LA SITUACIÓN DE TODO. ¡ESE ES EL PROBLEMA!
É evidente, a clase obreira da industria da automoción en Galicia non está a pasar o seu mellor momento. Puxémonos en contacto con Jesús Rodríguez Lorenzo, que xunto aos compañeiros David e Antonio, representa á CGT na fabrica Forvia ADG de Vigo. Atreveríame a dicir que despois de ler a entrevista seremos mais conscientes do mundo en que vivimos e da necesidade de combatelo sindicalmente.
Este xoves convocouse unha folga na automoción galega. Chamoume poderosamente a atención. Eu traballei no metal e estiven en unhas cantas folgas polo convenio. Tamén coñezo as folgas das auxiliares do naval pero da automoción non lembro unha folga. Cal é a vosa visión desta folga?
La huelga es la mayor herramienta que tenemos las personas trabajadoras para luchar y no se puede usar así como así. Cuando tú vas solo a una huelga sin ejército, como es este caso que ha hecho CIG, pues el fracaso está asegurado. Parece ser que hace unos meses hubo algunas reuniones para tratar qué hacer todos juntos en el sector de la automoción. En esa reunión parece ser que estuvieron varios sindicatos, nosotros no fuimos invitados, no sabemos más. Lo que sabemos es que ahora hay una huelga convocada por CIG. Nos llama mucho la atención a nosotros, como CGT, que no haya una unión de todos los sindicatos. Es una pena que a nosotros como CGT no nos hubiesen invitado porque tenemos representación en varias empresas y seguro que aportaríamos soluciones o incluso como se suele decir, aplicaríamos ese pegamento que hay que aplicar para que los distintos sindicatos se unan de verdad y nos unamos de verdad, por un fin común.
También hay que tener en cuenta las peculiaridades de cada empresa. Mira… en Forvia Asientos de Galicia estamos pendientes de la adjudicación de un proyecto. Nosotros tenemos carga de trabajo hasta el año 2027 porque nos la proporciona el actual proyecto P24 que es el actual Peugot 2008. Dependemos de las ventas. Si las ventas se mantienen como a día de hoy, pues nosotros no tendremos problemas hasta el año 27, si las ventas bajan, vamos a tener problemas. Ahora mismo estamos sin eventuales, solamente tenemos algún eventual cubriendo bajas de indefinidos. Estamos con la plantilla al 100% de indefinidos y con la carga de trabajo justa para el 100% de los indefinidos, justísima. Esto quiere decir que no tenemos una grandísima fuerza ahora mismo en el taller para hacer huelgas, a no ser que fuese con un peso muy grande detrás. Ese peso no lo tenemos porque le vamos a pedir al cliente, en este caso Stellantis Vigo, que nos dé el proyecto. ¡Confía en nosotros, confía en Asientos de Galicia, en Forvia, que llevas 23 años trabajando con nosotros y somos buenos proveedores!, y al mismo tiempo le convoco una huelga para que nos dé el proyecto. Es un poquito inconcluente por nuestra parte.
A lo mejor sí, sería más propicio en aquellas empresas que que ya tuvieron la negativa de Stellantis Vigo y fueron subvencionadas por la Xunta de Galicia o el gobierno estatal o los ayuntamientos o quienes fuesen. Si han sido subvencionadas esas subvenciones tienen que tener un aquel. Se devuelven o van a las personas trabajadoras. Lo que no puede ser es que una empresa lleve subvenciones para que después no deje la carga de trabajo aquí.
Nuestra visión de la huelga es que en nuestro caso particular no es prudente convocar una huelga. En otros pues sí, por ejemplo, Magna, por ejemplo, Denso, por ejemplo algunas otras que ya han tenido la negativa por parte de Stellantis Vigo. También cabe destacar que esas empresas no solo trabajan para Stellantis Vigo, en nuestro caso sólo si, solo trabajamos para Stellantis Vigo.
Independentemente da folga, como ves a situación da clase obreira da automoción en Vigo e en Galicia?
Mal, mal, mal, mal, véxoa moi, moi, moi mal, pero non vaias a pensar que é mal por culpa de Stellantis, é un cúmulo de todo. Vamos a ver, estas empresas, estas multinacionais, non están para defender a clase obreira, vale!, estas multinacionais están para gañar cartos. Se aquí deixan de gañar cartos, se van a outros países e non hai máis voltas que darlle. Aquí o tema é que as administracións subvencionan estas empresas que despois se piran. Iso é o que non pode ser, se subvenciona esas empresas, que se queden e que permanezcan, se non devolves pasta, iso é como entendemos nós, os que estamos na automoción, que ten que ser así.
Outra cousa que hai na automoción dende a… pandemia… Nosa empresa, no noso caso, somos pioneiros, pioneiros en moitísimas cousas, que o saibas. Sen embargo tivemos necesidade de ERTEs dende o ano 2008. Eu a día de hoxe, no ano 2024, estou collendo meu paro do ano 2008, e cada vez que miña empresa me envía de ERTE… a administración llos aproba sempre, pero sempre. E que é a hostia! Dá igual que firmemos nós como comité ou que non firmemos un ERTE . A min é do que que máis me rebenta como representante dos traballadores. De verdade eh!, que teñamos ERTEs,! Unha empresa, unha puta multinacional que gaña cartos coma a terra, e que isto é incomprensible, incomprensible.
E mal porque se van a dar moitas casuísticas. Non se van a vender os mesmos coches que se vendían antes. E que é imposible, imposible. Aqueles coches que se vendan ao mellor serán de prezos moi, moi moi baixos e se fagan seguramente noutros países. Porque aquí a man de obra pois xa ten un valor, vale? Si nos a vamos países como Marrocos, creo que están o cambio a 300 € mes, pero aínda que sexan 500, a diferenza é abismal.
Iso por un lado. Por outro lado, están tódolos fabricantes chinos. Aínda que veñan estes de Stellantis, dicíndonos que hay que pelexar contra os chinos, que hay que reducir custes, etcétera, etcétera… Que vamos a ver! Que polo outro lado compran Leapmotor, teñen o 51% de Leapmotor, que é unha marca china. Van a fabricar coches chinos dentro das plantas de Stellantis en Europa.
A maiores de todo iso, os coches que a día de hoxe teñen sobre 15 anos, 10, 15, 18, pois non son malos coches. Isto quere dicir que se van vender menos coches porque o mercado de segunda man prevalece máis no tempo.
Nos aquí, sobre todo no sur de Galicia, a pesar de ser unha rexión de moita fábrica punteira de automoción, cada día se vai fabricar menos. De feito, todas estas empresas xa teñen máis fábricas en eses países emerxentes como é todo o norte marroquí.
Ademais, hai que ter en conta que a maioría -non sei as demais a verdade, pero é o noso caso- da plantilla ten arredor de 50 anos. E que imos a facer? No peor dos escenarios, temos carga de traballo ata o ano 27, no ano 27 a finais de ano ou primeiros do 28 nos din cerramos. Os meus compañeiros, a maioría dos meus compañeiros e compañeiras van a ter 52 anos. Que fan? Que pasa? Temos que deixar os mellores anos da nosa vida laboral nunha multinacional que despois cando temos 52, 53 anos, que é cando máis desamparados estamos no mercado laboral, e collen nos dan unha patada e nos botan á rúa. Que facemos nese momento?
Na vosa empresa en particular…como está constituído o comité de empresa? E explícame brevemente cales son os principais conflitos que tedes coa empresa
Nós acabamos de ter eleccións sindicais, o tema é que o proceso está xudicializado. Houbo un laudo e unha impugnación ao laudo, temos o xuízo o día 4. As eleccións xa foron o día 13 de novembro, con un resultado bastante bo para nós, para a CGT. Obtivemos 44 votos por Man de Obra Directa e fomos a forza máis votada por Man de Obra Directa. Sen embargo somos dous representantes máis un delegado. CIG quedou con 40 votos máis sete de Man de Obra Indirecta, ou sexa 47. UXT colleu 26 ou 27 votos por MOI. Teñen dous delegados en MOI, 12 votos en MOD, Man de Obra Directa, e teñen un delegado por abaixo. Ou sexa son tres, máis un como delegado sindical. Nos quedamos terceiros. Cuartos quedaron USO con 40, empatados con CIG en taller a 40. Despois Comisións con 36. Despois CUT con 23 e despois UGT e CSIF con 12. Somos sete sindicatos! Nunha empresa de 280, 300 traballadores. Somos sete sindicatos, como o goberno tal cual!
O comité, agora mesmo… pois mira nas anteriores capitaneaba a CIG. Eran os que máis forza tiñan. Agora mesmo, ninguén quixo capitanear o comité porque a maior forza, UXT, non quixo ter nin secretaria nin presidencia de comité. Despois tocáballe a CIG. A CIG nas anteriores eleccións optaron á presidencia. Disque non tiveron éxito. Optaron á secretaría e si tiveron éxito, foron secretarios. Pero nestas, pois non quixeron optar a ningunha. De feito dixeron que isto era ingobernable. Dende meu punto de vista, un presidente do comité de empresa non ten que gobernar a ninguén, non está para gobernar. Un presidente ou presidenta do comité de empresa o que ten é que unir forzas e buscar o ben común para acadar os mellores resultados para as persoas traballadoras. Despois nós como terceira forza, dixemos que si optabamos á presidencia. Cando foron as votacións no comité acadamos sete votos. Por maioría, son presidente do comité de empresa. Todo isto a expensas do que diga o Xuíz o día 4 de decembro. Se di que hai que repetir eleccións, todo isto pode dar un un un troco absoluto, ollo!.
Este último convenio que tivemos foi un bo convenio. Son 4 anos de vixencia pero acadamos unha suba salarial de mais de 4000 euros no primeiro ano e o resto de anos suba de IPC real en todos os conceptos.
Os conflitos que temos coa empresa. Agora mesmo temos un ERTE aberto, ou sexa, unha negociación de ERTE. Nos acaban de dar esta semana o pre-aviso. A semana que vén nos darán a memoria explicativa. Xa temos as xuntanzas programadas para negociación do ERTE para o ano que vén. Porque é o pan de cada día, nós cada ano ERTE. Non hai maneira de que cobremos íntegro o noso salario anual. E non os cobramos nunca, por que? Porque entramos en ERTE. De quen é a culpa de que teñamos estes ERTEs? Porque o comité, por moito que faga, non pode facer nada. Non podemos facer absolutamente nada. A administración lle aproba os ERTEs sempre. Nos baixa o salario á administración.
Ademais temos o plan de igualdade sen negociar con un requeremento da inspección de traballo de que o temos que ter negociado antes do día 15 de decembro.
Eses son os conflitos que temos agora coa empresa, pero… é o de menos. Iso é o de menos, ti preguntas a calquera traballador, que cal é o conflito que tes coa empresa, como ve a situación? Cómo veo la situación de todo, me veo sin carga de trabajo, ese es el problema. Tontos no somos los trabajadores de la automoción, tontos no somos. Se están aprovechando de las personas trabajadoras en todos los países, porque en Francia pasó lo mismo. Se han quedado sólo con ciertos modelos grandes, gordos, pero mucha mano de obra se fue, quedó por el camino. Por qué?, porque nos lo dieron a nosotros, nos lo dieron a España, a Portugal, a Italia, pero es que ahora nosotros también somos caros. Pues bajamos más, para Marruecos. Y al mismo tiempo todas estas empresas subvencionadas, aquí alguien tiene que pagar esto. Imaginémonos lo que te comenté antes, del 27 en adelante, no hay chollo, o hay chollo para el 40% , el 60 a la calle. Claro, con 50 y pocos años, ya no somos productivos. Pero es que esto es Forvia!, Esto es una multinacional que… ni siquiera cotizan el ibex. No hay por dónde cogerlo, de verdad, nos falta algo. Falta algo que una a todo Dios, que salga a la calle y que diga, señores, hasta aquí, hasta aquí, porque esto no da para más, es para mear y no echar gota.