VII Época - 34

SEGUINDO DE CERCA

Seguindo de cerca os conflitos dos que vimos informando nestas páxinas de La Campana imos pararnos en primeiro lugar no que enfronta á FESIBAC, a Federación de Sindicatos de Banca da CGT coa patronal bancaria AEB, polo convenio colectivo. Como é ben sabido por quen seguides estas páxinas, o pasado 22 de marzo celebrouse unha folga xeral, con éxito de participación, en todo o estado nos bancos afectados polo convenio de banca estatal. A primeira xuntanza da mesa de negociación tras a folga tivo lugar o 25 de abril. A patronal, botou peito na mesa de negociación querendo desbotar o éxito da folga, e propuxo a menor das propostas de subida salarial realizadas na mesa de negociación. A proposta consistiu en elevar unicamente un 0,5% acumulado en 4 anos, pasando do 10% ofertado ata a data, ao 10,50%. Para a FESIBAC esta proposta, aínda que pareza contraditorio, amosa a preocupación da patronal xa que é un intento de afastar a súa proposta final da celebración da folga e minimizar o seu impacto. Seguindo a mesma absurda pseudotáctica, negouse a calquera modificación do artigo 5, de compensación e absorción, que evite que as retribucións das persoas que teñen os seus salarios complementados con conceptos extraconvenio, non se vexan de facto, pola súa aplicación indiscriminada, conxeladas e absorbidas pola suba anual do salario base. Ante esta actitude a CGT volveu a incidir, y esto ya parece el día de la marmota, en que el momento que vive actualmente el sector financiero, donde los beneficios milmillonarios llenan las carteras de la alta dirección y del accionariado, debe servir para firmar un convenio colectivo que permita a las plantillas del sector recuperar el poder adquisitivo perdido en los últimos años e incrementarlo en los venideros. Y por esta razón vamos a seguir defendiendo nuestra plataforma reivindicativa en materia salarial, consistente en el abono de una paga que compense lo perdido en los últimos 5 años y una subida anual del IPC+1 con un suelo del 5% calculada con una fórmula, que de como resultado la reducción progresiva existente entre las retribuciones que cobran los distintos niveles profesionales, en un momento donde las funciones que realizan son en muchos casos las mismas. Hecho este que genera la anomalía, dejando al margen la antigüedad, de que a igual trabajo se cobre de manera muy dispar”.

En segundo lugar imos deternos no seguimento da folga indefinida dos traballadores de atención ao cliente de H&M que da servizo a oito países. O mesmo día que a xuntanza da mesa de negociación do convenio de banca estatal, 25 de abril, comezou a folga cunha participación de máis da metade do persoal. Para a CGT, maioritaria no comité de empresa, esta contundente resposta, pon de manifesto o fastío ante a pasividade e inacción da empresa. A folga indefinida comeza tras sete xornadas de folga realizadas entre novembro e decembro de 2023 nas que houbo un gran seguimento, e das posteriores reunións e mediacións ante a autoridade laboral, onde a dirección de H&M non mostrou vontade real de negociar as melloras laborais e salariais esixidas polo persoal que pasan por recuperar o poder adquisitivo perdido e mellorar unhas condicións laborais precarias que apenas experimentaron modificacións nos dez anos desde a apertura do centro. Nunha análise que a día de hoxe afecta a todos os traballadores de esta multinacional de “moda sucia” e que advirte do futuro do sector téxtil, a sección sindical da CGT advirte “El Grupo H&M presume de importantes beneficios en el año fiscal 2023, con un aumento del 144% hasta los 772 millones de euros. Sin embargo, en España la empresa continúa con su política de recortes. El reciente anuncio del cierre de 28 tiendas en el país, unido a la progresiva precarización en la política de contratación de su centro de Atención al Cliente, así como la sustitución de trabajadoras por herramientas informáticas de automatización, evidencia la estrategia de H&M de priorizar los beneficios por encima de los derechos de las trabajadoras y del empleo en España”. Un futuro que só poderá reverter a loita sindical. A CGT ten convocadas manifestacións para os sábados 4, 11, 18 e 25 de maio en Barcelona, cidade onde está o centro de atención ao cliente, advertindo á multinacional que a folga pode ser longa senón cede as demandas.

En terceiro lugar seguimos co conflito na consultora DXC que levou á maioría sindical a convocar sete días de folga, que comezaron os pasados 21 e 22 de marzo e dos que informamos no nº 31 de La Campana. Para a próxima serie de dous días de folga, 29 e 30 de abril, mantivéronse xuntanzas con outras empresas do sector co resultado de que os traballadores de ACCENTURE súmanse á folga e unen ás súas forzas. Coa unión serán 15.000 os compañeiros e compañeiras convocadas. Haberá 18 concentracións e manifestacións ao longo de 11 cidades, entre elas a Coruña. Para os sindicatos desta maioría sindical, onde atopase CGT, o conflito estase a estender nas empresas do sector TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) debido ao padecemento dun problema común, a perda do poder adquisitivo dos traballadores acompañados dun incremento exponencial dos beneficios empresarias. Como nos outros dous casos anteriores, banca e téxtil, Tecnilogica, nome do grupo de empresas, leva acumulado 110 millóns de beneficios nos últimos tres anos. Ademais o incremento nas retribucións do consello de administración subiron un 36% mentres o poder adquisitivo dos traballadores diminuíu un 17% pola política empresarial de conxelación salarial e subas 0%. Ao mesmo tempo, o grupo Accenture está en continua expansión adquirindo máis e máis empresas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *