VI Época - 51

PIDEN 80.000 € DE MULTA E 14 MESES DE CADEA PARA O SECRETARIO XERAL DE CGT ILLAS BALEARES

A titular do xulgado de Instrución número 1 deixou visto para sentenza o xuízo contra Rafa Sánchez, secretario Xeral da CGT das Illas Baleares, xulgado por un delito de calumnias por publicar que un restaurante de Formentera acosara a un dos seus traballadores pola súa condición sexual. Rafa Sánchez enfrontase a 80.000 € de multa e 14 meses de cadea.

O empresariado sempre quixo que calaramos a boca, que non nos manifestaramos, que non os acusaramos de abuso e explotación, que non foramos a denunciar públicamente estes abusos diante das portas das súas propias empresas. Dende fai xa un tempiño teñen a colaboración do sistema xudicial democrático para lograr que estes abusos afúndanse no descoñecemento, nos cansos corpos de quen os sofren e non poidan organizarse para argallar medidas de presión colectivas para combatelos. Para impedir o exercicio da liberdade sindical usan o dereito penal. Delito de coacción se te manifestas nas portas da empresa como sentenciou un xulgado de Vigo fai agora un pouco mais dun ano. Daquela, unha sentenza obrigoulle a un traballador da librería de Vigo Librouro, asesorado pola CGT de Vigo, a  indemnizar a Librouro con 760 euros e sancionouno con 400 en concepto de multa. Acusouno de delitos leves de coaccións e de orixinar perdas económicas por manifestarse diante da porta da empresa mentres esixía o diñeiro que non lle pagaron. Delito de calumnias agora no caso de Rafa Sánchez.

A CGT confederal emitiu un comunicado esta última semana no que informa da inxusta persecución que está vivindo o Secretario Xeral da CGT Illas Baleares tras ser denunciado por defender os dereitos sindicais dun compañeiro despedido en Formentera pola súa condición sexual.

Os feitos tiveron lugar no verán de 2019 cando un traballador púxose en contacto coa nosa  organización anarcosindicalista, explicando que fora despedido tras entregar ao seu xefe o NIE para ser dado de alta na Seguridade Social. Malia que no documento aparecía un nome de muller este compañeiro considerase un home, e a continuación comezou un período de humillacións, vexacións, insultos e persecución sindical contra esta persoa, que terminou en agresión e en despedimento sen indemnización.

CGT encargouse de asesorar ao traballador despedido, axudándolle a cubrir as súas necesidades máis básicas e levando a cabo todas as accións correspondentes para facer valer os seus dereitos laborais. Neste sentido, CGT asegura que o empresario contratara a esta persoa en base ao convenio de reparto de comida a domicilio cando realmente correspondíalle estar dado de alta segundo o convenio de hostalaría, algo que supoñía menos gastos para o dono do establecemento e peores condicións laborais e económicas para o traballador.

Desde CGT Illas Baleares realízanse tamén unhas declaracións públicas para denunciar o sucedido, á vez que desde a dirección da empresa asegúrase todo o contrario e afírmase que descoñecían a condición sexual do traballador despedido. Máis tarde, desde esta empresa acusaron á CGT Illas Baleares dun delito contra o honor, malia que máis colectivos denunciaron publicamente ante os medios de comunicación as circunstancias que rodearan o despedimento deste compañeiro.

Os compañeiros de CGT Illas Baleares consideran que esta situación é un novo ataque á clase traballadora e tamén aos dereitos do colectivo de persoas trans. Ademáis, apuntan que se está a poñer en cuestión o dereito á liberdade de expresión, posto que contar os feitos que sucederon en 2019 non pode ser un delito.

Lonxe de conseguir que se calara a boca a CGT de as Illas Baleares convocou tres concentracións. A primeira previa ao xuízo nun lugar visible da cidade de Palma de Mallorca na tarde do día anterior ao xuízo. As outras dúas, simultáneas, coincidindo co xuízo, unha na praza da catedral de Menorca e a outra diante das portas do xulgado de Eivissa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *