VII Época - 69

LOITAR PARA QUE A MENTIRA NON SE REALICE EN ATERRADORA VERDADE

Dende que Maquiavelo recomendou ao príncipe que mentira para conquistar ou conservar o poder, a dimensión da mentira, hoxe en día, é tan rotunda que deixou de ser mentira para converterse en verdade. Se falamos de militarismo, penso que é razoable, ademais dun desexo compartido que esa ameaza á clase obreira da posibilidade dunha guerra entre os bloques económicos e de dominación xeopolítica non se converta nunha verdade, que a dimensión da mentira non se reifique, que quede no terreo do falso, do espectáculo. En realidade, é razoable e desexable que a preparación para unha guerra, como todas asentada nos depravados intereses privados dunha elite camuflados nunha gran mentira, provoque o derrubamento do réxime. Un derrubamento protagonizado polo pobo en busca da ansiada liberdade. Non sería a primeira vez.

En fin, non hai moitos signos de que esteamos ás portas dunha revolución polo que a mentira seguirá sendo a que mande e cause sensación, pero si hai signos de que a mentira convértase nunha verdade aterradora. Recentemente, Safa, o palestino galego inasequible ao desalento, apuntaba na súa poderosa conversa en Pontevedra que unha guerra comercial como a que se estaba producindo era a antesala para as armas. Non é o único que nos advirte, o informe “Balance de la política de defensa en 2024. Vuelta de tuerca militarista y construcción de un clima prebélico” elaborado polo grupo Tortuga xa o fai dende o subtítulo. O informe salienta varias conclusións. A primeira, a deliberada opción de reforzo do militarismo por parte do goberno PSOE-SUMAR, que profundou nas políticas de rearmamento e remilitarización, venda de armas e construción dun clima prebélico en consonancia coas opcións militaristas de EE.UU., da OTAN e da construción (subalterna) da UE como nova potencia militar. A segunda, o consenso de facto ente as elites políticas na tendencia militarista emprendida, incluídos os partidos da suposta esquerda. Para continuar coa cada vez máis acusada transversalidade da opción militarista a outras administracións, así como a outras instancias e articulacións, como poden ser universidades e corporacións privadas, empresas, medios de comunicación, centros escolares, ONG´s, intelectuais orgánicos e tertulianos etc. O informe tamén conclúe sobre a perplexidade social e das articulacións máis potables do noso panorama ante o feito da guerra e o clima prebélico imposto polas elites, coa consecuente falta dunha contestación social eficaz. Máis aínda, a paulatina asunción dos valores militaristas por parte de amplas capas da sociedade e dunha gran parte das organizacións sociais. Tamén confirma esa dificultade, en paralelo, da falta de propostas cribles e prácticas de oposición ao militarismo capaz de provocar a enerxía política necesaria para desencadear un novo ciclo de mobilización e resistencia á guerra e de aposta pola paz con contidos. Unha dificultade que vimos sinalando dende La Campana, e o SUTSO, non só no antimilitarismo senón que invade todos os aspectos da loita social obreira e a desarticula, aínda que dende estas páxinas teñámola chamado confusión.

A pesares dese desalento, penso que é acaido celebrar e concluír un debate para elevar a prioridade, e os recursos, da contestación antimilitarista dentro da CGT, posiblemente articulando o xeito de levar á obxección fiscal ao gasto militar a todos os traballadores. Cando menos aos centros de traballo onde estamos presentes a través da organización e estrutura sindical. Por suposto, tamén aos nosos contactos sociais, por moi dificultoso ou confuso que resulte. Non se trata de facer comunicados, mais ou menos brillantes, para posicionarnos espectacularmente dentro da area da actualidade ou de ter un enlace permanente á campaña de obxección fiscal. É o momento de realizala, de traspasar a “retórica maximalista pero vacía de contenidos y concreciones alternativas, mezcla de comicidad y cinismo” coa que o Informe do Grupo Tortuga conclúe sobre a postura da “izquierda nominal” no consenso de facto entre as elites políticas. Esta tarefa de realización pode corresponder ao comité confederal para que a eleve a todos os sindicatos e estes decidan a conveniencia, os termos e os recursos, a prioridade actual, do antimilitarismo na loita sindical obreira.

Ao meu entender, a obxección fiscal harmoniza co anarcosindicalismo en canto un acto de desobediencia civil que se traduce nunha acción concreta de non colaboración co militarismo e de resistencia á guerra. A Obxección Fiscal é unha acción colectiva de desobediencia civil, ao negarnos a financiar a guerra cos nosos impostos. Consiste en desviar unha parte dos nosos impostos, aquela destinada a financiar a guerra, cara a proxectos sociais que promoven o feminismo, o acceso á vivenda, os dereitos laborais, a comunicación alternativa, o ecoloxismo, a economía alternativa, a cooperación internacional, os dereitos das persoas migradas e ao apoio a procesos antimilitaristas noutros lugares do planeta.

A campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar correspondente ao IRPF 2025 xa comezou.

1 comentario

  • María Lucila Valenzuela Fernández

    Pero cuál es la opción constructiva?

    No se puede ayudar a Palestina porque no somos libres y no somos libres porque no somos autosuficientes, ni para ayudar ni para protegernos .

    Cuándo tengamos que elegir entre India, Trump, Arabia saudí, Marruecos, etc y Rusia, China, Paquistaní, etc…… Como vamos a optar por la imparcialidad si no eres autosuficiente ni para lo más básico que es defender tu casa?

    Suiza que es un ejemplo de imparcialidad, es un ejemplo de autosuficiencia. Cualquiera que la atacara tendría un coste tan grande que no valía la pena para un país que tampoco interesaba mucho a nadie. Nadie nos puede asegurar que no seamos interesantes en semejante eje que se está formando y no somos capaces ni de hacer faroles

    Creer que seguir haciendo lo mismo nos puede llevar a buen puerto en un mundo tan cambiante, es la técnica del avestruz

    Por qué no ver este momento como el momento de la oportunidad para construir otra cosa?. Creo que no es mucho pedir, para quienes no están de acuerdo con el sistema, quieren ayudar a otros…. Hacer algo más que lo de siempre y preparar una alternativa creíble por si llega el momento de tener que elegir porque necesitamos ayuda, no creo que sea mucho pedir. Yo no quiero pasarme la vida criticando que no ayudarán a la república, que la OTAN es una opresión Usa, etc y al final que resulte que somos igual que todos, criticando el capitalismo pero sin hacer nada que pueda cambiar la buena vida que este me ha dado

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *