VI Época - 35

ENTREVISTA SOBRE A FOLGA XERAL EN FERROLTERRA

Levabamos tempo tentando falar coa Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia, pois o pasado 10 de Marzo houbo unha folga xeral en Ferrolterra. Queriamos falar desta folga pero, por un ou outro motivo, non foi ata este número de La Campana. Polo que sabemos a folga foi amplamente secundada pola cidadanía, mais para unha información verdadeira hai que acudir aos protagonistas. Falamos con Xaquín, outra vez, da CGT en Navantia Ferrol.

Ola Xaquín! Xa fai un tempo que iamos falar da folga do 10 de marzo na comarca de Ferrol. Primeiro e antes de nada. Que tal estades despois desa xornada de folga? Houbo detencións? Tivestes algún encontro desagradable coa policía? Deixouvos a policía exercer o dereito ao piquete informativo? Que tal foron eses piquetes?

Que tal Larri! Non, non houbo ningún incidente en si mesmo, pero si, houbo unha presión policial importante. De feito no Mercadona do Polígono da Gándara estivo a piques de haber alí unha liorta. Por culpa deles!, porque non pasaba nada, incluso preguntaronlle ao encargado se había algún problema, que estaba na porta, e lles dixo que non, ningún, e aínda así, en fin, tiveron unha actuación un pouco chulesca e estiveron a piques de provocar un incidente. Pero provocalo eles pola súa intervención!, porque non estaba habendo ningún problema. Tamén houbo ameazas de multar por ofensas a policía. Por exemplo por berrar consignas como: Aquí están, estes son, os piquetes do patrón.

Hai que andar con coi-dado Xaquín! Polo menos dende Pontevedra temos a sensación de que ultimamente existen moitos e máis abusos policiais e sobre todo máis recortes de dereitos civís fundamentais. Ao cabo, cóntanos, como se desenrolou a xornada? Que actos houbo e que seguimento tivo?

Bueno, pois tivo un seguimento significativo e houbo unha manifestación que estivo ben, dadas as circunstancias de pandemia que indubidablemente influíu na asistencia. Pero bueno, houbo unha folga significativa e unha manifestación de en torno a catro, cinco mil persoas que dadas as circunstancias pois a verdade é que non estivo mal, non.

A prensa oficial publicou naqueles días que a patronal e incluso partidos políticos de dereitas secundarían a folga. Non é isto un pouco estraño?

Pois sí. De feito nos pronunciamos publicamente en contra dese apoio, criticamolo durisimamente porque está claro que é un apoio oportunista. Guste ou non guste, a principal empresa da comarca, Navantia, é unha empresa pública e por tanto todo o que pase en relación con ela, e un dos motivos fundamentais desta folga é que se nos acaba a carga de traballo o mes que vén…, pois todo o que pase en relación con Navantia se apunta ao debe ou haber do goberno de quenda. Neste caso como hai un goberno que non é do PP, pois todo o que contribúa a desgastar aos partidos do goberno, pois o PP se apunta. A pesar de que eles son directamente responsables da situación que hai en Navantia, porque gobernaron todo unha serie de anos, durante os anos de Rajoy, e atrasaron proxectos para Ferrol por intereses vinculados ás corruptelas que se traen. Bueno, pois se apuntaron, se apuntaron a folga dunha maneira completamente demagóxica.

Xa nos contaras nunha anterior Campana que os sin-dicatos maioritarios ignoraron á CGT para a convocatoria desta folga. De todos xeitos, vós fixestes unha outra convocatoria. Nos cartaces, da CGT, que nos chegaron para a folga podíamos ler: “Nacionalización sectores estratéxicos xa para defender empregos e dereitos”. Porque elixistes este lema?

Un dos motivos da folga xeral, como xa expliquei, era o de Navantia, pero hai outros, como o futuro peche da térmica das pontes, ENDESA, ou o peche, tamén, dunha planta nas Somozas, de Siemens-GAMESA. ENDESA no seu momento foi unha empresa pública que foi privatizada. En GAMESA é un caso, de manual!, de deslocalización, levan a produción para Portugal. Entón, realmente ti non podes defender eses empregos se non hai unha actuación en contra das leis do capitalismo. É dicir, si ti tes un problema de que unha empresa, unha multinacional, pecha unha factoría porque quere, porque sabe que vai facer máis beneficios deslocalizando, ou cuestionas o dereito desa empresa a actuar así, ou non hai nada que facer. Actúan dentro da lei, dentro da lei capitalista, polo tanto hai que cuestionar o dereito dos capitalistas a decidir sobre a economía. Por iso nosoutros dicíamos que a única maneira de defender os empregos é nacionalizado esas empresas e construíndo, entre as dúas empresas, un polo industrial vencellado ao desenvolvemento de enerxías verdes, limpas, etcétera, etcétera…

Respecto á convocatoria de CGT, en que máis cousas se baseaba? Que diferenciou a vosa convocatoria da dos outros convocadores?

A diferencia fundamental foi que a convocatoria oficial era unha convocatoria en clave localista, e a nosa era una convocatoria en clave anticapitalista. Nós pensamos que o problema que pasa nesta comarca é o problema que está pasando en moitas máis comarcas industriais do estado español. Non é un problema de que ninguén lle teña manía a Ferrolterra, senón que hai unhas políticas capitalistas destinadas a empobrecernos aos traballadores, e neste caso concreto, nestes momentos en concreto, tamén está claro que hai unhas políticas capitalistas destinadas a desindustrializar o país. Iso hai que combatelo cuestionando o dereito dos capitalistas a facer o que lles peta. Por eso nosoutros pedíamos non só a nacionalización das empresas estratéxicas, senón tamén a nacionalización da banca ou un subsidio de desemprego indefinido para todos os parados, etcétera, etcétera… Vamos!, reivindicacións que o Partido Popular non podería asumir baixo ningún concepto.

Lembro fai xa bastantes anos, aquí en Pontevedra, estabamos un pouco enfadados coas convocatorias de folga xeral, daquela en todo o estado, contra as reformas laborais. É que sentiamos aquelas folgas como un lavado de cara das corporación sindicais, de CCOO e UGT, que unha vez feita a folga, morto o conto. Falabamos de que a folga xeral converterase en algo así como no último requisito para que a reforma laboral fose de pleno dereito. Falabamos incluso de non seguir o xogo, de non convocar máis coincidindo con estas corporacións sindicais. A pesar diso, dabámonos de conta da imposibilidade de darlle xeito a ese enfado. Entón comenzamos a falar de que iamos facer o día despois. Iso fixo que nos centraramos. Ao cabo…, e agora que, Xaquín? Que hai que facer despois desta folga para que a clase obreira confíe na súa forza? Que hay que facer para conseguir as reivindicacións da folga?

Bueno, que CCOO e UGT moitas veces fan manobras para quedar ben, cubrir expediente ou incluso dar saída un pouco ao malestar que poida haber entre os traballadores e tal… pois iso é práctica habitual. Pero o tema de fondo, por exemplo nesta folga, cal era? É dicir, hai una situación pavorosa, laboral e economicamente… etcétera. Neste contexto, era ou non era positivo, aínda que fose de una maneira moi limitada na comarca de Ferrol, que houbese unha folga xeral? Pois nosoutros valoramos que era positivo. Aparte disto, evidentemente non se trata de convocar esta folga e xa está, e punto, e aí quedou. Por eso nosoutros plantexabamos que a situación de Ferrol non era unha excepción. Que o que aquí había era unhas políticas moi conscientes destinadas a empobrecer aos traballadores e que facía falta unha resposta máis ampla. Por iso plantexabamos, e iso era o que diciamos na nosa propaganda, que a folga en Ferrol tiña que ser un primeiro paso de cara a unha folga xeral en toda Galicia e despois en todo o estado. Porque a situación é realmente grave. Dende logo, para os compañeiros de Navantia, o que entendemos é que o que fai falta é unha auténtica rebelión social da clase traballadora. Dicir basta, xa acabou. Dicir, non se pode seguir tolerando esta precariedade, estes baixos salarios, esta falta de dereitos. Hai que facer o que faga falta para recuperar o terreo perdido. Hasta aquí, hasta aquí chegou a cousa. Con esta perspectiva é coa que a CGT convocou a folga. Evidentemente unha perspectiva moi distinta da dos convocadores oficiais. Isto foi o que explicamos na nosa propaganda de cara a folga.

Grazas Xaquín!. Seguro que hai algunha cousa que non te preguntei… podes engadir agora o que queiras.

Pois sí. Gustaríanos tamén comentar que facemos un balance moi positivo do traballo da CGT nesta folga xeral. Realmente esta folga xeral en Ferrolterra, foi a primeira ocasión na que a CGT apareceu publicamente na nosa comarca. A CGT en Ferrolterra leva funcionando moi pouco tempo, un par de anos. Esta folga permitiunos, por unha banda facer un traballo máis alá das empresas nas que estamos, e tamén coñecernos e organizar diferentes actividades. Fixemos pegadas de carteis tanto nalgún barrio como en polígonos industriais. Fixemos reparto de octavillas nas empresas onde estamos e temos delegados ou temos afiliación, tamén en empresas onde non temos nada pero que son empresas importantes na comarca, como as do grupo INDITEX. E acudimos á manifestación cun pequeno bloque combativo, con pancarta, coas nosas bandeiras. Nese sentido facemos tamén un balance positivo da experiencia, que bueno… pois é un pasiño máis de cara a estruturación futura dunha organización comarcal aquí en Ferrol.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *