VII Época - 22

DIGNIDADE E LOITA SON UNHAS PALABRAS QUE PAGA A PENA UTILIZAR PARA QUEN AS MERECE

Nos pasados números 6 e 11 de La Campana faciámonos eco da folga das traballadoras da limpeza de Correos despois de falar con traballadoras folguistas, traballadoras de Correos e compas da CGT. A folga denunciaba a piratería, impunidade respecto as leis e desprezo ás vidas das traballadoras, tanto da empresa concesionaria, J. Córdoba/SCT, como de Correos. A unha chea de irregularidades e incumprimentos graves da empresa concesionaria (ver os artigos do nº6 e 11) sumábase o impago de salarios. Mentres, Correos lavábase as mans eludindo calquera responsabilidade. Lourdes, traballadora de limpeza, folguista e afiliada á CGT de Ourense testemuñaba a situación “Somos un sector no que a maioría somos mulleres, moitas con cargas familiares e moitas que viven solo deste soldo, e que o están, ou estamos, pasando moi mal, tanto no económico como no psicolóxico. Moitas de baixa por ansiedade, depresión, con lumbalxias agravadas por esta situación de estrés”. Tamén Ana María, traballadora da limpeza e afiliada á CGT de Ourense, foi protagonista da folga e instruíunos nos anteriores artigos “Foi unha loita moi dura, intensa e desesperada pola situación persoal de cada traballadora… aí estivemos serenas e fortes, sen vendernos” cóntanos agora.

Tras case 4 meses de folga, Correos adxudicaba recentemente o servizo a unha nova empresa concesionaria chamada Garibaldi “Puxemos fin a folga, ou mellor dito, voltamos ao traballo porque entrou unha empresa nova e dende o comité díxosenos que tiñamos que empezar a traballar xa que a folga non era contra Garbialdi (empresa entrante) senón contra J. Córdoba/ SCT; que si queríamos seguir tiñan que convocar unha folga nova, pero mentres había que incorporarse ao traballo porque sería motivo de despido o non facelo” puntualiza Lourdes. Para Ana María a volta ao traballo foi unha decepción “cando fomos á folga dixemos que non nos incorporaríamos ao traballo se antes non nos pagaban o que nos debían e garantiran por escrito os futuros pagos. Para miña decepción, nos incorporamos sen recibir ningún ingreso do que nos deben”, e tamén unha tristeza “no meu corazón hai unha brecha moi profunda porque non vin a solución que se tiña que haber dado para que nos incorporaramos”. Para Javi, da CGT de Correos de Ourense e que tamén nos axudou nos anteriores artigos “no es de recibo que la empresa de limpieza ahora recule y que el comité de empresa no tenga o diga a las compañeras que no hay una copia del contrato de adjudicación. Las compañeras no están recibiendo el material de limpieza para realizar sus tareas, se les insinúa que no deben denunciar para que se les pague lo que se les adeuda. Creo que de seguir así las cosas, no tardarán mucho en estar de nuevo en la calle, luchando”. Lourdes corrobora “Condicións, nada sabemos. Subiron o anuncio da adxudicación, un procedemento pechado sen publicidade, non deixan ver o contrato… claridade total, vamos”.

            “Aún están volviendo, muchas de ellas continúan sin trabajar ya que existen a día de hoy oficinas sin personal de limpieza como la USE de Ourense y la unidad de la Gudiña” sinala Javi. Para Lourdes “A volta foi dura, moi dura. Máis psicolóxico que físico. Saber que voltas sin haber cobrado nada da débeda, que tes que traballar todo un mes e limpar a porquería de tres si queres cobrar un salario e sumando xa seis meses sin cobrar un euro, que tes que ir a xuízo para conseguir cobrar o que é teu, que o traballaches, soportar os prazos da xustiza que son moi lentos… non hai palabra que defina como un se sinte” apesáranos Lourdes.

Hai acontecementos colectivos que cambian, ou poden cambiar, a realidade e reverter a inxustiza en transformación. Na folga das traballadoras da limpeza de Correos dábanse todas as circunstancias para un “Nunca máis” convertendo a esta folga na máis esperanzadora dos últimos tempos, polo menos en Galicia. Dende o orgullo de clase “As traballadoras da limpeza estamos ben orgullosas e coa cabeza ben alta” que inspira Ana María ata a firmeza da que foi testemuña Javi “las compañeras llevaron su lucha hasta el final, poniendo en riesgo su salud, sus viviendas, su economía y a sus familias… la lucha de estas compañeras ha sido un ejemplo”. Dende o alcance da folga, que transcendía a Galicia, ata o seguimento “Está todo o persoal en folga” comentaba Xan dende a CGT de Correos en A Coruña. A folga estigmatizaba claramente “o desastre da privatización” que sinalaba Daniel, Secretario xeral do SOV da CGT de Ourense, que como Javi e Xan acompañaron ás folguistas en todo o proceso. Dende a complicidade e confianza entre as folguistas “demostrarnos que somos moi loitadoras e con moita dignidade. Coñecer a compañeir@s de toda comunidade aínda que só fora a través de WhatsApp. Apoiarnos nos malos momentos e rir nos bos. Saber que ao outro lado da pantalla eres entendida porque o sofren igual ca tí” que sentiu Lourdes, ata o empoderamento que transmite Ana María “Quedounos claro que as mulleres temos que estar cada segundo loitando para que non se nos considere inferior a ninguén e que somos traballadoras e guerreiras”.

Sen embargo, a pesar de que estas mulleres conseguiron rachar con moitas barreiras como a da visibilidade “vimos que non interesaba que saíra público, pero nós, coa nosa loita conseguimos que saíra en todos os medios de comunicación para que se vira na situación en que estabamos vivindo” que constata Ana María, a sociedade en xeral e os movementos que pretenden transformala non apreciaron a loita destas mulleres, “dende o feminismo, cero, e intentouse por varias canles a nivel nacional e nada, só en Santiago na asemblea feminista convidaron a Marta, unha compañeira moi loitadora, a ler un manifesto e aproveitou para falar do noso” comenta Lourdes. Tampouco “dende o movemento obreiro, que dicir, os sindicatos sí, uns máis que outros pero non o suficiente” expresa Lourdes con diplomacia. Para Ana María “o máis grande apoio que tivemos foi da CGT, cando outros sindicatos que teñen máis poder non se mollaron nada”. Javi vai un pouco máis alá “creo que hay organizaciones sindicales en el comité de empresa que engañan sistemáticamente a las compañeras y que en las mismas movilizaciones dependiendo de que organización fueses, te iban coartando la participación o eso pretendían”. “A solidariedade por parte da plantilla de Correos, polo menos na miña unidade, foi ínfima” confesa Iria, compañeira da CGT de Pontevedra e traballadora de Correos, e continua “o único no que se estivo de acordo foi en non boicotear a folga, e dicir, realizar labores de limpeza que sabemos que si se fixeron en outras unidades”. A Ana María chegaron a culpabilizala “persoalmente déronme a entender que a culpa era nosa por ter que estar traballando nun lugar cheo de merda. Pero isto que é! Bótalle a culpa aos teus altos cargos porque demostraron que non lle interesan nin os seus propios traballadores nin o público, nós as de limpeza non lle interesamos para nada. Correos é o único responsable”. Lourdes o expresa con certa retranca “Os traballadores de Correos, seguro que nos botaron en falta”.

Resumindo, “non vimos apoio sincero, a non ser que estiveran aí ao noso lado” di Ana María. Así, dunha gran oportunidade para a clase obreira pasamos ao “A día de hoxe, non vexo ningún raio de sol. É que temos que seguir loitando día a día porque a este paso o futuro véxoo moi negro” que lamenta Ana María. Se este é o futuro para a clase obreira, para elas “despois de ver que anos atrás firmaron xunto cos sindicatos maioritarios que peón de limpeza, pertencente o grupo número 5, a extinguir. Que a limpeza pasa a subcontratas, que as licitacións son cada vez máis baixas, que contratan empresas piratas, que estar oficinas e centros de traballo tantos meses sen limpar e que algún sigue a día de hoxe por non estar o persoal dado de alta na empresa ou casos de baixas sen cubrir, fai pensar a un que moito futuro non hai ou non interesa” pensa Lourdes que conclúe “O tempo o dirá”, como advirte Ana María “Nós loitamos e seguiremos loitando o que faga falta”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *