14 MARZO: XORNADA DE LOITA E SOLIDARIEDADE CON PALESTINA
Folga de 24 h e Manifestación en Pontevedra
O Sindicato Único de Traballadores ‘Solidaridad Obrera’ (SUTSO) de Pontevedra – CGT ten convocada o 14 de marzo folga de 24h en solidariedade con Palestina. A semana pasada, CGT cursara ós sindicatos de clase con presencia na cidade unha proposta para participar coordinados, tanto na convocatoria como na realización da folga e culminación na manifestación e mitin final fronte a subdelegación do goberno. A data de hoxe, non se ten recibido outra resposta que a do colectivo “Acción Palestina – Pontevedra’ (integrado por distintos colectivos e grupos do movemento social solidario con Palestina), conforme sí apoian a folga e participarán na manifestación.
A continuación, reproducimos o texto da octavilla que se vai repartir nos centros de traballo convocados á folga.
A Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Pontevedra fai un chamamento ás traballadoras/es asalariadas e empregados do Estado no ámbito do concello de Pontevedra, a realizar o día 14 de marzo unha folga de 24h en solidariedade con Palestina, para parar o xenocidio, os crimes de guerra e lesa humanidade que ven executando Israel, coa complicidade activa e financiación da súa actividade criminal polo goberno da Unión Europea e o estado español.
Ámbito da folga, limitado ó concello de Pontevedra:
Administración central do Estado,
Administración autonómica, Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
Concello de Pontevedra
Centros educativos de Ensino Secundario e Formación Profesional
Centros universitarios
Oficinas e centros de Correos S.L.
Esiximos o estado e as súas administracións central, autonómica e locais nas que traballamos para que, no noso nome e o da sociedade pontevedresa, declaren e executen a ruptura inmediata con Israel en todos os ámbitos, diplomáticos, políticos, económicos ou comerciais e procedan a sancionar e embargar a todas as empresas, públicas ou privadas, que manteñan e amparen o comercio de armas con Israel ou colaboren na colonización ilegal de terras palestinas, particularmente nas zonas ocupadas militarmente.