CONTRA A PRECARIEDADE, O ABUSO E OS DESPIDOS
Manifestación en Chantada das traballadoras de Atención no Fogar
Traballadoras dos Servizos de Atención no Fogar, SAF, manifestáronse iste sábado, 22 de maio, na vila luguesa de Chantada, reclamando condicións laboráis dignas e a readmisión das súas compañeiras despedidas pola empresa CLECE, á que lle subcontratou o concello a prestación distes servizos.
Dende a aprobación da Lei de Dependencia no 2006, o goberno galego ven impulsando a privatización dos servizos de atención domiciliaria, do mesmo xeito que fixo coas residencias de maiores. Os beneficiarios diste proceso privatizador han ser empresas como Clece, filial de ACS, a constructora presidida por Florentino Pérez, e como ServiSar, plataforma de servizos sociais do grupo Domusvi, que foi duramente cuestionado e criticado por usuarios e familiares pola súa xestión durante a pandemia. Coa privatización diste Servizo esencial en Galicia, feita a un ritmo acelerado, as condicións laboráis e económicas neste sector moi feminizado, son cada día piores, cada día máis insufribles.
Durante a manifestación, Rita Gallego, fundadora e portavoz da Plataforma Servizo de Atención no Fogar, SAF Galicia, foi explicando que con esta manifestación e coas próximas mobilizacións que han seguir (a primeira en Ourense, o 29 de maio) “as traballadoras denunciamos que a privatización dos Servizos de Atención a Domicilio só busca o lucro dos donos das empresas beneficiarias das privatizacións”, coa reducción dos salarios e o correspondente aumento do marxe de beneficios, nun sector que só se desenrrola e ten ingresos polos servizos que están obrigadas a prestar as administracións públicas locais e que, en último término, son competencia da Xunta de Galicia.
Segundo explica Gallego, “as traballadoras dos servizos de atención a domicilio, na gran maioría mulleres ás que se lles exixe unha titulación específica para realizar o seu traballo, enfróntanse a unha situación de precariedade e explotación inadmisibles. Non chegan ó salario mínimo interprofesional porque traballan por peonadas polas que apenas ingresan entre 5 e 6 euros brutos por hora; non se lles abonan gastos de desplazamento cando teñen que moverse dun sitio a outro; non se lles proporcionan os medios necesarios para facer un traballo moi físico do que non poden xubilarse ata os 67 anos e que non conta con catálogo de enfermidades profisonais a pesares de que se suceden moitos problemas musculares e óseos” … “Nin tan siquera podemos coller unha baixa polo Covid-19 que se entenda como enfermidade laboral, a pesares de sermos persoal sociosanitario e o segundo colectivo máis afectado pola epidemia”, sinala Rita Gallego, quen advirte ademáis de que se trata dun sector con unha gran incidencia de casos de acoso sexual para os que non contan nin con protocolos nin coa axuda ou apoio das súas empresas.
Por si non fose dabondo, as traballadoras están a ver como as súas condicións laboráis van a pior cando os concellos para os que traballan subcontratan a prestación do servizo entregándolla a empresas privadas, que non tardan en despedilas si así poden reducir costes. Doutra banda, os incumprimentos do convenio que padecemos son totais e absolutos, sin que os concellos que privatizan istes servizos asuman a súa responsabilidade.
É o caso de Ángeles Poyán, unha das despedidas en Chantada. Primeiro traballou en precario durante anos para o Concello, ata que tivo que recurrir ós tribunais para que unha sentencia xudicial declarase que era traballadora indefinida. Pouco dispois diso, o alcalde decidíu privatizar o servizo e subrogalas, a ela e ás súas compañeiras, a Samaín Servicios, unha filial creada ex profeso para Galicia por Clece. Ángela e as súas compañeiras convocaron unha folga para tratar de evitar a privatización, pero a Xunta de Galicia -dando por feita e asegurada a impunidade que otorgan os xuíces- saliu en auxilio do alcalde e de Samaín Servicios boicoteando a folga ao establecer unhos servizos mínimos do 96%, absolutamente desproporcionados e ilícitos. Pouco tempo despois, estando de baixa por unha lesión que lle impedía moverse, a empresa Samaín despediuna, alegando que o seu rendemento baixara (estando de baixa!). O pouco, unha compañeira súa foi despedida da mesma forma e polo mesmo motivo. Aínda que no seu caso se atopaba de baixa por un accidente laboral, a empresa tamén decidiu prescindir dela.
Despois desta manifestación, as traballadoras, arredor de 5.000 en toda Galicia segundo a Plataforma, volveránse manifestar a semana que ven en Ourense.