VII Época - 32

NIN ESQUECEMENTO NIN PERDÓN!

En numerosas ocasións, dende La Campana, vimos alertando sobre a sinistralidade laboral como unha lacra que cae sobre a clase traballadora con total impunidade dos responsables; os gobernos que ditan as ineficaces leis laborais, o funcionariado de inspección de traballo e saúde laboral, responsable de garantir a aplicación das insuficientes leis e medidas de prevención, e finalmente, aínda que tamén principalmente, o empresariado que vulnera sistematicamente as medidas de prevención e explota a clase obreira ata atentar contra a saúde dos seus asalariados. O SUTSO da CGT de Pontevedra nas xa tradicionais Xornadas Libertarias que preceden ao 1º de Maio tratará este tema polo miúdo e dende a experiencia das seccións sindicais máis achegadas. Men-tras, imos botar unha ollada sobre este con-flito laboral que nos afecta directamente e persoalmente a to-dos, e que debemos atallar loitando colec-tivamente, como sem-pre, como sempre se conquistaron as melloras para a clase obreira.

Comezamos cun pequeno análise que a CGT de Valencia realizou sobre os datos de accidentes mortais no traballo no último ano. O análise comeza cunha advertencia “por moito que os medios e as administracións queiran presentar os datos sobre defuncións en accidentes laborais como bos por diminuír a cifra en 2023 e que a media de mortos no traballo baixase de dúas persoas ao día neste último ano, as cifras son escandalosamente graves como para continuar esixindo medidas urxentes que fagan frear este xenocidio empresarial”. As persoas mortas en accidente de traballo durante o ano 2023 foron 721, unha cifra que, aínda que diminúa en 149 as vítimas mortais respecto ao ano 2022, non deixa de ser un dato estarrecedor. Que se produza de media unha vítima mortal cada pouco máis de doce horas tería que escandalizarnos, aínda que a cifra “mellorou” respecto a os datos de 2022, sitúase na mesma liña que en exercicios anteriores, evidenciando claramente que os datos non melloran co paso dos anos. Durante os últimos trinta anos houbo un total de 30.000 vítimas mortais en accidentes de traballo.

Tras estas inaceptables cifras o análise continúa “Non basta con novas leis e medidas que se teñan que aplicar nas empresas porque sabemos que as propias empresas ignóranas sistematicamente, tal como fan coas xa existentes. Dende CGT esiximos un control máis exhaustivo e directo das inspeccións de traballo sobre as empresas, unha maior dotación de efectivos que se traduza nunha maior rapidez e efectividade das súas actuacións, unha maior independencia deste organismo e unhas sancións máis contundentes contra as emprendidas infractoras” apuntando ás causas desta inmoral carnicería. Mentras que para a CGT valenciana “O simple feito de facer cumprir ás empresas integramente a Lei de Prevención de Riscos Laborais (LPRL) por parte das administracións faría baixar a cifra de accidentes laborais dunha maneira máis que notable”, sen em-bargo, dubido, sobre esa notabilidade, aín-da que por suposto estou de acordo con que facer cumprir a LPRL ten que ser unha demanda constante das seccións sindicais, non solo da CGT, senón de toda aquela organización que exerza o sindicalismo. Isto é así porque para o sindicalismo “Non estamos a falar de beneficios, non estamos a falar de produtividade, non estamos a falar de salarios nin de xornada, estamos a falar do máis importante que temos as persoas, a vida e a saúde e estamos a pedir que o feito de acudir ao teu posto de traballo todos os días non se converta nun risco para a saúde e a vida polas neglixencias cometidas por parte dos empresarios. Porque non somos números, porque coa nosa saúde e coa nosa vida non se xoga e porque temos que antepoñer as dúas cousas aos intereses do capitalismo” conclúe o análise.

Sempre atenta a esta lacra social, a CGT valenciana tamén nos advertiu dos nefastos datos publicados polo ministerio de traballo fai apenas unhas semanas no denominado “avance de Xaneiro de 2024” do que podemos resumir que a sinistralidade laboral creceu en xaneiro. Segundo estes datos, os accidentes que causaron baixa foron 44.980, mentres que os accidentes sen baixa foron 38.822. Comparando as cifras co mesmo período do ano anterior, os accidentes con baixa experimentaron un aumento do 3,1 %, e os accidentes sen baixa, un aumento do 1,2%. Dentro dos accidentes con baixa, producíronse 38.791 en xornada de traballo e 6.189 accidentes in itinere. A variación en relación a xaneiro de 2023 situouse no 2,4 % para os accidentes en xornada e no 8,4 % para os in itinere.

En canto á cifra de falecidos durante o primeiro mes de 2024, temos que lamentar a morte de 42 persoas durante a xornada (14 menos que en xaneiro de 2023) e 9 no camiño de ida e/o volta do traballo, dous máis que o ano anterior.

Como vén sendo habitual, o comezo de 2024 non vén con novidades en canto aos sectores que encabezan as listas de sinistralidade e falecementos. No caso dos sectores con maior sinistralidade atopamos a industria manufactureira (7.005 accidentes); construción (5.991 accidentes) e comercio/reparación de vehículos (5.404 accidentes).

En canto á mortalidade no traballo, a construción e o transporte e almacenamento rexistraron 12 accidentes con resultado de falecemento da persoa traballadora respectivamente, e 4 no ámbito da Administración pública e Seguridade Social.

Por comunidades autónomas, aínda que a sinistralidade laboral en xaneiro continúa concentrada nas mesmas rexións (Andalucía, 7.065; Comunidad de Madrid, 5.891, e Comunidade Valenciana, 4.295), os falecementos durante o mes de xaneiro rexistráronse noutras que non adoitan figurar en primeiras posicións. Así, Andalucía rexistrou 12 mortes no traballo; 6 en Castela e León e 5 en Euskadi.

O próximo sábado 20 de abril a CGT convoca unha concentración en Cornellá del Llobregat diante da empresa CIDAC S.L. con motivo do 3º aniversario da morte de Xavi Cayuela, traballador de 19 anos asasinado a mans do terrorismo patronal da empresa CIDAC de Cornellà. O comunicado de chamamento a esta concentración explica exemplarmente porque se producen os accidentes e o porque da impunidade polo que o reproducimos a continuación.

A pesar de que no seu día a Generalitat falou en nota de prensa do carácter permanente dos riscos laborais; o risco de contacto mecánico atrapamento por ou entre obxectos en diferentes equipos de traballo que utilizaba CIDAC; as condicións de traballo (risco eléctrico, de incendio, caída, falta de orde e limpeza…), e obrigacións en seguridade e saúde laboral (información, formación, vixilancia, equipos de protección individual), entre outras infraccións que cualifico de moi graves, e a pesar de recoñecer o alto risco de accidente que representan estas instalacións para os traballadores, nin Inspección de Traballo nin o Departamento de Traballo da Generalitat plantexáronse o peche cautelar da empresa onde aínda seguen traballando a quendas de 12 horas, e onde, de haber outro accidente eles serán os únicos responsables.

A maneira na que se tiña que actuar contra CIDAC debería servir de exemplo aos empresarios cataláns e do resto do estado, para que non se volva a repetir un homicidio como o de Xavi.

As institucións deben utilizar a máxima contundencia de maneira exemplarizante contra esta lacra silenciada que son os accidentes laborais e contra eses que antepoñen os beneficios á seguridade dos seus traballadores e traballadoras. Non só falamos dos accidentes que causan a morte, tamén os de centos de traballadores e traballadoras polo que anualmente sofren discapacidades ou enfermidades crónicas por culpa da avaricia de empresarios e a inoperancia de institucións públicas.

Dende CGT entendemos que a de CIDAC non foi unha sanción exemplar e non deixaremos que o homicidio de Xavi nin ningún outro quede impune. Traballaremos incansablemente para que isto non volva acontecer.

Nos últimos trinta anos, no estado español faleceron máis de 30.000 persoas no seu posto de traballo, 721 no 2023. Outro efecto dos accidentes laborais do que nunca se fala é o gran número de persoas que sofren minusvalías e discapacidades orixinadas no seu posto de traballo por culpa de empresarios que non cumpren coa lexislación en materia de prevención. A xente máis nova está a verse especialmente afectada por esta lacra ao caer na súa primeira experiencia laboral a mans de alimañas.

Mortes como a de Xavi que seguen ocorrendo no estado español, realzan a idea de que hai un total desleixo por parte das administracións, e que as empresas non teñen ningún interese en protexer ao seu persoal.

A culpa desta dramática situación é a ineficacia da Inspección de traballo. Resultan grotescos os medios que o goberno da Generalitat e o Departamento de Traballo destinan ao cumprimento da lexislación laboral: un total de 108 inspectores para toda Cataluña, unha proporción moi baixa para as máis de 634.000 empresas que hai no territorio, as 3.716.000 de persoas traballadoras e os 653.510 accidentes de traballo anuais que se rexistran de media.

Por todo iso esiximos ao Goberno Central e Autonómico unha maior contundencia contra as empresas que explotan ás súas traballadoras e traballadores saltándose as normas en materia de prevención de riscos, que o Departamento de Traballo compareza como acusación en toda causa xudicial por morte en accidente laboral, así como dotar inmediatamente á Inspección de traballo dos medios necesarios para levar a cabo estas tarefas de maneira áxil e eficaz. Esiximos unhas condicións dignas de traballo, para que ir traballar non nos custe a vida.

NIN ESQUECEMENTO NIN PERDÓN!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *