VI Época - 41

ENTREVISTA A ALFREDO, DA PLATAFORMA DE TRABALLADORES DO METAL

En La Campana, chamounos poderosamente a atención que un grupo de traballadores do metal denunciara publicamente a traizón sindical que supoñía un acordo de convenio entre a patronal e as corporacións sindicais. Foi en Vigo, nas manifestacións do Primeiro de Maio. Interrumpiron as manifestacións de CCOO e UGT e CIG poñendose enfronte, mirando á cara dos seus dirixentes de primeira liña. Alfredo estivo alí, ademais de en outras moitas loitas. Foron as súas respostas, para nós, unha gratificante fervenza de claridade.

Vos afirmades que CCOO e UGT asinan o Convenio do metal a costas dos traballadores. Porque afirmades isto?

Porque non concretaron ningunha data nos centros de traballo co que son toda a masa de traballadores que están no sector naval. Din que, pode ser certo ou pode ser que non sexa certo, os delegados e mais os enlaces sindicais tiñan notificación. Se tiñan notificación, porque moitos non están de acordo con estas centrais sindicais? É mais, moita xente agora mesmo está dándose de baixa de CCOO e UGT.

Entón, non houbo ningunha asemblea para todos os traballadores e nos centros de traballo, como viña sendo tradicional no metal?

Exactamente. Unha asemblea aínda que estés ou non estés afiliado. A xente, nos estaleiros, enterábase de cales eran os acordos que ía haber no próximo convenio. Neste caso non hai esa información, ninguén a tiña. Eu entereime ao pouco tempo. “Non mira que che baixan os 90 euros do soldo”, bueno non é o soldo é o plus de eventualidade, pero son meus.

E a CIG? Como valorades o papel da CIG?

Vamos a ver…a CIG neste convenio fixo un pouco de…estou con vos, pero non estou. É dicir, “si estamos en contra do que van asinar, sabemos que non fixeron ben as cousas tanto CCOO como UGT”… pero convocan unha folga e despois a desconvocan ás 24 horas. E despois, todo foron desculpas. Digamos que van un pouco ao seu aire e ao que lles convén. Unha de cal e outra de area.

Entón, para vos, como debe actuar un sindicato, por exemplo na negociación dun convenio, para que realmente sexa un arma de loita para a clase obreira?

En primeiro lugar o que ten que facer é informar a todos os obreiros do que a patronal ten pensado facer xa un ano antes…Temos agora mesmo un problema, estanse a negociar os convenios despois de que caducan. Neste caso terminou. Se quedan 4, 5, 6 meses para que remate o convenio, comezas antes de que termine o ano a negocialo para que cando empece o ano novo ter o convenio que corresponde co ano. É o normal en todas as cousas, non é xusto. Despois veñen o tema dos atrasos. Esto é importante. Os atrasos que non queren pagar son atrasos que nos correspondían. Pero non, a condición que pon a patronal é: “Firmas este novo convenio e os atrasos non os vades a cobrar porque é unha proposta que se fixo e que nós, e tamén CCOO e UGT con a patronal, acordamos que tedes que tragar. A patronal dixo que estas eran as súas condicións e UGT e CCOO tragaron e a CIG non plantou cara a ese atraco. Para nós é un atraco, perdes os atrasos, perdes a eventualidade e a partir de aí tes que baixarte os pantalóns. Non, non estamos de acordo.

Como vivides o voso traballo día a día. Está ben? Hai cousas que mellorar, que cambiar? Que cousas…

O que non queremos partir é da base de que somos un sector radical. Somos un sector que nos últimos tempos estase como devaluando. Vamos a ver, ti cando estás traballando 8 horas dentro dun tanque, con gases, fumes, de xeonllos, en espazos confinados moi pequenos, supoño que iso ten que ter unha repercusión económica. É xusto que teñas un salario acorde cos traballos que estás facendo. Non poden vir dicindo que a man de obra por Romanía, por Portugal e outros países, fan ese traballo moito máis barato. Alto aí!. Non é xusto. Temos uns gastos e uns impostos a nivel europeo. Xa que estamos en Europa para pagar tamén o estamos para cobrar. Non?

O 1 de Maio saichedes en toda a prensa porque decidistes enfrontarvos a CCOO a UGT e incluso a CIG. Como conseguichedes xuntarvos, como vos organizastes para facer ese acto?

Esto sae dunha serie de traballadores que están fartos desta manipulación sindical de cara a quedar sempre ben coa patronal. Ao final, polos acordos tanto patronais como políticos, porque isto ben de máis arriba, e os sindicatos están tragando porque todos sabemos que os sindicatos maioritarios teñen unhas subvencións que os sindicatos minoritarios non reciben. O que pasa é que eles sempre están facendo de colchón das clases políticas e patronais implantando unhas condicións e unhas burocracias que fan de armadillo para que ninguén proteste. Son desculpas, non se pode, non é o momento, a crise, o COVID. é que non hai traballo… sempre estamos coa mesma historia. Entón, non nos pareceu xusto e decidimos unha serie de traballadores plantarlle cara. Cal era a maneira de que a sociedade se enterara do que está pasando e que tivera a maior repercusión posible? Había tres opcións. Ou baixar os pantalóns cando pasaran ou darlles a espalda. Entre todos decidimos que o de baixar os pantalóns non é digno para unha clase obreira, o de darlle a espalda… non lles debemos nada. Hai que plantarlles cara, poñerse diante deles. Non en plan ameazar a nadie ou en plan violento, pero sí que nos miren á cara e que polo menos nos miren e sintan vergoña do que están facendo coa súa xente. Iso era o resultado que queríamos nós.

Despois diso, CIG convocou unha folga para mañá (o pasado mércores 12). A pesar diso, CCOO e UGT asinaron o convenio. Agora co convenio asinado, que vos queda facer?

Primeiro, mañá vamos facer mobilización, a pesar de que non estamos de acordo en moitos puntos coa CIG, estamos de acordo en que hai que plantarlle cara. O fin da CIG nesta convocatoria de mañá non sabemos cal é. Nós o que temos pensado é que, como clase traballadora, agora mesmo á xente que esta na CIG, que son moitos compañeiros nosos, que nos miren con eles. Entón vamos a apoiar esa convocatoria de folga e imos ir con eles. Despois de aí, imos a ver que pasa cos trámites legais para ver se podemos revocar o convenio.

Cales son os principais puntos cos que estades en desacordo co convenio que asinou CCOO e UGT?

Un deles é a eventualidade. Hai moitos… parénteses no tema da eventualidade. Se ben é certo, como dicían algúns compañeiros, é algo antisindical polo feito de que a eventualidade moita xente a está a tomar como se fora parte do salario é non é parte do salario. A eventualidade é un extra polo tema de que tes un traballo que non é estable, que sabes que en calquera momento podes estar na calle. Ademais, naquel momento fíxose para que a eventualidade deixara de existir, para que os empresarios trataran de contratar a máis xente fixa. Non se conseguiu, ao final foi peor. A xente quere estar máis na eventualidade polos cartos que che dan e non hai tanta xente traballando con esa estabilidade. Pero bueno, tampouco buscaron outra alternativa para que o salario suba un pouco máis. O que non é xusto é que un soldador, un calderero, con este traballo tan precario, estemos cobrando incluso menos que xente do Mercadona ou dunha gasoliñeira. Non quero descalificar nada, pero é un traballo moi, moi mal valorado. Date conta de que acorta a vida das persoas, tranquilamente, cinco ou dez anos. Xa sexa a vista, os oídos, os pulmóns, estás exposto a cancros no aceiro inoxidable, aluminio, polvo de aceiro no aire. Eso é unha verdade como un mundo.

Ademais de acortarche a vida… a túa vida é tomada polo traballo. Quero dicir, eu tamén traballei no metal, e existía unha obrigatoriedade de facer horas diariamente cando incluso están prohibidas no convenio.

Eu traballei durante quince anos, ou mais, en que a miña xornada de traballo eran 12 ou 13 horas. Cando moitas veces tiven que traballar 24 horas. Non cho digo de unha, dúas, non me chegan os dedos das mans. Hai empresas, hoxe en día, que teñen presións de que ou velas ou a rúa. Ultimamente puido baixar un pouco, pero hai empresas que teñen moito peso na patronal e fan o que lle da a gana.

Nada máis, calquera cousa que non che preguntara e que queiras dicir…

Ben, poderiamos matizar moitas cousas. Unha delas é, que no futuro máis cercano, os traballadores do metal queremos que tamén se nos recoñeza como traballadores do naval. Se isto continúa aberto, porque todos pensamos que isto ten un negro futuro, pero moi negro, e vai pechar todo. Que Barreras e Vulcano non veñan con contos, todos sabemos que van pechar. Que se nos recoñeza o traballo no naval e cobrar como as plantillas que están nos estaleiros, porque facemos o mesmo traballo e incluso máis. Moitas das xentes das plantillas dos estaleiros son xefes de equipo e encargados e o que fan é o seu traballo, é verdade, de controlar o traballo e a produción. Pero ollo! que eu son quen está metido dentro deses espazos todo o día. Polo menos que se me recoñeza ese traballo, dentro do naval, queremos cobrar acorde co naval. Como antigamente cando eran Astano, Ascón, Barreras fai trinta e tantos anos. Iso é o que queremos tamén.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *