VI Época - 40

É MAIO, CRECEN AS LOITAS

En Pontevedra vivimos con intensidade o pasado 1 de Maio. A manifestación, aínda que con un pouco menos de asistencia que outros anos, percorreu as rúas da cidade. É moi significativo que CGT realice esta manifestación ano tras ano nunha pequena cidade como Pontevedra. Hai que polo en valor. Despois da manifestación, xa pola tarde, tivemos o pracer de asistir ao acto que celebrou o Ateneo Libertario de Pontevedra no Liceo Mutante. Tres concertos, cada cal mellor, puxeron a parte artística ao día. Por se fora pouco, como xa vos tiñamos anunciado, na semana previa ao 1 de Maio celebráronse as Xornadas Libertarias, que ofrecérennos a oportunidade de recuperar un xeito de convivir e purgar as nosas inquedanzas prohibido polas medidas do goberno contra o Covid.

En Vigo un nutrido grupo de obreiros do metal interromperon as procesións das corporacións sindicais, por unha banda a de CCOO e UGT e por outra a da CIG. Aos berros de “Convenio do Metal, traizón sindical” e de “que non, que non, que non nos representan” apuparon aos líderes destas corporacións, incluso encarándose. O que resulta evidente, desta volta foi denunciado. O acatamento dun novo convenio que soamente beneficia á patronal por parte de CCOO e UGT e a inacción por parte da CIG semella que non vai quedar impune. Os días seguintes estes traballadores do metal cortan o tránsito na rúa beiramar fronte ós estaleiros de Freire reclamando que non se asine o convenio. Todo esta mobilización obriga a que a CIG teña que rectificar, polo que convoca unha folga no metal de toda a provincia de Pontevedra para o próximo mércores 12 de maio. A CIG manifesta que esta folga ten como obxectivo que non se asine o convenio para o que CCOO e UGT teñen un preacordo. Esta folga é unha folga de metade da xornada, 4 horas que, evidentemente, é totalmente insuficiente se o que se pretende fose o que se di. Os traballadores do metal, mirando o proceder destas corporacións sindicais, da traizón ou agora do lavado de cara, póñense en contacto coa CGT de Vigo para que lles tramite as comunicacións necesarias ao goberno civil para celebrar unha asemblea aberta en Domaio, Moaña. O sábado celebrase esta asemblea e alí manifestan o seu rexeitamento a unhas corporacións sindicais que o que máis lles preocupa é o mantemento dos seus liberados e subvencións. A cousa está clara, vai haber loita. Estes traballadores xa están a recibir ánimos e solidariedade dende a Bahía de Cadiz ou dende Ferrol.

No anterior número de La Campana informabamos sobre a situación en Unísono-Vigo. A sección sindical da CGT nesta empresa denunciaba a chantaxe que a dirección da empresa sometía aos seus traballadores. A empresa obrigaba a instalar unha aplicación nos teléfonos móbiles persoais dos traballadores advertindo que de non instalala volverían automaticamente ao traballo presencial. O día 26 de Abril rompíanse as negociacións entre a empresa e o comité de empresa ao non chegar a ningún acordo sobre os gastos que supón para cada traballador o teletraballo “reunión tras reunión nunca aceptan nada, o único que fan é dilatar o proceso, para que finalice o estado de alarma e así evitar pagar calquera gasto relacionado co teletraballo e seguir enriquecéndose a toda costa”. Esta foi a gota que colmou o vaso. A CGT, con maioría no comité de empresa, convocou ao día seguinte a todos os traballadores, independentemente da súa campaña de traballo ou de que traballaran para unha ETT ou directamente para Unísono, a unha folga de 24 horas para o día 30 de Abril. Nesta folga o comité de empresa e os traballadores dixéronlle a Unísono que Basta Xa!. Que basta xa da presión constante que a empresa exerce sobre os traballadores exixíndolles unha produtividade inadmisíbel, uns obxectivos de ventas elevadísimos e un sistema de chamada que ao máis mínimo erro pode desbotar todo o traballo realizado. Esta presión está a influír negativamente na saúde dos traballadores. Os traballadores denuncian que os tratan como números e que a empresa só busca encher os seus petos sen importarlle os traballadores. Ademáis da folga o comité chama a atención aos traballadores para que sexan quen de facerlle respectar á empresa a desconexión dixital, pois a empresa a incumpre solicitando aos traballadores que se conecten ou acudan a cursos fora da súa xornada laboral. En definitiva, Basta Xa de abusos!

Este luns 10 de maio, en todas as Direccións Territoriales e algunhas cabeceras de provincia a totalidade das representacións dos traballadores en BBVA teñen convocado concentracións para que a cúpula directiva saiba que nos ten en contra da agresión brutal ao persoal. Un persoal que, con sarcasmo, encomian desde a cúpula de BBVA pola súa actuación como servizo esencial durante a pandemia, mentres acometen un despedimento colectivo de 3.798 persoas. Entre estas concentracións a CGT convoca na Coruña unha diante da sede do BBVA en cantón pequeno ás 18:00 deste día 10 de Maio. O pasado 13 de abril de 2021 a dirección de BBVA SA (a Empresa) dirixiuse á CGT, do mesmo xeito que ao resto da Representación Legal dos Traballadores, para comunicar a súa intención de iniciar o procedemento de Despedimento colectivo así como de mobilidade xeográfica e modificación substancial de condicións de traballo. O xoves, 22 de abril, anuncia a súa proposta de axuste. Redución de persoal: 3.798 persoas traballadoras (3.025 de Rede BBVA España), co detalle por provincias facilitado por o propio Banco. Oficinas a pechar: 530, con o detalle por territoriais igualmente facilitado. Dende CGT denuncian ademais que o procedemento legal de consultas para este procedemento está a incumprirse pois a empresa nin facilita información nin ten intención de negociar. Así houbo polo de agora catro reunións.

Na primeira reunión, constituíse a Mesa Negociadora. Na segunda reunión presentouse un informe parcial dunha empresa contratada por BBVA onde, de xeito sesgado, expúxose o motivo de que o banco fixese este proceso (caída beneficios, interese e comisións, tipos de interese, etc. e auxe da Digitalización). Na terceira reunión houbo unha presentación da axencia de colocación Randstad dun Programa de recolocación exclusivo para BBVA de todas as persoas afectadas. Está claro que lles obriga a Lei, parecen empeñados en marcar distancia con o ERE de CaixaBank, con continuas alusións a que o proposto é mellor que o deles, cando a realidade é que botan a familias á rúa todas as entidades. Na cuarta reunión propoñen a redución do número de persoas afectadas en 350, destinadas á xestión remota,sen compensación económica si iso supón desprazarse ata 150 kms. e cunha compensación irrisoria de 250 Euros durante un máximo de 3 anos (incluídos desprazamentos entre illas). Inda por riba, queren que o 25% máximo de persoal do Acordo de BBVA Contigo -que CGT BBVA considerou un moi mal acordo no seu momento- sexa eliminado. Desde CGT deixouse claro en cada reunión que non se ía aceptar ningunha reestruturación con saídas traumaticas, que como alternativa podíase facer efectiva a venda dalgún inmoble do Banco (tendo en conta que a 2ª reunión realizouse no Campus da Moraleja, enclave privilexiado elixido para anunciar o persoal afectado) e opúxose a que sempre paguen os pratos rotos os membros do persoal de a pé, que son os que fan grande ao Banco.

O Banco quere empezar o período formal de negociación o 6 de maio e así deixar finiquitado nun mes este proceso, que supón eliminar a 3.798 persoas e as súas familias. Iso merecería que toda a representación sindical levantárase da mesa de negociación segundo declaran as compas de CGT-BBVA.

Encima, os compas teñen que soportar as continuas declaracións do Sr. Onuc Genç, conselleiro delegado da identidade, lonxe dalgunha calidade humana, dicindo que os ERE son necesarios, mentres anuncian beneficios milmillonarios no primeiro trimestre de 2021 e que os seus soldos aprobáronse na JGA grazas aos Fondos Voitre que controlan ao accionariado.

CGT Estaremos na mesa de negociación, aportando solucións que impidan recortar postos de traballo que non sobran en BBVA, e sempre para preservar todo o emprego, salvo que se ofrezan prexubilacións voluntarias ao persoal” din dende CGT-BBVA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *