SEGUIMOS ATENTOS!!!… NISSAN
Durante a pasada semana os traballadores e traballadoras de Nissan manifestáronse contra o peche de Nissan en Catalunya. Bloquearon Barcelona cunha marcha lenta de coches, visitaron concesionarios de Renault, Nissan ou o consulado xaponés. Superaban o mes de folga indefinida. A loita segue e seguirá. Son numerosas as mostras de solidariedade, dende xente das artes como Estopa ou Ska-P a dos taxistas de Barcelona que uníronse a marcha de coches cunha columna propia. Tamén os traballadores das subcontratas, como os de Acciona que manifestáronse diante da sede da mesma Acciona, únense a loita. Sen embargo, se rastrexamos a prensa, incluso a de esquerdas, é moi pouca a información. Semella que con nomear a nova ou facer algún articuliño de opinión, cobren á súa implicación. Nada de usar a prensa para axitar consciencias. Resúltame repulsivo que unha pequena manifestación de catro pijos no barrio de Salamanca de Madrid e a posterior mini-marcha de coches do populismo mais casposo e facha sexa noticia de primeira plana e que aínda que non queiramos, esteamos todo o mundo informados precisamente polo pulo e axitación que exerce a prensa, incluso a de esquerdas. Resúltame repulsivo que mentres isto pasa para seguir atentos aos compañeiros de Nissan teñamos que mergullarnos no internet e rematar, como non, indo as fontes directas dos traballadores.
Seguimos atentos pois… a Federación do metal da CGT anuncia mobilizacións en todo o estado para chamar á sociedade a implicarse na loita. Tamén anuncia a axitación nos comités de empresa do sector da automoción, accións puntuais para os días 22 e 25 de Xuño fronte ós concesionarios da marca e fai un chamado á toda a clase obreira para que secunde estas mobilizacións por considerar esta situación a punta do iceberg do que pode producirse na industria.
Por outra banda, a sección sindical de CGT Nissan ven de poñer en coñecemento o primeiro incumprimento para o futuro de Nissan. Este foi unha xuntanza que mantiveron Reyes Maroto, ministra de industria, Ángeles Chacón, Consellera d’empresa da Generalitat, Jaume Collboni, primeiro tenente de alcalde de Barcelona, Laura Campos, alcaldesa de Montcada, Manuel Enric Llorca, alcalde de Sant Andreu, Javier Pacheco, secretario xeral de CCOO Catalunya, Camil Ros, secretario xeral UGT Catalunya, Pedro Ayllón, secretario xeral da fed. de industria de USO, Josep Sanchez Llibre, presidente de Foment del Treball Nacional, Teresa Cunillera, delegada do goberno en Catalunya, Raúl Blanco, secretario xeral de industria e PYME do ministerio, e Pepe Navarro, delegado especial do consorcio zona franca en Barcelona. Nesta xuntanza elaborouse un papel mollado para a prensa que non engadiu nada, nin compromisos concretos ou reais. Máis esta xuntanza é un primeiro incumprimento da unidade de acción que queren reforzar os organismos que alí se xuntaron ao excluír á CGT. Semella que non queren nin escoitar falar de autoxestión ou é que… non queren deixar falar á CGT no debate nacionalización/socialización?. A CGT representa a centos de traballadores de Nissan e a exclusión é unha falta de respecto a estes traballadores e a todos os que estamos neste sindicato. CGT Nissan ten claro a importancia da unidade de acción dos traballadores e sindical, de Nissan, das subcontratas e dos provedores. Todos deberían telo claro, é obvio, se pretendes defender a todos os traballadores afectados. Chámanlle compromiso, e loitaremos por facelo realidade.