VII Época - 25

ONDE ESTÁ A COMUNIDADE INTERNACIONAL?

Non é costume miña tratar conflitos fóra da loita laboral nestas páxinas. Sen embargo estou moi preocupado polo pobo palestino. Esta crecente preocupación é compartida. Nunca antes puidemos contemplar en testemuñas e imaxes semellante barbarie ao mesmo tempo que se producía. Algunhas desas imaxes son tan explícitas que ser capaz de miralas faite dubidar da túa humanidade. E isto, sen interrupción, un día tras outro aumentado o grado de crueldade e barbarie.

O pobo palestino logrou, apenas uns poucos días despois do 7 de Outubro, amosar ao mundo a atrocidade sen límites do estado sionista de Israel e frear a maquinaria de propaganda na súa contra pola audaz operación militar dese día. Incluso dende xa antes o pobo palestino ven conseguindo unha vitoria, a de non desaparecer, pero a que prezo! Esta vitoria lograda pola súa resistencia fai que nos emocionemos e solidaricemos profundamente e, como dicía unha editorial de La Campana, valga a pena recuperar as palabras digna e heroica para quen o merece. O pobo palestino está hoxe máis que nunca ameazado de extinción, mais resiste digna e heroicamente.

Non é tan estraño que unha comunidade humana extíngase. Coa invasión e desestabilización de Iraq en nome da democracia imperial desapareceron os mandeos, chamados tamén sabeos, unha comunidade moi discreta que poucas persoas fora de Iraq saben da súa existencia. Esta comunidade que tiña a súa orixe nun palmeiral á beira do Tigris no século III e que atravesou os últimos 14 séculos a trancas e barrancas respectados polos seus veciños musulmáns conservou ás súas costumes e crenzas gnósticas. Tamén conservaron a lingua, unha variedade do arameo con vocábulos de orixe sumerio. Unha ultimísima comunidade gnóstica que logrou sobrevivir ata os nosos días. É algo así como se na actualidade existira nun val remoto do sur de Francia unha comunidade cátara que sobrevivira milagrosamente as guerras santas e persecucións e continuara practicando os seus ritos na súa propia lingua de oc. No 2006 froito da guerra e desastibilización de Iraq, en vez da prometida liberdade, a ocupación instalou unha conveniente tolemia asasina e inaudito fanatismo relixioso, uns celosos predicadores do islam negábanlle aos mandeos o recoñecemento que lle asinara con toda claridade o corán, convertían á forza a familias atemorizadas poñéndolles un coitelo na gorxa, despedíannos dos seus empregos, expulsábannos das súas casas e saqueaban os seus comercios. Non eran moitos, no 2002, debera haber en todo Iraq arredor de 30.000, catro anos despois xa só quedaban 6000. Por fin, mobilizáronse unhas cantas persoas para axudalos; e conseguiuse exilialos a Suecia. Pero a comunidade ten poucas probabilidades de sobrevivir como tal. Dentro de poucos anos xa ninguén falará a súa lingua e os seus ritos serán simulacros. A situación dos mandeos, a pérdida dese tesouro da diversidade substituída pola uniformidade de baixa calidade de Ikea, segue oculta, a súa extinción está a producirse ante a impasibilidade da cultura e a complicidade da gobernanza mundial.

A extinción da diversidade humana non é algo novo exclusivo do Oriente. Na súa recente visita ao local da CGT de Pontevedra, dentro da xira europea do 2021, os zapatistas advertíronnos da inminente extinción da vida campesiña, que é o seu núcleo de sustento e a esencia da súa cultura milenaria. Unha vida campesiña que se resisten a abandonar pero que de producirse a súa extinción provocará o fin da súa cohesión como pobo. A desaparición dos pobos orixinarios, así os chamaban os zapatistas, de América tampouco é algo novo. EEUU, a gran nación co “destino manifesto” que profetizou en 1885 John Fiske, un discípulo de Darwin que cría na superioridade racial anglosaxoa, como “un conglomerado político que superará de xeito inconmensurable o poder a as dimensións de calquera imperio que tivera existido”, nace co colonialismo de asentamento que extinguiu aos pobos orixinarios de América do Norte. A maioría destes pobos resistíronse a este colonialismo de asentamento e loitaron ata a morte. Ante esta circunstancia, a de que só abandonarían ás súas terras se lograban matalos mentres loitaban contra a ocupación, EEUU impuxo a súa superioridade militar asasina con impunidade xenocida sen revisión nin reparación ata os nosos días. Moi ao contrario, EEUU segue empregando ese xerme ata hoxe en día dende as súas bases militares en todo o mundo, a través dos seus servizos de intelixencia ou de estados protexidos como o sionista de Israel.

Aínda con este coñecemento da historia, mais ou menos recente, da imposición do capitalismo e a súa mediocre cultura como modelo único, non deixa de aterrorizar a impunidade e crueldade coa que se impón a tiranía, por máis que unha e mil veces se repita. Así, asistimos hoxe en día ao xenocidio do pobo palestino sorprendéndonos cada día da escalada e nova modalidade de atrocidade das Forzas de Defensa Israelís, FDI. Por moito que saibamos que o que está a pasar en Gaza non é nada novo, aterroriza, preocupa e sorprende, tanto a brutal matanza coa que agoniza o seu pobo como coa que agoniza a humanidade internacional incapaz de frear as FDI. Xa antes do 7 de outubro, polo menos dende que HAMAS gañou en 2007 limpamente as eleccións lexislativas en Gaza, víñase producindo o xenocidio coas mesmas características que hoxe, excepto a invasión terrestre, de bombardeos indiscriminados, reclusión da poboación no campo de concentración máis grande do mundo e limitación de alimentos e necesidades básicas. Os gazatíes votaron mal e foron castigados por non votar a quen debían. A podredume chegou a que empresas turísticas ofertaran a colonos extremistas o espectáculo de presenciar os bombardeos sobre Gaza dende elevacións que permitían ver por encima do muro do campo de concentración a caída das bombas. Esta atracción turística foi freada en seco pola operación militar do 7 de outubro, diluvio de Al-Quds, sen embargo semella que as FDI están a construír unha zona baleira de amortecemento e seguridade destruíndo todo, muros para dentro, para que os colonos poidan contemplar a execución da solución final con seguridade dende esas elevacións. O desprazamento e concentración da poboación polas FDI cara o sur de Gaza ata Rafah, e o anuncio dunha invasión terrestre cara Rafah, semella o anuncio da solución final á que aspira Israel.

Non se trata de aclarar se hai ou non xenocidio, tratase de frealo. Mohamed Safa, un palestino e galego afincado en Corcubión, dicía nunha conferencia recente que nunca o pobo palestino sentirase tan só. É certo, porque máis alá de declaracións e manifestacións máis ou menos sinceras, emotivas ou grandilocuentes, ningún estado, excepto Yemen, tomou medidas efectivas que puideran frear as FDI en Gaza. Si, fixérono algunhas organizacións, como Hizbullah. Aínda así, a única esperanza da humanidade para frear ás FDI en Gaza está depositada no Yassin 105, ese pequeno mísil construído clandestinamente que vemos disparar aos resistentes palestinos contra os tanques Merkava das FDI. A ousadía de Yemen foi respondida con bombardeos británicos e estadounidenses sobre o seu territorio. A de Hizbullah respondeuna Israel e aproveitando o momento, Israel cometeu atentados en Siria e Irak, países que ademais bombardea. Bombardeo ao que sumouse o exercito de EEUU.

Aínda que sincera e loable a vía surafricana amosouse insuficiente e ineficaz, xa que ao día seguinte do pronunciamento da corte penal internacional, EEUU, Canadá, Reino Unido, Francia, Alemania, Italia, Holanda, Austria, Finlandia, Xapón, Australia, etc… deciden suspender a axuda á UNRWA, sumándose a Israel no xenocida sitio a Gaza. Nin agua, nin comida, nin medicinas, desafiando a Corte Penal internacional que ditara a necesidade da axuda Humanitaria. Os centos de traballadores pertencentes a UNRWA asasinados por Israel en Gaza amosan a inutilidade de Nacións Unidas e o maltrato a UNRWA, a organización da ONU para Palestina.

A pesar de toda esta crueldade, impunidade e inutilidade, e como deixaba concluír outra editorial de La Campana, a causa Palestina é a causa da humanidade. Ambas, Palestina e humanidade semellan agonizar neste conflito senón tentamos frealo resistindo. Moi lonxe do xerme imperial da gran nación co “destino manifesto”, o xerme da CGT está na xustiza, solidariedade e apoio mutuo como tamén no internacionalismo. Cando polas redes sociais difúndense as terribles imaxes do xenocidio que gravan e difunden os propios palestinos van acompañadas dunha pregunta: Onde está a comunidade internacional? A CGT debe sentirse interpelada por esa pregunta e responderse a se mesma. Onde estamos?.

A CGT ten que ofrecer a posibilidade de que o pobo loite e se dignifique a través da folga, a ferramenta de loita do sindicalismo, para esixir o fin do xenocidio.

Comezando por Galicia. Aquí, se ben conseguiuse facer unha manifestación ampla en Compostela, o resto das mobilizacións semanais están a ser unha decepción. Concentracións semanais dirixidas dende algún lugar que descoñecemos nas que incluso impídese falar, coa escusa de non estar previsto, a algunha persoa que o solicita. Unhas concentracións que sentimos alleas e nas que os que asistimos sentímonos estraños. A resposta social foi monopolizada dende ese lugar que descoñecemos impedindo a participación popular na organización da solidariedade. Un cheiro a partido político que ten que dirixir a resposta para freala e así impedir que se lle cheguen a esixir certas decisións que rompan o contrato social, mentres lava a cara con actos visiblemente inútiles. Destas catro organizacións, e intuíndo que a resposta se estancaba, BDS decidiu actuar pola súa conta convocando accións en solitario e pedindo a uns poucos colectivos que se sumaran. A precariedade organizativa das pouquísimas persoas que sustentan as siglas BDS en Galicia fixo que as súas convocatorias non chegaran a máis colectivos. Dende CGT solicitamos unha xuntanza aberta e autoconvocada dende BDS para unir a todos os colectivos e organizacións galegas. BDS sentiuse incapaz de facelo ata dentro de un par de meses. Agora, a CGT de Galicia non debe agardar máis para decidir convocar unha folga esixindo medidas de boicot, desinvestimentos e sancións dende a administración autonómica e estatal a Israel. Lonxe de actuar como actuouse ata agora, a CGT debera buscar aliados sindicais para convocar a folga ao tempo que solicita apoios a todo o tecido social galego e fomentar previamente grupos locais diversos que secunden e convoquen as accións e actos por palestina.

2 comentarios

  • María Lucila Valenzuela Fernández

    Es difícil hacer algo útil partiendo de premisas equivocadas

    Primero, hablas de comunidad internacional refiriéndote a la comunidad basada en los intereses capitalistas. Por tanto es imposible que esa sociedad se movilice si no les explicas desde sus intereses que debe motivar la intervención que crees que debe ocurrir. Y sinceramente creo que es imposible encontrar argumentos para convencerlos mientras el conflicto no se extienda

    Segundo, hablas de diversidad cultural como si hablaras de diversidad biológica. Desde que el ser humano es tal, las culturas nacen, crecen, se transforman y mueren
    La cultura es la capacidad del ser humano para hacer transformaciones sociales con la rapidez necesaria para adaptarse al ambiente, ya que la biología es muy lenta. La cultura es importantísima, pero lo es justo, por su capacidad de transformarse y desaparecer dando lugar a culturas con más capacidad de adaptación

    Sin tener muy claras estás cosas es imposible organizar nada que funcione. Ni las organizaciones mundiales de los demás se van a poner a tu servicio ni la cultura es nada más que una herramienta de supervivencia COMO ESPECIE

    Y el capitalismo, el sistema económico actual tiene una ventaja, es cortoplacista y ha logrado vender ese cortoplacismo, así como sus instituciones, a todos aquellos que no les gusta el sistema. Por eso nadie hace nada, es difícil mantener en crecimiento organizaciones a largo plazo, se estáncan porque ya todos somos cortoplacista

  • María Lucila Valenzuela Fernández

    Creo que el tema de la cultura no me quedó claro. Es difícil tratar este tema porque está lleno de mística

    Vamos a ir a lo concreto, esa cultura. Su reacción cultural al conflicto ha sido parir a destajo y ahondar en el islam.

    Piénsalo desde la racionalidad. Vives de la ayuda externa y reaccionas pariendo más para recibir más ayuda

    Vives en un conflicto permanente dónde los que participan en el conflicto puede aportar más ayuda a la familia. Parir más es tener mayor posibilidad de vivir mejor el conjunto familiar. Por tanto te dedicas a parir soldados y combatientes

    Para conseguir esto precisas expulsar de la solución a la mitad de la población, que tiene que dedicarse a parir.

    Esta cultura funcionaría hace unos siglos pero hoy es absurda. Vivir de la caridad y del conflicto pariendo úteros y soldados

    Si a cualquier persona que conozca el sistema de vida de esta gente y no idealiza las culturas, le hablas de salvar su cultura, te va a mirar de una forma rara porque no es una cultura viable hoy. Y quieren ayuda. Hay muchas culturas protegidas que no son viables, pero se las protege porque no piden ayuda, al revés, piden que las dejen en paz y sirven para ser estudiadas y entender los procesos culturales ya que no suelen ser reacias a que convivan científicos con ellos y responder a encuestas. No tienen nada que ver con Palestina

    En Palestina hay un conflicto humano, no cultural, en todo caso si quieres ver un conflicto cultural está dentro de los mismos palestinos. No usan a toda la población para aportar a la salida del conflicto y una parte de la población, la femenina aporta más muertos.

    El conflicto es humano. Gente que busca un territorio y gente que defiende la propiedad de ese territorio. Y fíjate, gente con la que comparten cultura los defensores y que metieron la guerra en el conflicto, llevan desde que perdieron la guerra pasando de ellos. Y comparten cultura!!!!! Defender esa cultura es absurdo no así defender a las personas. Lo que nos une es la biología

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *