A FUNCIÓN SOCIAL DO TRABALLO ASALARIADO
Unha vez máis, temos que apuntar a loita dos Contact Center, o telemarketin, e outra vez máis temos que facernos eco da loita en Teleperformance da Coruña. Esta empresa, que se publicita a sí mesma como un referente mundial no sector, ten uns 800 empregados no polígono de A Grela coruñés. Nesta ocasión, o comité de empresa, no que participa a CGT, denuncia que a empresa segue a desprezar as continuas reivindicacións dos traballadores. Este comité convoca a mobilizarse os días 11, 23 e 28 de Xuño en concentracións diante da porta do centro de traballo. Este último día, 28 de Xuño, tamén ten convocado paros parciais. Tamén anuncia que continuarán as mobilizacións de non cambiar esta situación que xa levan arrastrando meses. Dende que comezou a pandemia, a empresa atopou o caldo de cultivo ideal para levar adiante todas e cada unha das súas pretensións, aplicando de maneira incondicional medidas unilaterais e restritivas, recortes de dereitos e modificacións nas condicións de traballo que tradúcense en unha precarización aínda maior, que o comité cualifica de ruína. Esta ruína ven provocada polos continuos problemas no cómputo do rexistro de xornada que derivan en continuos e reiterados descontos en nómina por ausencias debidamente xustificadas polos traballadores, así como por desconexións por fallos técnicos responsabilidade de Teleperfomance. Este problema das incidencias de nómina lévano arrastrando dende fai máis de dous anos, e foise agravando durante a pandemia. Tamén polas formacións precarias, insuficientes e sen apoio tanto no centro como en teletraballo, pola implantación dunha ferramenta única para a comunicación coa empresa con múltiples deficiencias e erros, que deixa totalmente indefensa á plantilla e limita o traballo sindical. E como remate, a negativa da empresa a compensar os gastos derivados do teletraballo durante a pandemia, tal e como recolle o RD 28/2020, e non como unha mera esmola que é o que a empresa ten plantexado. Como para que despois teñas que escoitar a políticos, autoridades laborais, empresarios e todo o seu circo mediático que o traballo asalariado ten unha función social. Non podo evitar a rabia ante a usura e a miseria de quen non ten ningún problema de enriquecerse un pouco máis a custa das necesidades das persoas que a enriquecen.
Se en Teleperformance de A Coruña a loita é constante, a precaria loita no BBVA permitiu a esta corporación do negocio da usura asinar un ERE de despido o pasado 8 de Xuño que a CGT no BBVA anuncia como o primeiro dos que virán trala fusión co Banco Sabadell. De paso, xunta co texto do ERE extintivo, aproveitan para impoñer e regular unha mobilidade en categorías segundo a distancia, máis de 25km… máis de 250km…, que argumentan tamén necesaria para esta reestruturación. A CGT no BBVA denuncia a falsidade das causas que permiten esta reestruturación: “é falsa a causa económica argumentada desde a pandemia, é falsa a produtiva, cunha dixitalización falseada a realidade. É que sempre quixeron cambiar a estrutura organizativa para enfocar a xestión remota, cambiar as condicións substanciais de contratos de traballo e a mobilidade xeográfica”. La Compañía tamén aproveita este texto do ERE para incorporar un Acordo de Condicións Laborais Aplicable ao Colectivo Adscrito a Unidade de Customer Support Experience (CSE), facendo honra a como se autodenomina este banco cara os seus traballadores: La Compañía. Das 3.798 persoas excedentes ou posicións, como as denomina La Compañía, que presentou o 22 de abril, sobre un colectivo potencialmente afectado de 11.244 persoas, ao final a cifra de persoas despedidas queda en 2.935. A pesar desta precaria loita, -concentracións sindicais o 10 e 17 de maio, folga o 26 de maio convocada en todo o estado pola CGT xunto con SEC-CIG-ELA-SCAT e LAB e outra folga o 2 de Xuño convocada por CCOO-UGT e ACB pero apoiada por CGT- dende Pontevedra sumámonos a todas as concentracións e folgas convocadas. Ao final, este proceso culmina o que La Compañía tiña previsto: Despedir. E este despido colectivo levará a sinatura da maioría da representación sindical: CCOO, UGT, ACB. Para a CGT no BBVA “Desde o primeiro momento contemplamos un pacto entre BBVA, a prensa e determinadas organizacións sindicais, sobre todo CC.OO., para revestir este proceso de Despedimento Colectivo nun proceso de Prexubilacións, tamén falso, e que “a gran presión exercida” fixo recapacitar e achegar posturas ao BBVA cara ao resultado final desta charada. En ningún momento, na Mesa de Negociación, plantexouse impedir os despidos con presión sindical, senón en edulcorar este Despedimento, Poxar as súas indemnizacións e permitir un Acordo que, desde CGT consideramos Inaceptable nunha empresa que gaña recorrentemente, miles de millóns de euros, que a súa cúpula sóbese as súas remuneracións indecentes ano tras ano e que reparte dividendos aos seus fondos voitre accionaríais. CGT BBVA intentamos, con propostas non lesivas para o emprego, con medidas de presión sindical e, ata, a través de contactos con grupos políticos, impedir, non tan só, este Despedimento Colectivo acordado o 8 de xuño de 2021, senón de non sentar precedente para os que virán con posterioridade. Neste sentido, CGT BBVA fracasamos no noso intento de preservar o emprego, xa que a nosa representatividade estatal non chega a esa maioría necesaria, pero non por iso baixaremos os brazos nunca”. Así está o panorama!
Para analizar o panorama da función social do traballo asalariado podemos analizar unha cifra: 20.941. Estes son os euros que propuxo a Inspección de traballo como multa a SIEMENS-GAMESA polo incumprimento das normativas de seguridade laborais e incluso dos propios protocolos da empresa. Estes incumprimentos culminaron cun accidente laboral sufrido por Alejandro Díaz mentres traballaba no interior dun aeroxenerador a unha temperatura de 45 grados o que lle provocou un forte golpe de calor. A CGT de Plasencia viña denunciando reiteradamente esta situación. O primeiro día de posta en marcha do parque eólico onde traballa Alejandro foi reclamada unha avaliación de riscos por estrés térmico ao que a empresa contestou dicindo que os traballadores “deberían facerse responsables de comprar auga embotellada e o seu propio Equipo de Protección Individual (EPI), así como do importe en ambos casos”. A resolución confirma, punto por punto, as abundantes denuncias dos traballadores que, no seu día, en metade dun cruzamento de acusacións onde Siemens chegou a sinalalos como responsables do accidente, concluíron con todo o persoal despedido ou sen renovación de contrato. A acta da Inspección de Traballo, pola súa banda, viu convalidadas todas as afirmacións dos traballadores ata o extremo de ser incorporada, íntegramente, como fundamento da resolución da Xunta de Estremadura, que impón a máxima sanción posible.
En todo caso, resúltame moito máis difícil de valorar, economicamente, unha multa por un atentado contra a saúde que unha morte. Sen embargo tamén podemos analizar cifras para mirar o panorama da función social do traballo asalariado. As cifras topámolas aquí mesmo en La Campana nº42 nun artigo do colectivo Justo Fierro “A Organización Internacional do Traballo (OIT), a oficina especializada da ONU sobre estes temas, elabora o seu Informe Anual-2020, no que constata que nese ano producíronse máis de 2,7 millóns de mortes por accidente laboral, unha cifra que supera o número oficial de falecidos por Covid. No entanto, a brutal mortaldade por accidentes de traballo e enfermidades laborais, repítese ano tras ano desde nin se sabe cando, no medio da indiferenza cómplice das autoridades estatais de cada lugar, coma se tratásese dunha catástrofe natural e inevitable” informábanos os amigos de Justo Fierro. E seguían “En España, as mortes por accidente no lugar de traballo ascenderon en 2020 a 595, o que supón 53 falecidos máis que o ano anterior, e todo iso pese á menor actividade e presenza nos centros de traballo pola perda de empregos, ERTE e teletraballo, segundo expón a OIT. A esa elevada cifra de mortes por accidente no lugar de traballo hai que engadir outros 113 accidentes laborais producidos en sinistros in itinere, ata un total de falecidos por accidente laboral de 780, segundo os datos ofrecidos polo Ministerio de Traballo español… Segundo o Informe, as enfermidades e accidentes laborais matan no mundo, polo menos, a 7.500 persoas cada día, sendo unha das causas subxacentes máis importantes o exceso de traballo (xornadas e ritmos intolerables), que afecta ao 36%, da clase traballadora mundial, con xornadas superiores ás 48 ou 50 horas semanais e sistemas de hiperconectividad (estar pendente do teléfono ou do correo electrónico ou baixo control telemático pola empresa) que imposibilitan o descanso e a distracción necesarias, con graves consecuencias de fatiga -factor determinante en múltiples accidentes nos centros de traballo e in itinere- e deterioro da saúde mental.” O artigo do colectivo Justo Fierro segue aumentando estas cifras tendo en conta certas consideracións. Propóñote, agora, que busques outras causas de morte diferentes ao traballo polas que fanse leis protectoras ou a sociedade as reclame, e as compares con estas. A mirar que pasa. Pero o que quero sinalar aquí é a consideración do traballo asalariado como unha función social regulada por unha lei, máis ben por todo un dereito, o dereito do traballo. A doutrina deste dereito establece que esa función social, base e motivo de nacemento do dereito do traballo, é levada a cabo mediante a introdución de mecanismos equilibradores dirixidos a compensar a desigualdade estrutural existente entre traballadores e empresario, dando lugar a unha normativa protectora. Manda carallo!!!