é grave e que non se poden esquecer dos problemas deste inmenso colectivo de persoas. Estas situacións veñen sucedéndose antes de que aparecese o COVID, que lamentablemente agravouse con problemas engadidos como os que se derivan da pechadura de empresas, ou a inclusión ou non nos ERTES, ou a falta de pago dos mesmos. En moitos casos estanse atendendo casos nos que as irregularidades previas están resultando un impedimento na tramitación de axuda.”
Se falamos de La Alhambra salta á vista ese gran conflito entre oriente e occidente. Un conflito no que occidente nega as súas raíces orientais, en que nega a súa reprodución do oriental e faino mediante un proceso de dominación, de imperialismo. Para o fascismo, Asturies é unha terra onde comenzou esa dominación, onde comenzou a reconquista. Imos entón a Asturies para mirar de cerca. O primeiro que atopamos ao dirixirnos a sede da CGT asturiana son uns cartaces chamando a unha concentración en solidariedade co pobo saharaui. Baixo o lema de “Por Un Sáhara Libre Xa” a CGT asturiana acude a dúas concentracións, unha en Xixón, e outra en Ovieu, o pasado 17 de Novembro. Un conflito enquistado e que como sabemos afiouse nos últimos días en El Guerguerat, na zona liberada do Sáhara Occidental cercana á fronteira con Mauritania.
Imos pois a achegarnos ao Sáhara, imos ata Canarias. Alí encontramos outro conflito. Atopámonos coa CGT en SASEMAR, o salvamento marítimo. Nun recente comunicado “critican duramente o novo investimento realizado polo Executivo socialdemócrata, consistente en case 8 millóns de euros en vehículos equipados para a policía marroquí. Con este novo investimento, demóstrase unha vez máis as verdadeiras prioridades do Estado español en relación ás políticas migratorias. Non é a primeira nin a última doazón ou axuda que se realiza ao Estado marroquí para que controle a migración desde as súas fronteiras, senón que se veñen levando a cabo acordos co país veciño para lograr reducir as entradas de persoas migrantes. Este tipo de acordos en materia migratoria, que son desenvolvementos das políticas europeas coa axuda de Frontex e outros mecanismo de control das augas internacionais, non solucionan nin axudan a paliar o drama humanitario ao que asistimos cada día nas nosas costas. CGT leva advertindo desde fai anos que a aposta pola militarización e a pechadura de rutas abre outras moito máis mortíferas, como ocorreu no último ano en Canarias. CGT reprocha ao Goberno español de PSOE-Unidas Podemos o gasto en material policial para Marrocos mentres que SASEMAR só dispón dun positivo de 25 profesionais para facer fronte á crise migratoria dos últimos meses en Canarias. Esta situación, vénse mantendo desde fai meses, cando en pleno reponte de chegadas ao arquipélago canario deste verán os recortes en Salvamento Marítimo fixéronse máis que evidentes.” Temos que facer unha parada entón no viaxe, reflexionar, sobre o conflito que amósannos os compañeiros de SASEMAR, un dos conflitos máis intolerables, por cruento, do noso tempo. Comezamos un viaxe sen rumbo, sen destino, e atopámonos coa fin da viaxe de miles de seres humanos, afogados no fondo dos mares.